AssurancetourixProcesando papeis atopo o dvd de Cine Clube Carlos Varela, filme dirixido, escrito e montado por Ramiro Ledo. Dixen dirixido, escrito e montado? A homenaxe a este documentalista do tempo da transición consiste basicamente en dispoñer, unha detrás doutra e sen ningún tipo de narración, cortes de manifestacións rodados por Carlos Varela, que acaba reducido ao home-que-pasaba-por-aquí. A voz en off substitúese, con moita docencia, por texto sobreimpreso, pra facer todo aínda máis áxil, óbvianse todas as oportunidades de presentar algo de contraste histórico e inclúense longuísimos discursos bastante avergoñantes. Tamén hai cousas de interese: a alocución de Telesforo Monzón, a moda nacional-popular, algúns (poucos) labregos barbeados, os planos finais de Carlos Varela cunha flor na man e, prós máis vellos, repetir unhas cantas veces “e que sería dese?“. Pero, claro, pra chegar a eses intres hai que desentullar minutos e minutos de planos lentos, baleiros e temblorosos, que describen polo demais con agudeza o fracaso do movemento bárdico antidemocrático: a pesar de sermos a voz do pobo, o pobo insiste en non facernos caso.


14 Comments to “asurancetúrix”

  1. O paneleiro bla bla bla | December 1st, 2007 at 5:12 pm

    Nom estou tam certo de que facasasse. Depois de todo, o que temos agora existe porque existiu o de antes. É o seu filho e parece-se demasiado ao pai: ainda nom dá acabado de admitir na sua retórica o estado liberal, mália comportar-se institucionalmente incluso com os piores vícios dos agentes políticos dos estados liberais. É-lhe o que temos.

    Cuide-se, cavalheiro.

  2. cesare | December 1st, 2007 at 5:51 pm

    Home, se se collen as cousas que se dicían, está claro que o de hoxe é xusto o oposto do que pretendían. Aínda que, sen dúbida, moito mellor así…

  3. a s | December 5th, 2007 at 2:18 pm

    el será o liberalismo o que lle acentúa desa maneira a capacidade para o aborrecemento? propoño crucigramas

  4. falvalá | December 5th, 2007 at 2:28 pm

    brillante, si señor: os cerebelos humanos non resisten o contacto co medio televisivo, iso fica máis que demostrado

  5. pollón | December 5th, 2007 at 2:57 pm

    Reclamo, na vez de texto impreso,
    un rap de Doble V que acompañe os
    dicires de Monzón e Telesforo e
    López-Suevos (xa quería para min
    esa pistola). Reclamo, pra liberdade
    e pros librepensadores blog. Que botan
    hoxe na TVG?

  6. Anonymous | December 5th, 2007 at 3:17 pm

    escolleu ben o nome da súa sección cando lle chamou por melies e non polos lumiere, porque parte da debilidade da súa análise vén das casetas de feira con fedor a peido e a xaruto barato. o resto vénlle de non ter cultura cinematográfica, ou de non ler.

  7. cesare | December 5th, 2007 at 3:28 pm

    lolololol
    que xeniais estes catro últimos comentarios…
    A min paréceme moi ben que se queiran poñer estupendos e que saiban do revés os discursos de Lenin sobre a cinematografía, pero iso, en por si, non lles dá a razón. Se a vostedes lles parece divertido ese xogo de agora eramos bolxeviques e galiza era 1917, pois incluso estaría disposto a xogar (anque quizais eu era dos de Kerenski).
    O que atopo máis triste é o desleixo que amosan coas formas da arte que lle gusta ao pobo, vostedes que se reclaman voceiros dese pobo. Contra o bardismo, sempre.

  8. cesare | December 5th, 2007 at 3:29 pm

    O detalle de falbalá entenreceume. Viva falbalá!

  9. falvalá | December 5th, 2007 at 3:34 pm

    claro, claro

    a razón é súa, faltaría máis, para iso adminstra

    [quen son "vostede"? ve fantasmas de trasluz? tamén milita vostede na upg?]

  10. Anonymous, yeah | December 5th, 2007 at 3:51 pm

    Sabemos os de Lenin e os de Mao tamén.
    E temos maquetas de campos de reeducación feitas na casa, levamos os nenos para cociñalos e queremos que todo o mundo vista igual e que no supermercado só haxa unha marca de dentífrico. uuuuuuuu

  11. cesare | December 5th, 2007 at 6:21 pm

    lol , :)
    Non, a razón non é miña… Vin uns cantos argumentos ad hominem e fixéronme graza, pero fair enough.
    Anonymous, yeah, é vostede moi pavero. :D

    O que menos me gustou do documental non é o punto ideolóxico, que podo incluso atopar beleza nas actas dunha asemblea nacional, senón que aforza de palear metros de fita en superoito, en vez de facer brillar a carlos varela, o soterra. Pero non nos imos deixar de falar por isto, ou?

  12. cesare | December 5th, 2007 at 6:22 pm

    Por certo, falvalá ou falbalá? Viva falvalá en calquera caso!!
    Ao parecer, en español falvala e en francés falbala

  13. pollón | December 5th, 2007 at 7:03 pm

    Eu a ti non te falaba nin antes nin agora. Mira que es marulo.

  14. cesare | December 6th, 2007 at 12:19 am

    lol lol lol lol
    quen me dera ser autenticamente marulo… :D inténtoo, pero non me sae ben.

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| buy levitra online canadianpharms com generic levitra softtabs cheapest cialis tadalafil 20 mg levitra 50mg cheap Best levitra price how can i buy viagra in us Cialis prevacid lowest prices on viagra super force 100mg60mg pills cialis online store viagra express levitra promise buy cheap cialis drug canada cialis with prescription Cialis in dublin levitra active ingredient cheap generic viagra 100mg discount generic levitra order levitra onlineBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans