Como non todo poden ser filósofos franceses, e por un culpa dun erro encadeado, acabo vendo Punto de vantaxe, un filme sobre o intento de asasinato do presidente estadounidense na praza maior de salamanca. Con dicir isto pode parecer abondo, pero non: é peor. Hai ademais presecucións en coches da policía local salmantina, medios de comunicación que son o goberno, tramas absurdas cruzadas absurdamente, un par de centos de cabos soltos e un tipismo hispano de escarallarse. E algo máis que me deixa inquieto, a pesar de ser loiro: o novo terrorismo é latino-musulmán, e hai que irse preparando.
Mentres me rebolen na cabeza media ducia de teses posíbeis, e flipado coas imaxes de ambulancias voando, monto na bicicleta. Agora xa é completamente de noite, e como mas roubaron o outro día, vou sen luces. Paso semáforos en vermello, acelero a todo o que me dan as pernas, derrapo, cruzo carrís, salto direccións prohibidas, subo beirarrúas, baixo escaleiras e finalmente chego á residencia dos campionatos, suado, coa adrenalina a tope. Filmes coma este habían de estar prohibidos.


5 Comments to “infiltrados”

  1. kaplan | March 31st, 2008 at 3:46 pm

    xa vexo, xa: loiro e todo, vde. vaise tornando terrorista por momentos

  2. cesare | March 31st, 2008 at 3:53 pm

    molaba moito máis cando os rusos eran os malos

  3. kaplan | March 31st, 2008 at 7:14 pm

    iso nin o dubide (e nós tamén éramos máis novos, principalmente vde)

  4. sun iou miou | April 3rd, 2008 at 10:37 pm

    Adoro ir na bici de noite sen luces. É unha temeridade pero dá a sensación de que se voa. A vostede non lle pasa?

  5. cesare | April 4th, 2008 at 9:01 pm

    mmmm, non é esa a percepción, prezada sun. A miña é máis ben “acabo de roubar nunha xoiería e teño que fuxir dos que me perseguen”.

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans