Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » roda

Roda da fortuna11811 é colombiano; pertence a esa marea feliz de colombianos que chegou a Ciudad Ajo buscando un complicado cóctel de futuro, pirolas e diñeiro, pero el di que é canario. É miúdo, moi miúdo, e se pesa algo máis de corenta quilos será grazas a un abondoso pelo crecho que lle dá unha certa forma de neno-micrófono. Recíbenos a Barataria e a min nun zulo que lle alugan en chueca: non terá máis de catro metros cadrados, e fodermos de a tres nese espazo vólvese complexo. Se a iso lle sumamos que todo o que pode saír mal co sexo anal sae mal, que shakira nos interrompe a cada paso dende o móbil, que hai que parar a cada pouco pra sacar fotos (”tranquilos, que no salen las caras”), que gastamos cinco preservativos e que facemos unha dobre penetración (eu que pensei que esas cousas só pasaban nas películas) despedímonos del pra sempre, máis contentos polos risos ca polo ferrete.
Lobios é de lobios, claro, dunha aldea de lobios que prefire manter oculta, pero estuda en atenas e vive no seu extrarradio, e neste nadal aproveita pra gañar uns cartiños repoñendo produtos nun centro comercial local. Recólleme ao pé da casa nun clío tuneado, e condúceo como se levan os coches tuneados, co volante encaixado entre os xeonllos, ata un coñecido fodedoiro local. É grandón en todos os sentidos, e aló me prende rápida e correctamente antes de acender un pitillo e de explicarme a súa traxectoria como neno da escola de gaitas. Non é o primeiro ferrete que lle debo á deputación, e intúo que non será o último.
A lobios séguelle Indignación. Traballa nunha importante institución cultural galega a través dunha ett e recólleme vestido de traxe e moi enfadado: o aguinaldo da empresa é media libra de turrón de chocolate, do malo. Pero pouco e pouco, con aloumiños, e nun altísimo edificio das aforas de ankara, con vistas a avenidas cheas de coches e a outras torres nas que probablemente outras parellas estean fodendo secretamente, váiselle pasando o enfado e acabamos botando un ferrete bastante ao xeito, con ducha e con ómnibus de volta ao punto de partida incluídos. El tampouco é de ankara: irá esa noite prá casa da familia por unha perigosísima autoestrada e logo regresará ao día seguinte, a seguir traballando por un aguinaldo de media onza de turrón de chocolate.
O único que é do sitio, que está feito pró sitio, que é a carne mesma do seu sitio, é mister-atenas-2001. En realidade non é míster-atenas-2001; pero si participou nese certame de beleza provincial e quedou ben clasificado. A fermosura liscoulle rapidamente do corpo, pero aínda garda moita no rostro: recíbeme nun espectacular piso recén comprado (35 anos de hipoteca) con recibidor intelixente, fío musical, paredes decoradas, mobles minimalistas e todo tipo de luxos inaxeitados prá súa idade. Pero é que el, que atravesa unha mala época traballando a dobre quenda nunha discoteca e nun comercio local, desexa cobizosamente entrar de funcionario e poder pagar ese piso quizais non en 35, senón en 30 ou incluso 28 anos. Despois de fodermos no chan, dime: “si te gotea en la alfombra te mato”. Pero fun habilidoso e puiden saír con vida pra darlle unha virada máis á roda da fortuna.


14 Comments to “roda”

  1. ro | January 3rd, 2008 at 3:05 pm

    boísimo! aínda me rín un cacho…

  2. Anonymous | January 3rd, 2008 at 4:18 pm

    deixasme sin palabras, nunca un chungo ligou tanto.

  3. cossimo | January 5th, 2008 at 12:54 am

    Non mo leve a mal (ou se quere si) pero vostede é un narrador tan omnisciente… que un non pode senón preguntarse pola versión da outra parte. Persoalmente encontro o seu anecdotario ademais de cachondo un chisquiño condescendiente e, sobre todo, pouco elegante. Claro que eu estou moi anticuado.

  4. cesare | January 5th, 2008 at 3:15 am

    Uis, non llo tomo a mal, pero a versión da outra parte non sempre é accesible. Calquera día aparece por aquí míster-ourense-2001 e dá a súa opinión. Co respecto á elegancia, non sei moi ben a qué se refire. Creo que non me sae ser máis elegante.

  5. cossimo | January 5th, 2008 at 1:27 pm

    Refírome á regra non escrita de non airear públicamente os affaires propios máis que nada porque hai terceiras persoas implicadas. Imaxine que algún dos nachos que saen peor parados na narración se pasea por casualidade por aquí… Aínda que xa sei que neste caso non hai interese crematístico, non por iso deixa de ser o que no mundo do cuore se coñece coma un “roubado”.
    Porque obviamente, eu nunca contemplo a posibilidade de que vostede se estea a tirar da moto.
    P.S.: Se non lle amarga, dígame; se aparecese por aquí míster-ourense-2001, vostede quen sería para el? “braveheart mindoniense”? “friaxe espartana”? “doce de leite”?

  6. cesare | January 5th, 2008 at 5:43 pm

    Home, a regra esa non sei quen a escribiu. En todo caso, concéntrese en que Cesare, Lobios, Indignación e Mister-Ourense-2001 son unicamente personaxes, e que quizais sexa todo ficción.
    Non creo que ninguén saia realmente mal parado, agás o propio Cesare, e xa non é a primeira vez que un personaxe acaba sabendo disto e intervén no debate…
    Eu creo que se míster-ourense-2001 aparecese por aquí sería máis ben “pailaroco” ou “chándal de oferta” ou algo así. Pero iso haberá que llo preguntar a el…

  7. cossimo | January 5th, 2008 at 7:23 pm

    e que quizais sexa todo ficción.

    Cómoooo????? Ou sexa, que ademais de máis ou menos neoliberal é vostede tamén máis ou menos monógamo?
    Meus Deus, un straight en toda regra!:D

  8. cesare | January 5th, 2008 at 7:24 pm

    Uf, son liberal, non neo, :) cantas veces teño que dicirllo?

  9. cossimo | January 5th, 2008 at 9:15 pm

    E que non sei moi ben cal é a diferenza. Liberal é por exemplo, Arcadi Espada e neoliberal é Losantos? Ou Losantos é máis ben neocon?
    Ui non, creo que liberais son eses que non queren que o Estado interveña aínda que os vellos morran de frío na casa. Ou eses son neoliberais?
    E aquí na Ghalleira qué pasa?, os (neo)liberais van por libre ou qué? Ou é que están no armario?

  10. cesare | January 6th, 2008 at 12:19 pm

    Non sei se é necesario que falemos da diferencia entre liberal e conservador. Dicir que un é o oposto ao outro abonda. O que non sei é por que os conservadores de esquerda como vostede teñen a ben acoplarlle o prefixo neo- ás cousas como querendo dicir que son “lo más peor”

  11. sun iou miou | January 6th, 2008 at 1:57 pm

    Agora vén aquilo célebre de “o falar non ten cancelas”.. Bastante complicado e duro é o mundo real para que nos compliquen este.

  12. cossimo | January 6th, 2008 at 3:11 pm

    E cómo sabe que eu son un conservador de esquerda?

  13. cesare | January 6th, 2008 at 6:24 pm

    Uis, porque vostede non é a primeira vez que pasa por aquí…

  14. cossimo | January 6th, 2008 at 6:59 pm

    Uis, porque vostede non é a primeira vez que pasa por aquí…

    E?

    O que non sei é por que os conservadores de esquerda como vostede teñen a ben acoplarlle o prefixo neo- ás cousas como querendo dicir que son “lo más peor”.

    É que precisamente, como somos conservadores todo o “neo” “nos pone de los nervios”. Se vostede fose un retroliberal eu non ía ser tan crítico.

Leave a Comment