David NivenCando xa hai un pedazo que caeu a noite, petan na porta e féndeseme a soidade. É a nosa veciña de abaixo, unha viúva católica que vai prós 81. Póusame nas mans un surtido cuétara de galletas de manteiga e mais unha botella de cava rosado e empeza a falar e a mover os braciños axustando a bata. Recóntame os recentes bisnetos (dous bautizos nas últimas semanas) e tamén me avisa das inminentes visitas: a primeira delas a do seu sobriño, o americano, un rapazote que está de avogado en boston, massachusets. Fala e fala, e prosegue cos seus males, coa diabete, coa cegueira, e cóntame que bota auga bieita nas pálpebras aos domingos, pra que o azucre do sangue non lle leve a vista. Despois éntralle á parte chunga da familia, e cóntame historias que xa sei sobre as irmás maiores que xa morreron todas, os irmáns máis novos que tamén morreron todos, a filla que lle ardeu no incendio de bannockburn, pero tamén cousas novas, como que á filla bernardette lle meteron un bypass este nadal, ou que ao fillo desmond o internaron por un problema na presión do sangue van aló tres semanas.
Logo fala dos veciños e quéixaseme de que unha señora do barrio (coa que xa tivemos algún conflito) lle dixo que o seu xardín era dos peores da rúa. Pídeme axuda. Eu prométolle que por primavera van inzar as flores, que me deixe a min. E despois pregúntame se lembro un señor, como moi guapo, que viña buscala todos os domingos pra ir á misa. Remoio un pouco:

Un home de fular, que parecía david niven?
Ese mesmo; esvarou na porta da casa, rompeu as costas e hai dous meses que está nun hospital.
E como se atopa agora?
Non sei, non teño o teléfono… Nós os vellos, ás veces esquecémonos de anotar os teléfonos, non sabes?


7 Comments to “miss Mara”

  1. sun iou miou | February 6th, 2008 at 11:22 am

    Uf, aínda ben, esvarou á porta da casa. Eu ás veces imaxino que me esnafro polas escaleiras e duro o que tardan os cans en acabar coas existencias. Polo menos que non me morran á fame eles.

  2. peke | February 6th, 2008 at 3:09 pm

    Vexo que fas boas migas coas veciñas. ;)

  3. peke | February 6th, 2008 at 3:09 pm

    Por certo, aí hai entroido?

  4. cesare | February 6th, 2008 at 3:11 pm

    entroido? non sei de qué me fala…
    Aquí onte celebramos o día do panqueique, pero facer panqueiques pra min só non tiña moito xeito, e… miss Mara non come, que lle sobe o azucre. De feito, por iso me dá o cava e as galletas de manteiga!

  5. bushman | February 7th, 2008 at 6:00 am

    Lembroume sua Miss Mara a Mrs Dale, a avoa da casa onde morei em Plymouth. A mulher falava e falava quando eu chegava das aulas e escoitava suas historias enquanto tomava o cha. Historias da familia, saudades de suas viajens á Espanha e fofocas sobre a sua filha e o ex-marido dela, que mesturava coa sua propria vida de casada em Londres…

  6. siloam | February 7th, 2008 at 2:31 pm

    será que os do sur levamos posto: fáleme!…
    non che ppreguntan por o tempo?
    en MN- son dos demócratas- sempre falan do tempo, pobriós, de fargo os mosquitos.
    good mornig, miss mara.

  7. belokan | February 7th, 2008 at 9:38 pm

    debo de pasar por aqui unha vez o mes, ou duas, depende, cando me lembro, cando penso en Escocia, cando ando a mirar “cousas que facer na rede” e sempre é un placer paparse 10 ou 12 entradas tuas á vez. Esta última encantoume, sobre todo o do seu xardin. Vexo que todo vai ben por Scotland, ainda que so recolla miguiñas do que te acontece…
    no que me toca, moi contento de que descobrises Carnivale, e de que redactases a minhas mesmas impresions, e de Juno, que dicir, xa imaxinas o contento que estou con ela.
    Bicos mil. ^^

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| Cialis name cheap Gemeric cialis viragra viagra pfizer status 365 pills viagra professional Buy levitra soft best price for viagra Buing levitra cheapest viagra canada viagra paypal levitra erection penis viagra prices walmart levitra supplied as Cialis perscriptions levitra de Canada cialis onlineBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans