Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » vice

Obama + ClintonMaría dicíame onte: “quen me dera ser de missouri pra poder votar por el”. Eu, que comparto a súa impotencia, non o teño tan claro. Si, ela é mala, pero mil veces máis lista ca el, de xeito que seguramente será unha mellor presidenta. El pola contra é guapo e galvanizador, probablemente porque non ten moi claros os límites entre a relixión e o estado. De feito, os crentes votan por obama, os ateos fano por clinton.
Con todo, o que me leva rompendo a cabeza os últimos días é quen será o vice. Será Edwards? Ou recuperarán do xardín dos dinosaurios a Kerry ou Gore? ou están dispostos a facer equipo entre eles? A angustia sobre quen pode ser vicepresidente, que é de lonxe un papel máis duro có de presidente, non me marcha da cabeza. Porque despois de todo quizais o vice sexa Huckabee.


34 Comments to “vice”

  1. cesare | January 27th, 2008 at 2:28 pm

    A case un ano vista, ábrense as apostas neste post.

  2. cossimo | January 27th, 2008 at 5:58 pm

    “Si, ela é mala, pero mil veces máis lista ca el, de xeito que seguramente será unha mellor presidenta”. Mellor emperatriz, quererá dicir.

    “El pola contra é guapo e galvanizador, probablemente porque non ten moi claros os límites entre a relixión e o estado.” [citation needed]. Non sabía eu que a guapura dependese de semellante cousa. Agora xa sabemos por qué Rouco Varela reúne a miles de millóns de persoas na capital do reino. En todo caso, postos a elixir e ainda que lle saque 20 anos ao candidato, eu quedo coa animalidade comedida de Jesse Jackson. Ese rollo “xenro ideal” de Obama non me pon absolutamente nada.

    “A angustia sobre quen pode ser vicepresidente, que é de lonxe un papel máis duro có de presidente,…”[citation needed].

    A miña aposta: Trina de limón, obviamente.

  3. cesare | January 27th, 2008 at 6:05 pm

    Ai, cossimo, ten vostede a virtude de darlle a volta ao escrito pra ler o que lle convén. Todas obviamente son lecturas, pero non lle vou entrar ao trapo a todas elas, como comprenderá.

    En todo caso, grazas. Fun comprobar, e vin que Jesse Jackson seguía vivo. Que sorpresa!

  4. cossimo | January 27th, 2008 at 6:47 pm

    Teño outra moitas virtudes pero esa que me asigna non. Non sei que ten que ver unha personalidade galvanizadora cunha suposta confusión Igrexa-Estado. Non sei que significa para vostede ser listo ou ser unha mellor presidenta. Non sei de onde saca vostede que o papel de vicepresidente é DE LONXE, máis duro có de presidente. Pero, sobre todo, non podo explicarme cómo alguén pode confundir a ñoñería versace co sex-appeal.
    Se cadra o problema é que vostede se deixa guiar demasiado facilmente polas impresións.

  5. cesare | January 27th, 2008 at 6:55 pm

    Oh, cossimo, :) iso das impresións é verdade… Non teño pensado vivir 120 anos pra ter unha visión sisuda das cousas. Ademais, iso do siso é como as hipotecas: de que che vale ter un piso vello de 40 anos cando tes 70?

  6. cossimo | January 27th, 2008 at 7:25 pm

    Non quero ofendelo pero na universidade de Stirling teñen todos esa idea de que a visión sisuda da realidade social é unha cousa de vellos?

  7. cesare | January 27th, 2008 at 7:28 pm

    Afortunadamente algún hai, si. Pero xa o dicía cervantes, que do moito ler e do pouco airearse fóiselle arrichando o cerebro.

  8. cossimo | January 27th, 2008 at 7:34 pm

    Qué sisudo Cervantes, quero dicir, qué banal!

  9. cesare | January 27th, 2008 at 7:39 pm

    claro!! mola tanto o banal…

  10. cossimo | January 27th, 2008 at 7:57 pm

    e o banal-liberal ainda moito máis.

  11. sun iou miou | January 28th, 2008 at 8:47 am

    E eu escarallándome. Como se me ocorre, se o tema era tan serio?

