John é un fraquiño e piroludo mestre de primaria, guapérrimo, co cabeliño á fódase, pero que só é fermoso na primeira media hora, mentres garda un tímido silencio. A ex-primeiroministro, unha especie de trebello de ximnasio cunha soa posición, xa o coñecemos. George é un gordechiño maleducado e egoísta, dos que cando apañan unha pirola non a soltan máis. Mark é o rapaz que me fixo o convite, un inglés de pel grimenta que fode algo sobreactuado, pero fode, e que tamén coñecemos xa. Anthony é o anfitrión, outro trebello de ximnasio cunha soa posición (distinta, iso si), e que cre que poñer Mariah Carey a todo volume resulta excitante. O sexto desa movidola son eu.
Despois dunha hora cumprida de bebedela e logo de que Ex-primeiroministro gomitase o alcol irlandés de 90º que todos tomaron non sei por que razón, empezou a acción: o anfitrión, procurando non despeitearse, confinounos a un sofá de dúas prazas e media que viña obviamente algo estreito. Pero unha orxía con dous mobles, un egoísta e mariahcarey está condenada ao fracaso, anque o sofá medise dez iardas de eslora. E o fracaso leva a fallos eréctiles, condóns polos corredores e póperes a tutiplén: cando marchei lembrando o chiste do portugués, quedaban catro homes espidos falando e tomando café na mesa da cociña. Confírmanse as seguintes leis:

  • a primeira lei de Cesare: os números pares (neste caso o 6), son un auténtico desastre.
  • a primeira lei de Henri, tamén chamada terceira lei de Cesare: nesta illa non hai quen foda ben.

24 Comments to “seis”

  1. Somnus | April 6th, 2008 at 1:27 am

    O teu comeza a ser mais aburrido e previsible que o septuaxésimo sexto disco dos Rolling Stones.

  2. cesare | April 6th, 2008 at 1:33 am

    Ten vostede razón. O curioso é que só nos deamos conta disto nos posts desta categoría. Nos de críticas de libros nunca nos acordan esas cousas.

  3. Somnus | April 6th, 2008 at 2:00 am

    É porque os outros non os lin.

  4. cesare | April 6th, 2008 at 2:02 am

    Así me gusta… :)

  5. Somnus | April 6th, 2008 at 2:05 am

    Logo había de lelos? ;)

  6. cesare | April 6th, 2008 at 2:07 am

    Uis, non, creo que son máis aborrecidos e previsíbeis có septuaxésimo disco de La oreja de Van Gogh, ;)

  7. Somnus | April 6th, 2008 at 2:10 am

    Pois logo dasme a razón en escusar lelos. ;) Igual teñen un estilo a «manual canónico de como ser un escritor orixinal e alternativo» que os converte aínda en máis aburridos que os ferretes. Por certo, ¿son reais ou ficcionais?

  8. cesare | April 6th, 2008 at 2:12 am

    hahahahahahaha, esa é moi boa… había moito que non me insultaban desa maneira… :D :D
    os libros… haille de todo: ficción e non ficción. ;)

  9. Somnus | April 6th, 2008 at 2:14 am

    Non, home… os ferretes. Polo demais, non pretendía insultarte… ai, a ver se vamos comezar a pasar da fina ironía á clasificación….

  10. cesare | April 6th, 2008 at 2:18 am

    con respecto ao estatus de ficción ou realidade dos ferretes, mándeme un correo dicindo día, hora e lugar, acompañado dunha foto. ;)

  11. Somnus | April 6th, 2008 at 2:22 am

    Home, ademais da miña condición canonicamente heterosexual, mesmo que non fose así, se son na verdade tan deprimentes non tería grande interese en combinar un encontro….

  12. cesare | April 6th, 2008 at 2:29 am

    Bueno, polo primeiro non se preocupe, porque xa non será o primeiro (varón, supoño) canonicamente heterosexual. Polo segundo, obviamente, pouco lle podo facer: quen non dá, non dá.

