Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56
As túas balas » Blog Archive » neve, 2

ForecastCando saín, oito horas máis tarde, do estadio de pista cuberta de glaspop, decateime de que xa non quedaba nada da mañá soleada e fresca coa que entrara, e si un serán frío, escuro e a nevar. Non tiña chuvasqueiro. Perdera as luvas esa mesma mañá na estación. Rebordei alegría ante a primeira nevarada da tempada e díxenlle a unha señora nun semáforo: É marabilloso, non si? E ela retrucou: Non, non o é. Pero eu xa me botara coa bici a rir e percorrer o par de millas urbanas ata a estación, coas folerpas a pousárenseme no xarsei, ata que a risa trocou en dor e a alegría en angustia: non sentía as mans, non podía frear a bici, podía pasar calquera cousa.
Obviamente non pasou, e horas despois esas mans desconxeladas estaban acariñando a pel de neve de Bádminton, ese mozote suorento que a primeira vez se correra en tres minutos e que desta a pesar dos meus esforzos de todo tipo, tardou dúas horas enteiras e marchou da casa como viñera. A neve sempre nos agasalla tesouros.


6 Comments to “neve, 2”

  1. sun iou miou | December 10th, 2007 at 11:30 am

    Velaí unha das razóns que me impide andar de bici como quixera no inverno: entálanseme as mans (en realidade, entálanseme sempre, non só cando ando de bici, tamén agora, mentres tecleo, pero aquí os únicos accidentes son as posibles grallas, ao non sentir as teclas).

  2. cesare | December 10th, 2007 at 12:09 pm

    oh, veña, non se arrede…
    pra que nos puxo deus dez dedos? pra andar a teclear?
    podemos prescindir dalgúns deles. Tamén podemos usar luvas, :)

  3. sun iou miou | December 10th, 2007 at 1:56 pm

    Non me arredo, non, que mesmo así non resisto a tentación de montar (dixen “como quixera”, debín dicir “todo o que quixera”). En canto ás luvas, non me serven de nada (ou non quero pensar o que sería ir senelas). Agora prescindir dos dedos… déixemos ficar para aí. T Téñolles cariño.

  4. El Señor No Puedo | December 11th, 2007 at 1:23 am

    A qué virá tanto queixarse do frío, claro é que o di un que o pasa mal cando pasa dos 20º C. Non é o caso da ghalleira, que aqui andamos a 15 graos, non hai xeito de que chegue o avó inverno.

  5. sun iou miou | December 11th, 2007 at 9:24 am

    Eu non me queixo do frío (e entendo que o señor Cesare tamén non). Limítome a constatar un feito científico: co frío as mans entalánseme, e iso doe, paraliza e impide que os reflexos actúen como é debido.
    En canto ao dos quince graos da Galleira, non sei, pero aquí neste momento hai unha xeada no seu sitio.

  6. Spav | December 11th, 2007 at 9:18 pm

    Aquí tamén chegou o frío, ademáis tróuxome un regaliño a primeira gripe en 5 ou 6 anos :S

Leave a Comment