Un tanto máis tarde, no súper, decido falar por fin cun par de rapaces portugueses que controlo dende hai tempo (el gai gótico, ela lesbiana ghipiosa, os dous estudantes lisboetas). Despois dunha breve troca de palabras onde el me preguntaba por espanha e eu lle respondía por ghalleira, dime:
mas, olha, isso da galiza… e na parte da corunha, não é?

Xa se queixaba Castelao do mesmo.