  13. Somnus | April 6th, 2008 at 2:34 am

    Claro que non me preocupo… por que había de facelo? O segundo non o etendín, francamente, de entrada porque non suxerín que che pedise que te ocupases dalgo en particular. Quen é o que non dá, exactamente?

  14. cesare | April 6th, 2008 at 2:37 am

    Home, eu só podo falar por min… ademais, vostede dixo que as espectativas eran “deprimentes” a teor do lido.

  15. Somnus | April 6th, 2008 at 2:42 am

    Home, si… isto dos fallos eréctiles, e outros fracasos orgásmicos, parece deprimente desde o punto de vista erótico-festivo, a non ser, claro que o propósito lúdico da experiencia (ou fantasía, que non foi aclarado) estexa en escreber este tipo de posts e en exibir dialecticamente un pouco das concepcións antropolóxicas do autor; en cuxo caso estariamos ante cuestións máis psicolóxicas que sexuais propiamente.

  16. cesare | April 6th, 2008 at 2:49 am

    Hahahaha, non dixen que os fallos eréctiles fosen meus. En todo caso, se un erro eréctil lle parece deprimente, podemos facer a proba de poñerlle un disco de mariah carey enteiriño, e a ver canto tempo lle aguanta arreite. :) Ao da psicanálise négome, iso si: vivo no século XXI.

  17. Somnus | April 6th, 2008 at 2:59 am

    Non, non, eu tampouco dixen que os fallos eréctiles fosen teus. Dixen que a presenza de fallos eréctiles diminuen o aspecto lúdico, o que a min non me sería tan agradable como o contrario. Claro que imaxinei que a ti che daría igual, e que por iso non verías nada de deprimente na escena; e por dobre motivo: o primeiro, pola túa habitual auto-referencialidade; o segundo, polo evidente gusto que encontras na inferiorización do próximo. De calquera maneira, sobre a fortaleza eréctil, poderíase dicir o mesmo que antes: adxúntese fotografía notarial. ;)

    (nota: non o tomes como suxestión, eh, que non cho dubido, e inclusive porque non querería que este debate dexenerase nunha vulgar medición de membros :P).

    Sobre a psicanálise e o século XXI, home, eu non estaba a falar de psicanálise… chamémolo empiria consuetudinaria, que é algo que todos coñecemos ben, aínda que moitos o deixen ficar latente e non explicitado baixo os manuais de estilo (estilo literario, estilo social, etc…).

  18. cesare | April 6th, 2008 at 3:03 am

    evidente gusto pola inferiorización do próximo…

    Non o comparto en absoluto, pero irei prá cama remoendo niso, abofé.

  19. opaco | April 7th, 2008 at 12:56 am

    hahahhaha moi bo o chiste do portugués :D

  20. cesare | April 7th, 2008 at 1:13 am

    Un chiste que nunca me fixera nin mínima graza… ata estes días.

  21. siloam | April 7th, 2008 at 6:44 pm

    eh, eh, que nacin nun acabado en 6…
    16/6/ x6…
    ¿isa e miña desgracia?,
    será temporal.
    compo campa o número seis, ale..

  22. siloam | April 7th, 2008 at 6:49 pm

    como volvas a meterte co nº seis…imos ter unhas palabras, arastora/ toda a vida :)

  23. O Paneleiro blah blah blah | April 7th, 2008 at 9:19 pm

    Ainda rim um bocado. Contodo, a minha experiência foi diferente: ou mais de 3 ou menos de 3, mas nunca 3.
    Obrigado.

  24. berto | April 7th, 2008 at 9:29 pm

    plas plas plas

    snif… dios que bonito

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| viagra australia no prescription buy cheap cialis levitra 5mg cheap viagra Red devil cialis Cialis name cheap Online levitra purchase levitra homepage cialis dapoxetine who has best price on cialisBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans