Dos erros non se aprende, pero a sétima, a novena e a duodécima vez que os cometemos aprezamos pequenos detalles distintos e divertidos que nos reconcilian coa nosa propia torpeza.
E o mozo Jamie, todo el, tiña uns centoepico quilos de materia errónea. Xa non me apetecía moito quedar; dábame no fío do lombo que o que el chamaba musculado ía ser máis propiamente lorcento, e efectivamente. Ao que chega, intento abrir conversa pra ver se atopo algo nel que me seduza, pero resulta tan parco que por primeira vez neste país nin me preguntan de onde son. El vén da fronteira sur, e cando me despisto bótaseme literalmente enriba e chímpame contra a cama. Fago o que podo, e despois duns dez ou quince minutos a zugarlla e a medirlle os touciños, pídeme que teña sexo con el. Sepárome algo perplexo revisando se teño ben o dicionario, e el aproveita pra sacar un condón e colocarse en posición de cascuda invertida. Aquilo é probablemente o xeito máis rápido de rematar, e aplícome. Pero, ai, a cada golpe de cadrís meu, el move as cellas e ri, tal como se fose espinete, e non podo termar da concentración. Dime que vaia acabando, poño a mente en branco e remato, e el sae rapidamente pra limpar non sei o qué. Ao pouco volve, e despois de moito tempo e bastante pacencia, acaba el tamén, levántase rapidamente pra limparse outra vez, vístese e marcha case sen dicir abur. Eu comezo a pensar na cea e a vida reactívase.
A pregunta non é se volverá suceder; a pregunta é cando. E como.

Léote fae moito, incluso po(s)texéi con outro alcume. Hoxe, por primeira vez, conseguiches un revulsivo no meu estómago.
un revulsivo no estómago? e iso é bo ou malo?
Iso é ótimo, como dirian por aqui. A quen non lhe ocorreu mais de uma vez o que ao Cesare? O que é certo é que non sei se eu seria tan ONG coma vostede. Admiro seu bó humor.
Vostede é un pouco estirada, si, iso xa se lle ve… Pero estamos neste mundo pra facerlle ben aos demais, non era?
Estirada serei. Mai teresa de calcuta coma vostede, non. Non nacin para iso. Non quer dizer que non faga a minha boa accion do dia de cando en vez…
O caso é facerlle fronte á situación, e neso deberían darte algunha condecoración ou algo
Eu diría que dos erros si se aprende. Claro que supoño que dependerá do erro.
Pois éste foi gordo, gordísimo¡¡¡¡
Ó erro me refiro¡¡¡¡ ;-))
Isto discutirémolo na rúa, Peke, pero creo que non se aprende. Apréndese como se aprende de todo, pero non se aprende particularmente, non se xera ese tipo de coñecemento que se formula pra evitar que se repitan as mesmas circunstancias nun futuro. Aprendemos porque cando volvemos a cometer o erro lembramos as anteriores veces.