  12. cesare | January 28th, 2008 at 10:49 am

    Prezada Sun, ás veces creo que debería darlle os contrasinais e que escribise vostede os posts, de tan próximos como sinto os seus comments… Non sabe a cantidade de veces que a leo e digo: leche, iso é exactamente o que eu estou pensando! :D

  13. sun iou miou | January 28th, 2008 at 1:31 pm

    Non daba xeito, Cesare, que o meu mundo e moi reducido e había de perder clientela. Mala hostia, iso si, disque non me falta. (`_^)
    E falando noutra cousa, el non saberá por que neste monitor me sae media borrada a caixa de comentarios e teño que escribir ás cegas? Non me sucede o mesmo no portátil.

  14. Alberte | January 28th, 2008 at 2:12 pm

    Permítanme que abandone o bicandidatismo, e o bipartidismo, e inclúa a unha terceira persoa… que viva Dennis Kucinich!!! e a súa dona Elizabeth [http://www.dennis4president.com/meet-elizabeth/]

    Un par de ligazóns para prefirir a Kucinich en vez de Obama ou Hillary:
    http://en.wikipedia.org/wiki/Political_positions_of_Dennis_Kucinich
    http://en.wikipedia.org/wiki/Dennis_Kucinich_presidential_campaign%2C_2008

  15. cesare | January 28th, 2008 at 3:33 pm

    Prezada Sun: heille pasar ese comentario ao meu asesor estético, pero:
    a) que navegador usa
    b) que sistema operativo usa

    Prezado Alberte: tratábase de apostar quen vai gañar, non quen nos gustaría que gañase. Porque a ver se vai resultar que só nos gustaría que gañasen os que nunca van gañar.

  16. ro | January 28th, 2008 at 3:51 pm

    é posible q xa o dixera antes (si estou segura de q o pensei), pero quero dicilo de novo:

    para cando o sexo entre cossimo e cesare? (e retransmitido vía net se pode ser) porque isto xa empeza a ser un ’sinvivir’…

  17. cesare | January 28th, 2008 at 3:57 pm

    hahahahahhaha, ro…
    non, non o dixera antes…
    Non lle temo ao sexo con cossimo, pero ao post-ferrete si. :)

  18. sun iou miou | January 28th, 2008 at 4:18 pm

    Pois a Raposa Arreite e o XP, pero non é problema diso, porque é o mesmo que teño no portátil e alí non pasa. Máis parece que sexa o formato do monitor. En canto ao ’sexo con’, aqui, meu, o que interesa é
    precisamente o post-post-ferrete.

  19. cesare | January 28th, 2008 at 5:44 pm

    Prezada Sun; isto é o que di o meu asesor estético:
    “si, xa está arranxado: era que o tipo/a estaba vendo a páxina a 800×600 e habia un cacho do textarea que non se via pero que estaba alí… xa o puxen máis pequeno”.

    Non sei se vostede entende algo, pero creo que o problema debe estar amañado, :)

  20. cossimo | January 28th, 2008 at 6:33 pm

    Se non o asustan os osos polares… Eu, en cambio, témolle ao post post-ferrete. De calquera xeito, saiba que como medida profiláctica levo sempre comigo un exemplar do Manifesto Comunista.
    Ro, agora en serio: o voyeurismo ten cura.

  21. sun iou miou | January 28th, 2008 at 6:44 pm

    Entendo que o tipo/a e Sun Iou son a mesma persoa (e nunca mellor acaído, non sei se non mudar de alcume) e non o corpo da letra, que o textarea é a caixa de comentarios, que saber sabía que se prolongaba aí (ao lado) mesmo que non a vise. Entendo que lle debeu doer ao seu asesor (a min dóeme na vista, véndoo agora) a mudanza. Certo que me evita tirapuxas cada vez que lle escribo un comentario pero ao final entre o práctico e o estético non sei con que me quede.
    De todo o anterior debería deducirse que o problema está amañado. Non sei se grazas.

  22. cesare | January 28th, 2008 at 6:57 pm

    Non lle vou indicar, prezada Sun, o que me respondeu o meu asesor estético.

    Canto a vostede, cossimo, non me gustan os osos polares precisamente, pero fareino polo post. :D E o do Manifesto que é? pra facer panca?

  23. Alberte | January 28th, 2008 at 7:32 pm

    Vese que por aquí hai gañas de sexo, cómo senón ía dexenerar unha conversa sobre Hillary e Obama nestas insinuacións tan directas…

    Bueno, pois se se trata de apostar quen vai gañar en troques de quen quero que gañe eu aposto a que a vencedora vai ser Hillary.

  24. cesare | January 28th, 2008 at 7:37 pm

    Que a aposta é polo vice, non pola presi!!!
    Ai, deus… estes experimentos sociais nunca funcionan ben!!

  25. sun iou miou | January 28th, 2008 at 8:54 pm

    Xasús, e non podería ser o presi omnipresente e facer de todo, de pre e de vice, sendo o caso que fose o Obama, polo aquel de que é o único, para min, que merece un tento (con pinzas, iso si)? O resto, a Hilary incluída, arrefécenme os sangumiños todos.
    Lamento inmenso a que tivo que aturar pola miña causa, Cesare.

  26. Alberte | January 28th, 2008 at 9:23 pm

    Ufff, pois se hai que lixir ó vice entón téñoo moi complicado. Só che podería adiviñar o vice de Huckabee, o ranger de Texas que coa súa patada xiratoria vai mandar a todos os latinos de volta, Chuck Norris. Do resto síntoo pero non teño nin idea.

  27. cossimo | January 28th, 2008 at 11:16 pm

    Uff menos mal! A min tampouco me poñen moito os corredores de fondo.
    Por outra parte, non entra nos meus plans o sexo por compaixón. Si, vostede xa vai tendo unha idade pero supoño que algún que outro argumento para un post non lle ha faltar. Non desespere. E senón sempe lle queda a posibilidade da ficción.
    De momento non preciso de panca entre outras cousas porque grazas a Deus, a cantidade de masa que ten que desafiar a lei da gravidade é pequena. O Manifesto é para evitar doenzas de transmisión ideolóxica. Xa sabe, máis vale previr…
    Finalmente, estou un pouco ofendido. Alberte merecía un toque de atención. El tamén lle deu a volta ao escrito; porque o post vai sobre o vicio, non?

  28. cesare | January 28th, 2008 at 11:25 pm

    corredores de fondo?
    Por outra parte, non é que haxa falta: só pretendía compracer ao público, que sempre ten a última e a mellor das palabras.
    As doenzas de transmisión ideolóxica son moi sas: debería vostede deixarse contaxiar un pouquiño máis.

  29. cossimo | January 28th, 2008 at 11:49 pm

    Vostede corre, non? A pé, en bicicleta. Esa xente adoita desenvolver un molde corporal que digamos, non tira de min. Se me di que tamén fai waterpolo a cousa cambia, claro. Chámeme fascista se quere.
    O público non existe. A estas alturas xa debería sabelo.
    E agradézolle o consello pero téñolle pavor ao dogmatismo armarizado.

  30. cesare | January 29th, 2008 at 10:24 am

    Uis, cantas suposicións fai vostede de min… :D Pero si, o público é o único que existe.

  31. peke | January 29th, 2008 at 11:18 am

    Vaia! Que entretido está isto!

  32. sun iou miou | January 29th, 2008 at 12:13 pm

    Ultimamente tiña dúbidas sobre a miña existencia. Case mellor vou seguir con elas.
    Perdinlle o fío ao nobelo. ¿De que falabamos? De moldes corporais? Pois onde estean as pernas depiladas e hidratadas dun ciclista que se aparten os ombros moles dun nadador…

  33. cossimo | January 29th, 2008 at 6:44 pm

    Atinximos xa a cadratura do círculo: un rancio conservador de esquerdas renegando do pobo e un liberal de hoy en día en pleno éxtase filocomunista: “o público é o único que existe”. Non lle dá vergoña. Qué ía pensar Adam Smith?

    sun iou miou, pernas depiladas e hidratadas??? Arjjjjjj! Que unha cousa é a liberdade de expresión e outra a falta absoluta de sensibilidade!

  34. sun iou miou | January 29th, 2008 at 8:04 pm

    Agora levei eu no canastro. É mellor así, que estea repartido. En canto á sensibilidade non sei o que é ou non me lembra, que vén sendo o mesmo.

Leave a Comment