Nada semella haber máis doado ca deixar de obrar; a acción, pola contra, ten os seus amargores e os seus problemas. Escribir ben parece, xa que logo, unha empresa máis difícil ca non escribir nada, confésoo; pero non escribir nada e termar da pluma por prudencia, por reserva, por precaución, é unha reserva pra máis dun autor. Esa inclinación lévaos a escribir. É unha violencia que os arrastra. Polo tanto, deter esa inclinación e sacrificar voluntariamente o amor propio á prudencia é gañar moito sobre un mesmo.
O abade Dinouart, ‘A arte de calar’, 1771.
Despois dun mes dándolle á zoca ao longo e largo da península ibérica, durmo por primeira vez na miña casa en vilamarple. A contaminación, os transportes públicos, o ruído estrondoso e constante, os fumadores legais e tramposos, e seguramente o estrés de todos estes días acabaron provocándome unha febre alta, unha gran conxestión en nariz e bronquios e unha dor de cabeza intensa. Ademais, supero a barreira dos 70 kg por primeira vez grazas á frecuencia das paparotas e á dificultade de facer deporte.
Pero agora estou aquí, tranquilo, vendo como o sol gabea unha cuarta por riba do horizonte, cómo o río baixa coa forza das últimas nevaradas, meténdome ibuprofenos de importación e recuperándome. Moi feliz de estar na miña casa.

Feliz, volta, lo.
Que gusto voltar a ler o seu blog señor Cesare.
sabias palabras, as do abade. non te esquecemos
70 quilos? Ti de onde vés? De Somalia? XDDDD
Non, non…
A barreira dos 70 é por arriba, non por abaixo…
Que verdades di ás veces a xente, e non o digo polo dos quilos superpostos, que xa os queimarás, senón polo texto superposto.
Ó que me refería eu era a precisamente estares antes por debaixo dos 70. Esa era a miña cifra antes do Nadal…:(
eres poeta