Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » alzheimer, 2

Os técnicos puxéronse a buscar cal era o problema, e despois dalgúns intentos máis ou menos infrutuosos, o abano de grises foi esvaendo. O erro é xa claramente de hardware e non se pode chegar ao disco duro de ningún xeito. Así que ou o disco duro se transmutou nestas últimas horas en carne de lagarto e morreu pra sempre con todo o que tiña dentro, ou existe un erro de contacto que pode ser amañado dunha forma relativamente rápida, cun par de puntos de soldadura.
A dor, mentres tanto, desaparece. No peor dos extremos, e debo poñerme no peor, é moita perda de diñeiro de diola. Tamén o é de tempo, de infinito tempo de configuracións. Pero o resto, os 1027 correos que tiña pendentes de resposta, as fotos de ulises e da casa vella, o arquivo do meu traballo nos últimos dous anos e o incipiente catálogo da fundación cesare, todo iso quizais teña menos importancia da que parece. E como dicía o vello, eu, agora, con trintaepico de anos e a saúde perfecta, comezo.
Comecemos de novo, pois.

Actualización: efectivamente, tratábase de carne de lagarto. Os pasos seguintes son mercar un novo disco duro e comezar de novo. En paralelo, teño que decidir se gasto entre 400 e 900 libras en recuperar toda esa información perdida. Prégase confirmación ou rexeite.


8 Comments to “alzheimer, 2”

  1. vacorinho | February 19th, 2008 at 1:15 pm

    comparto a túa dor, pero lembra que: non hai mal que por ben non veña… así que nunca se sabe.

  2. r.r. | February 19th, 2008 at 5:28 pm

    Pois a min meteume o medo no corpo coa historia esta:
    e posto no seu caso, eu como son moi bruto non dubidaría en gastar para recuperar a información: penso que ese diñeiro (de 400 a 900 paunds, cánta dor!) o gasto en parvadas do kiosko acumuladas (incluindo prensa diaria) e paréceme baratísimo. Logo boto un mes sen sequera saudar ó quiosqueiro, e quedo moi feliz cos meus miles de apuntes absurdos e historias inacabadas/-ables no disco duro ata que esquezo o percance e volvo tirar a pasta en tonterías (escritas por outros, nas miñas tiraríaas por xunto) no kiosko…

    Que decida con ben.

  3. r.r. | February 19th, 2008 at 5:39 pm

    Logo de ler o texto previo, alzheimer, non teño dúbidas: gaste o diñeiro en recuperar a información, Cesare, gásteo. E descúlpeme a lectura desordeada e anímeseme.

    Un saúdo.

  4. Horreo | February 19th, 2008 at 9:32 pm

    Non gaste ni un patacon.Fala a voz da experiencia.
    Xa choramos ,xa o compadecemos e demos moi variopintas mostras de solidaridade con semellante desastre.Punto.
    Animo compañeiro,voce ten trintaepico anos e boa saude asi que e tempo de empezar de novo.Xa vera que limpeza e que pracer con todo o mar por diante.
    E as fotos de Ulises xa as recuperaremos.

  5. sun iou miou | February 19th, 2008 at 9:33 pm

    Uf, niso mesmo andaba eu onte a pensar. E se un día este casca como xa cascaron antes outros (só que nos outros non había cousas importantes)? Haberá que tomar nota. Non podo dicir que me alegre de velo caer, pero saber que lle sucede a alguén próximo sempre dá unha dimensión real a estas desgrazas. Beixos e ánimos, moitos.

  6. ferre | February 19th, 2008 at 10:16 pm

    Garde o disco averiado , instale un novo e xa decidirá máis adiante o que facer con el. Se un día lle da un ataque de morriña pode amañalo e igual pra aquela xa so son 300 libras.

  7. peke | February 20th, 2008 at 11:35 am

    Atinado consello o de ferre. Eu non sei que faría, probablemente gastaría os cartos.

  8. bouzafria | February 21st, 2008 at 1:29 am

    Eu tamén recuperaría a información. E logo proporíame que no sucesivo, cada semana faría copias de seguridade. Aínda que despois esquecera a promesa.

Leave a Comment