Lembro que un dos vellos se refería a rosalía de castro como unha muller de beleza desordenada. Lémbroo particularmente hoxe, ao pensar no rapazote co que durmín e fodín esta noite. Chris é de beleza tan desordenada que se diría que, cando en 1988 un boeing estourou sobre a súa vila, recibiu o impacto de parte da fuselaxe. Unha beleza desordenada que se continúa cunha habitación pequena completamente ateigada de obxectos e po, unha cama sen sabas, ducias de dvds orixinais, computadores vellos, os restos dunha playstation e libros de ciencia ficción. Dende o punto de vista técnico, o ferrete resulta inusualmente bo pra tratarse dun británico.
Mais o seu rostro non resiste as primeiras raiolas que caen por un chinelo estreito e elevado: cando vexo a fealdade brillar lisco ás présas. Fóra agarda unha cidade que amence.


Leave a Comment