Precedido de premios, animado por brétemas e bouzafría, estimulado pola polémica, métolle o dente a Limpeza de sangue, a peza de Rubén Ruibal. É verdade que ten moito xeito, é verdade que por veces é divertida e que pode deixar un pouso amargue se se lle busca. Incluso os arqueólogos poderán identificar nela centoepico trazos de vidal bolaño (igual de ben contados, mellor encaixados) e as inevitábeis referencias metateatrais de todo dramaturgo galego que se prece.
Ai si, que obra máis xenial sería… se estivésemos en 1987.

Eu coido que os parodoxos son o sal da vida: Di a lenda que o home do renacemento Charlton Heston axudou a que Orson Welles e Sam Peckinpah remataran “Sede de mal” e “Major Dundee” respectivamente.
Disculpe o surrealismo: é que tamén eu sigo flipando coa primeira resposta do post nova celandia.