Unha das cousas malas da distancia é que a un dos membros da parella lle dea un súpeto pneumotórax e o outro estea 2000 millas lonxe. Tubos ao pulmón, choreiras, consultas rápidas en todas as webs das compañías aéreas, quirófanos, incomunicación… Ao final o pneumotórax parece que evoluciona: é decididamente unha lata, e mais neste momento, pero o que non fai a pleura non o completa o amor. Deixarei que a familia atenda a Barataria esta fin de semana. Á seguinte ocupareime de ser o marido perfecto.


3 Comments to “pneumotórax”

  1. peke | April 9th, 2008 at 9:59 am

    Pero non é grave, ou?

  2. cesare | April 9th, 2008 at 11:09 am

    A ver, grave grave non é. É latoso. Hai veces que o penumotórax está producido por outras cousas que si son graves, incluso moi gravísimas, pero o máis normal, tendo en conta o seu perfil (varón delgado entre 20-40 anos), é que sexa “porque si” e que non teña máis consecuencia ca un mes de baixa. :)

  3. X | May 5th, 2008 at 3:28 pm

    Si, é latoso pero seguro que non ha de ser nada. Hai que ver, hai xente capaz de todo para conseguir uns cantos mecos!

Leave a Comment