Quizais alguén xa sabía que as ovellas, que aguantan impertérritas que os coches lles pasen polo lado cando pacican un pouco na beira dunha gabia, ao que presenten unha bicicleta botan a correr en moitas direccións, case todas por riba da estrada.
Velaí as pequenas cousas sen importancia que separan a vida da morte.
Desta vez tiven sorte, e despois de 34 millas pola montaña, estou na casa, coas retinas apetoutadas de avefrías, faisáns, coellos, miñatos e unha primavera que, agora si, parece que comeza… E vivo.

Moi ben! Vive! Vive!
Claro, vivo.
Pero xa lle mandei un correo a semana pasada pra dicir que vivía, creo lembrar…