MazaricoO plan era botar un apracible domingo de inverno no campo, pedalando. Saín cedo no tren, recollín unha rarita ex-compañeira de traballo en embiburgo e seguimos en tren cara ao norte. Da outra beira do estuario botamos a roda á pista coa intención de seguir a rota británica número 1. Ao pouco detense Biografía-Francesa e sinálame un campeiro lateral. Mira, que son iso? Eu díxenlle que pombas, ela retrucou que gaivotas, e ao final resultaron ser dúas ducias de mazaricos pacendo, logo voando, logo outra vez pacendo.
A rota 1 pasa beireando a fea vila de dunfermline, e sen moita transición, métese nun ilóxico subir e baixar de outeiros, arrodeado de natureza inhóspita e bastante esgrevia. De cando en vez brillaba o sol, e neses momentos podiamos arrecender a lá das ovellas e escoitar o grallar dos corvos sobre o bosque. Foron 30 millas que nos levaron ata a ribeira do lago Leven pra ver gansos, patos brancos, lavancos, cisnes, e ata un raposo: e unhas cantas ducias máis de mazaricos, pacendo tamén de forma desordenada nos arrós das ribeiras.
Á volta descendeu o frío sobre a terra, e a choiva, e o vento, e a escuridade. Cansos e feridos, con algo de febre no meu caso, collimos o tren de volta á casa. Pero así é a fin do inverno, así é. En tres semanas moitos deses mazaricos xa non pacerán por aquí. E nós xa non lembraremos o frío.


5 Comments to “mazaricos”

  1. peke | February 27th, 2008 at 10:42 am

    Aquí non vexo mazaricos, ao contrario que na foz de Nigrán. Por que será?

  2. cesare | February 27th, 2008 at 12:33 pm

    Uis, non lle teño a man os mapas de distribución. Tamén pode ser unha cousa puntual relacionada co vento e co frío. Non llo sei. As guías galegas de paxaros téñoas na Fundación… :)

  3. xunco | February 27th, 2008 at 2:50 pm

    Mazaricos,terra de carne moi gostosa e mellor xente, quedavos mais pra riba.Tendes que ir por: Noia-Serra de Outes-Capela-Insua elogo Mazaricos
    Moi perto esta o Embalse da Fervenza,dino de ver.
    Benvido!!!

  4. sun iou miou | February 27th, 2008 at 10:54 pm

    Flipo en colores. Vou deixar de navegar. (`_^)

  5. cesare | February 28th, 2008 at 11:50 am

    Exactamente. Mazaricos queda un pouco máis pra riba. :D

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| Cialis name cheap Gemeric cialis viragra viagra pfizer status 365 pills viagra professional Buy levitra soft best price for viagra Buing levitra cheapest viagra canada viagra paypal levitra erection penis viagra prices walmart levitra supplied as Cialis perscriptions levitra de Canada cialis onlineBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans