PardecondeOs Johnson, grazas ás bondades das incomunicacións no século XXI, de súpeto teñen que mudar de casa: caeron nun bucle sen internet a 300 metros da catedral de humidtown. O novo piso terá o que se queira, pero sobre todo unha boa conexión e un cuarto de convidados, que eles chaman por bromear o cuarto de Cesare. O venres que vén irei á ghalleira nunha viaxe de finde rápida e precisa. A noite do domingo pró luns pasareina en ankara, na casa de Walter, pra coller o avión de cedo, e el dime por teléfono que o sábado foi coa nai mercar unha cama pra Cesare, que non tiña.
Non sei se eles, e todos os outros, teñen unha lixeira idea do que están facendo, pero esas atumes ás patas das camas son, en tardes outonizas coma a de hoxe, bágoas como puños.

Como as que boto cando escoito esta fabulosa peza do emsí galego-suízo GranPurismo (agasallo de orsinia, unha vez máis). Unhas rimas moooi ben acabadas, uns contidos emocionantes e algunhas frases prá historia como ese “eu sei que seguirei ladrando coma o can do Laureano”, pousan a Pardeconde no planeta. E arrízanme todas as frebas do pelexo ao mesmo tempo.


3 Comments to “amizade”

  1. cesare | November 19th, 2007 at 7:36 am

    Visto tamén en Perturbación aleatoria, a quen terei que seguir pra saber o que pasa en Maceda.

  2. sun iou miou | November 19th, 2007 at 9:57 am

    As camas que nos acollen e a cociña das
    nais dos amigos que nos aporfillan: portos
    onde nos gorecemos para alimentar a travesía.

  3. peke | November 19th, 2007 at 5:30 pm

    Camas para Cesare debe haber moitas, pero só eu podo dicir que teño a cama DE Cesare. ;)

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| Cialis name cheap Gemeric cialis viragra viagra pfizer status 365 pills viagra professional Buy levitra soft best price for viagra Buing levitra cheapest viagra canada viagra paypal levitra erection penis viagra prices walmart levitra supplied as Cialis perscriptions levitra de Canada cialis onlineBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans