Por estas cousas do destino, e nunha edición que me cede o sempre xeneroso Ian, leo As décadas de TL, a autobiografía de Lois Tobío. Nesta illa é moi frecuente escribir biografías e autobiografías, que contan cun dos espazos máis sobranceiros nas librarías, mentres que en lingua galleta son porén aves raras. O groso volume de 700 páxinas engánchame ao café e aos desvelos e deixa que se consuman as madrugadas entre unha edición que desencola, abre e esborralla. Esta autobiografía non é un capítulo de feitos políticos, aínda que probablemente puidese escribir andeis sobre grandes eventos do pasado, nin é unha vinganza nin un choro melancólico, senón un exercicio de prosa áxil que fía os feitos históricos cos beizos dunha alemá no berlín prenazi, cos baños turcos de Sofia ou co primeiro ford taunus que merca en uruguai. É a autobiografía dun señoriño corrente e humilde que, nas máis pequenas cousas, brilla como o gran home que deberían lembrar os días da historia. Un home que, malia morrer con 97 anos, non me apurei a coñecer, e dóeme grandemente.
Porque agora teño claro que de maior quero ser Lois Tobío.

hola xabi¡¡¡¡
cuanto tiempo sin leerte….hoy me acorde de ti. voy a pegar la noticia que me hizo pensar en ti (se q no se deben pegar posts largos, pero bueno): no se si te arramalla o te halaga, ahi va:
Alfredo Iglesias Otero
Alfredo Iglesias Otero nació en Ourense en 1969 y es un compostelano graduado en Artes por la Escola Maestre Mateo de Santiago, y máster en Diseño y Comunicación Multimedia por el Instituto TRACOR de Madrid. Fotógrafo de formación, ha estado siempre vinculado al mundo de la comunicación. Se inició profesionalmente como locutor radiofónico y guionista televisivo, y en la actualidad trabaja como ilustrador y creativo publicitario, actividades de las que se confiesa apasionado. Como apasionado es de la palabra escrita, afición ésta que le ha llevado a obtener varios premios por textos en gallego y, por fin, a su primera novela: “Los cuerpos incompletos”.
comprare la novela y la leere
bicos
arramalla mil, pero xa che contarei este nadal, se temos un momentiño pra vernos…
bótaseche de menos, edu…
todo isto significará que a disco volve chamar por ti??? mmm…
A discoteca necesítame. Lonxe