Algúns días case non me decato de que Barataria non está. Outros, en troques, a cama faise pesada, grande e fría, e cando chega a mañanciña non sei se prefiro deixarme estar dentro dela ou botarme fóra. Acordo contra as seis, e logo revírome e retórzome esperto entre as sabas, co frío nos pés e a dor espondilítica nos cadrís. Finalmente dúchome, longamente, e comezo a vestirme por trozos mentres simultaneo a preparación do almorzo: picar un quivi ou un plátano, cocer algo de avea, se teño vagar espremer uns pomelos, torrar unhas salchichas na grella…
Despois poño a radio no computador e chequeo o correo electrónico da noite. E tomo o té pousado. E os días coma hoxe, cando máis aperta a ausencia de Barataria, recibo visita. Visitas coma esta:

Ferreiriño bacachís

E o que onte era angustia porque non me comesen o penso, hoxe transfórmase en angustia por que vai pasar cando falte o mes enteiro de inverno se teño tanta familia ao meu cargo… Onde peteirarán os bacachises?


2 Comments to “bacachís”

  1. bouzafria | November 13th, 2007 at 6:53 pm

    Para noites como a que conta permítame recomendarlle a compaña dunha bolsa Pirelli de auga quente ( nós temos unha cuberta de pseudoveludo imitando a un tigre: usámola para minguar o cólico do lactante da neniña ). A min, esas bolsas, ademáis do glamour que me supón a marca Pirelli, supóñenme dúas cousas ben agradables: pechando os ollos a volta á máis lonxana infancia, e un calorcillo ben agradable que atempera as dores.

  2. sun iou miou | November 14th, 2007 at 11:34 am

    Eu sinto a mesma angustia polos meus
    visitantes cando me
    ausento. Acostumámolos á comida na fiestra
    e logo un dia desaparecemos. Mais é así:
    paralelismos entre camas e comedeiros baleiros.
    Colócalles aos bacachises un cordeliño
    cum peso no extremo onde se poidan bambear.
    Adoran e vanse duplicar as visitas,
    mesmo que non teñan fame.

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| Cialis name cheap Gemeric cialis viragra viagra pfizer status 365 pills viagra professional Buy levitra soft best price for viagra Buing levitra cheapest viagra canada viagra paypal levitra erection penis viagra prices walmart levitra supplied as Cialis perscriptions levitra de Canada cialis onlineBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans