Cando alguén está disposto a facer 40 millas pra meter un ferrete sen coñecerte, hai que levar ollo. Alex (Hou Xiang no nome cantonés que se avergoña de dicirme) é un rapaz de hong kong, tirando a fortachón, que vai pra médico. O que máis me sorprendeu na conversa previa foi que falase inusitadamente alto, o que eu atribuín, un pouco ás toas, ao ruído externo da grande urbe asiática. Pero non: este gran pedazo de chinés de finísimas e tersas pálpebras era simplemente un brutallán. Todo o que fixo foi facerme dano: ou esfolábame a pirola a unha velocidade de sacar claras a punto de neve, ou esquecía separar os dentes, ou beliscaba e trababa aí onde non tiña que facelo ou coa intensidade que non debía facelo. Non tiña ningún tipo de coñecemento sobre lubricación, pero si unha extraordinaria axilidade para tropezar, golpear co cóbado na cara e deixarse caer con todo o peso sobre unha perna ou un brazo esmagados. E vai pra médico.
Eu non podía máis: cada cousa que facía doíame, pero cando pensaba no post entrábame a risa, e nesa montaña rusa concentrarse era imposíbel. Así que saquei de oficio e apliqueime seriamente: tiña que derrotar dunha soa zugada a un home que me superaba en tamaño e que dominaba un arsenal de milenarias técnicas de tortura. E aquí estou, vivo, só un pouco magoado.

Neniño, salvando as distancias (todas) á vostede pásalle a miña: gustalle sufrir para a galería. (^_^)
curiosa coincidencia, xustiño antes de ler este post lía via del.icio.us o blowjob tutorial de collegecallgirl ao que fai mención… parece que non estaría de máis imprimilo e repartilo entre estes mangallóns
habemos de ter o mesmo del.icio.us.
Hahahahahahahaha. Méteste en cada unha…
aye, del.icio.us/popular
Irá para médico tramautólogo e estaría de prácticas con vostede. Moitas grazas polas risas que me botei lendo o post, melloráronme o día. :))
De acordo con Ian. Eu tamén me escarallei á risa.
E, por certo, acabo de velo nunha revista ben chula falando do seu choio. Mágoa que as súas declaracións se saísen da caixa da maqueta e se perdesen as súas últimas palabras.
Algún día o ferretismo será olímpico.
Olímpico, si, porque seica o importante é participar.