Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » educación física

Conta B. Houlihan no seu libro The Politics of Sport Development (cito e peto na mesa) que unha das medidas iniciais do primeiro goberno Blair foi reducir a obrigatoriedade da educación física nas escolas. A súa idea era dedicar esas horas á alfabetización, un problema serio no Reino Unido dos noventa. Ao cabo duns anos deu marcha atrás: a alfabetización non mellorara moito, pero as taxas de obesidade infantil lideraban Europa.
Non se me ocorre maior despropósito político cá decisión da consellaría de educación de reducir as horas de “ximnasia” no bacharelato. É máis: é o prototipo de extravagante e trasnoitada decisión que pode tomar esa clase media, mediocre, socialdemócrata, criada e cultivada no pasado. De todas as aulas que un pícaro ou unha moza teñen que sufrir, dende horas intempestivas, nos centros escolares galegos, as que marcan a diferenza son as de educación física. Entre a filosofía, as matemáticas, a literatura ou a historia, pouca diferenza hai: esa é a bagaxe que unha sociedade, probablemente do século pasado, lle quere transmitir á xeración seguinte. Pero é na educación física onde aprenden a valorar e medir o seu corpo, a facer exercicio, a traballar en equipo; onde aprenden valores como a superación e a cooperación, onde crean a súa autoestima, onde se educan na igualdade e na saúde e, last but no least, onde se duchan xuntos. Se hai dúas horas imprescindíbeis en todo o currículo escolar, son esas: o demais xa está na wikipedia.
A miña indignación medra cando observo dous datos preocupantes: a) á metade dos mozos non lles importa a redución, b) os únicos que protestan son os docentes da materia. Ata tal punto o sistema educativo galego está putrefacto.
E alguén dirá, con moita razón: que carallo che importa a ti o que pase nunha escola a 2.000 millas de distancia? Ai, importa, vaia se importa: os meus sobriños están de camiño.

Recollida de sinaturas.


44 Comments to “educación física”

  1. willy | April 27th, 2008 at 10:29 pm

    totalmente dacordo con vostede

    a escola é unha institución moderna incrustada nunha sociedade que xa deixou atrás ata a posmodernidade: ou soluciona a súa inercia descomunal que a leva a ir -no mellor dos casos- dous pasos por detrás do seu tempo ou simplemente desaparece para ser remplazada por outra cousa

  2. ro | April 28th, 2008 at 10:16 am

    E non só iso: para que poida entrar a relixión (3 horas), fan desaparecer 3 horas de: ximnasia, filosofía e música.

  3. cesare | April 28th, 2008 at 10:24 am

    Non son unha persoa relixiosa, pero entre a relixión, a filosofía e a literatura galega pouco máis me dá: outra cousa é se en vez de relixión dan catolicismo. Pero esa é outra movida… Por certo, Willy, non sabe o orgullo que me dá que vostede estea dacordo comigo…

  4. Vendell | April 28th, 2008 at 11:15 am

    Eu tamén estou completamente dacordo. Teño a sensación de que o esencial da educación medra hoxe á beira das marías.

  5. cossimo | April 28th, 2008 at 5:54 pm

    Sen que sirva de precedente vou discrepar.
    Non dubido das bondades da educación física pero é que o parágrafo que reproduzo a continuación…en fin, non mo leve a mal, pero podería ter sido extraido dun manual de pedagoxía fascista:
    “Pero é na educación física onde aprenden a valorar e medir o seu corpo, a facer exercicio, a traballar en equipo; onde aprenden valores como a superación e a cooperación, onde crean a súa autoestima, onde se educan na igualdade e na saúde…”.
    Só lle falta engadir que a través do exercicio se crea o sentimento de pertenza a unha comunidade.
    Non deixa de ser curioso que un liberal declarado proclame valores como a cooperación, o traballo en equipo ou a igualdade. A non ser, claro, que sexa vostede un social liberal ou algo así.
    Nunha cousa teño que darlle a razón: as clases de Filosofía e Historia non serven para nada; senón non se explica que un universitario califique as políticas de Blair ou de Touriño como socialdemócratas.
    Nunca como agora se practicou tanto deporte. Todo o mundo camiña unha hora diaria, todo o mundo vai ao ximnasio, todo o mundo bota unha pachanguita as fins de semana, todo o mundo vai a natación, todo o mundo fai uns kilometriños en bici, todo o mundo, fai trekking, spinning, skating, footing, snowboarding,… E eu sigo sen ver cooperación por ningún lado.
    Os rapaces non detestan o exercicio físico. O que lles mola (como aos adultos) é a competición deportiva. O brilé é para os débiles.
    No ensino secundario hai mogollón de hora adicadas ao ensino das línguas e da literatura. Por qué entón os rapaces escriben tan mal ou non son quen de compender un texto sinxelo?
    Por último, os pícaros e as mozas non se duchan xuntos. Uns van a un vestiario e as outras para outro.

  6. cesare | April 28th, 2008 at 6:10 pm

    Home… canto tempo!!
    Vostede ten unha idea do liberalismo como unha especie de monstrosidade ou aberración onde o odio se manifesta contra todo o contorno, imaxino, pois non doutro xeito se entende que vexa incompatibilidade entre o traballo en equipo e o liberalismo.
    Tamén pode ser que estea simplemente desenfocado, e por iso sexa o único privilexiado que cre que as políticas de Touriño ou de Blair non son/foron na súa maior parte socialdemócratas.

    A frase esa de que nunca se practicou tanto deporte como agora necesitaría unha boa análise histórica, pero non vou abusar porque o espazo dos comentarios é limitado. Só lle vou dicir algo: a súa perspectiva de pijo funcionarial de clase media-alta non lle deixa ver a realidade. Debería airearse un pouco máis e visitar os barrios baixos de cando en vez pra ver cantos practican snowboard.

    Finalmente, superafavor das duchas comunais. Eu aprendín moito nelas, malia non haber rapazas.

  7. anónimo | April 28th, 2008 at 6:37 pm

    cesare, paladín das liberdades e escritor brillante onde os haxa, agora metido a cura obrero.

    vivir para ver

  8. cossimo | April 28th, 2008 at 6:41 pm

    Xa que anda por aí debería botarlle unha visual a algunha que outra estatística.
    O liberalismo só valora o traballo en equipo se é para gañar cartos.
    Quere dicir airearme como fai vostede para cantar a beleza da autenticidade proletaria?

  9. cesare | April 28th, 2008 at 6:53 pm

    Anónimo: cura? obreiro? brillante?

    Cossimo: A estatística sobre a riqueza económica xa a coñecía, pero non sei que ten que ver coas clases sociais. Lémbrolle que a II Guerra Mundial hai xa case un século que rematou. Tampouco sei que ten que ver co resto da conversa, a verdade.

    Ás veces fala de “gañar cartos” como se fose pecado. Non sei se é que vostede é ultracatólico ou un dióxenes da vida. En todo caso, e xa que estamos a falar de deportes, sinálolle que o deporte en equipo é un invento fodidamente liberal: naquela altura, nos países conservadores coma o seu dedicábanse á divertida seitura, á divertida gandería, á divertida práctica de acantazar o veciño por ser un afrancesado, un xudeu ou un distinto.

    O da “autenticidade” non sei o que é. Xúrolle que nunca a vin diante.

  10. cossimo | April 28th, 2008 at 7:12 pm

    A estatística era para amosarrlle que a política de Blair non é fodidamente socialdemócrata. Todo o contrario. É tan ou máis conservadora cá de Tatcher. O que demostra que andou algo perdido nas clases de historia contemporánea (a pesar de ter non sei cántas horas semanais no bacharelato). E que en Escocia hai centos de vellos que durante o inverno morren de frío. Literalmente. A pesar de que a Guerra Mundial rematou hai xa case un século. Se cadra é porque a reducción de horas de educación física nas escolas levada a cabo polos retroprogres neolaboristas dinamitou o espírito solidario inherente á práctica deportiva.
    Respecto ao último paragrafo é unha chorrada tan descomunal que non me vou molestar en refutala. Só dicirlle que mentres no meu país acatanzabamos os veciños, no seu de adopción acatanzaban medio planeta. British empire, do you remember?

  11. sun iou miou | April 28th, 2008 at 7:29 pm

    Mens sana in corpore sano? Nil novi sub sole? Pero, claro, o latín tamém está postergado. Esperemos que polo menos os pais saiban educalos, que non instruílos.

  12. cesare | April 28th, 2008 at 7:31 pm

    lol lol lol… Ten vostede un problema conceptual severo: a socialdemocracia é conservadora, por definición. Por iso o liberalismo está tan lonxe duns como doutros. Ora que non sei como casará iso coa súa definición demoníaca do que somos os liberais.

    O de que haxa vellos escoceses que morren de frío “literalmente”, agradecía que fose acompañado de cita. E, de paso, de gráfica comparativa dos vellos que morren de frío “literalmente” en Galicia e na URSS.

    Canto ao do Imperio, efectivamente non é algo do que un poida estar orgulloso. Pero estabamos a falar da relación entre liberalismo e deporte: vostede cambia de tema e salta de liña cando lle convén :)

  13. anónimo | April 28th, 2008 at 7:42 pm

    que vienen los rojos!

    (aos blogs, polo menos: xa é algo)

  14. cesare | April 28th, 2008 at 7:45 pm

    Anónimo, non sei se é vostede o mesmo anónimo có outro ánonimo, pero deberían empezar a numerarse. De paso, podían ser un pouco máis explícitos. ;)

  15. cossimo | April 28th, 2008 at 7:47 pm

    The year before the toll was 29,000, which is nearly 10 people aged 65 or older every hour.

    Yet temperatures only dropped to 4C on average.

    Latest figures for Scotland show the nation’s winter death toll was the lowest on record. Deaths fell by nearly 1,000, but still totalled 1,790.

    Meanwhile, the coldest city in the world, Yakutsk in east Siberia, has no excess winter deaths, even though temperatures there can drop to minus 49C.
    http://news.bbc.co.uk/2/hi/health/5372296.stm

  16. cesare | April 28th, 2008 at 8:01 pm

    lol lol lol lol lol lol lol :D :D :D

    Vostede é un tipo con moita graza… E ademais practica unha pavera arte da escolma e o recorte de parágrafos que deberían contratalo xa nos servizos de prensa do goberno. Ou en The Sun. Desa noticia dedúcese que:
    a) os vellos morren porque van desabrigados
    b) a culpa é do transporte público (claro, como en Galiza non hai diso, non poden morrer de frío esperando polo bus)
    c) En Portugal tamén hai moita xente que morre de frío (!!)
    d) En realidade non morren de frío, senón de infarto (!!) e de gripe.

    O que lle quero preguntar é: se vostede fose gobernante de Escocia, que faría pra reducir esas 1700 persoas que morreron de gripe? Porque a ver se, como fan os reaccionarios, lle imos atribuír a culpa de todo ao goberno…

  17. cossimo | April 28th, 2008 at 11:38 pm

    Twenty three people in Scotland will die of a cold-related illness every day this winter, warns the charity Age Concern. And it is estimated that more than 2,500 people in Scotland will die this year as a result of the cold.

    In the last 5 years, more than 14,000 people in Scotland have died as a result of the winter months and the warning from the Met Office of a harsh winter this year could mean even more deaths.

    Shamefully, Scotland has one if the highest rates of winter deaths in Europe. And older people in Scotland are at greater risk of cold-related illnesses such as pneumonia than people in colder countries such as Finland or Austria.3

    The cost of heating, the poor standard of housing, low incomes and time spent outside in the cold all leave older people in Scotland vulnerable. Those most at risk tend to be pensioners living alone.
    http://www.ageconcernscotland.org.uk/section/ndetail.asp?newsid=356&p=4

  18. cossimo | April 28th, 2008 at 11:41 pm

    In recent years, there has been a growing understanding that people in Scotland and the UK become ill and die from cold unnecessarily. Countries like Finland, where the weather is more severe, have designed their houses and social policies so that the cold does not affect people’s health. 1 Action to end fuel poverty involves a variety of approaches and organisations.

    People are said to be living with fuel poverty when they are unable to heat their homes adequately because they cannot afford it, when the cost of fuel to heat their home represents more than 10% of their income, and when they have to cut back on other essentials
    The Scottish Housing Condition Survey 2002 estimated that 27,000 people in Edinburgh were living in fuel poverty (13%), and that about a third of pensioners living alone cannot afford to heat their homes adequately. This represents a substantial improvement since 1996, when around 32% of households in Edinburgh were living in fuel poverty.
    People living in fuel poverty are at a higher risk of both physical and mental ill-health. Each year, there are around 60,000 to 80,000 cold-related deaths in the UK. Around half of these are from cardiovascular disease, and a third from respiratory disease. Few are from hypothermia. While some of the excess deaths are due to being cold outside, there is a clear relationship between the temperature in people’s homes and these deaths

  19. cossimo | April 28th, 2008 at 11:42 pm

    In 2005, the charity Age Concern estimated that 23 people would die every day from a cold-related illness. Recent figures suggest this situation has hardly improved and, as our elderly population increases, may be getting steadily worse.

    Age Concern has also noted that Scotland has one of the highest rates of winter death in Europe. Scots senior citizens are reckoned to be at greater risk of such illnesses as pneumonia than people in colder countries such as Austria or Finland.

  20. cossimo | April 28th, 2008 at 11:43 pm

    O único reaccionario aquí é vostede. Eu só son un loser que non aproveitou as súas oportunidades na vida. Como eses 14.000 escoceses que obviamente, para un desenfadado thirty-something resultan invisibles. Porque nin siquera teñen o encanto etnográfico dos hooligans underclass.

  21. Cesare | April 28th, 2008 at 11:55 pm

    Moitas grazas polos esforzos. Despois de ler esas novas, semella que estamos nos vellos bos tempos de Dickens.

    Non coñezo Finlandia, por desgraza. Coñezo algo do Reino Unido, pra empezar a miña casa, situada na franxa máis baixa de catastro, e de protección municipal (non creo que haxa casas de peor construción en toda a vila). Coñezo o lixo que producen os vellos do meu barrio e os seus carros de supermercado. Coñezo tamén as políticas de subsidios do meu concello. De feito, o meu salario está, neste país, por baixo do que cobran os vellos pobres do meu barrio pobre.

    O que non din as súas noticias é se a xente que morreu de enfermidades relacionadas co frío é a mesma xente que, segundo os baremos do hiperproteccionista estado británico, está en pobreza petroleira.

    Hai moitas razóns pra apagar a calefacción: non é a menor ser un vello escocés.

  22. Cesare | April 29th, 2008 at 12:02 am

    A cantidade de axudas que hai para xubilados pobres é taaaan grande, taaan grande, que lle caería a cara de vergoña a calquera peninsular que leva vintepico anos con goberno de “esquerdas” e cen de gobernos proteccionistas.

    É o seu país onde a maior parte das casas de máis de 20 anos non teñen calefacción, onde non hai axudas pra meter a calefacción nas vivendas vellas, onde se constrúe con pedra e baldosa, onde non hai moqueta, onde a dobre fiestra é unha excentricidade e onde as pensións son ridículas en comparación coas británicas. Iso sen falar da vivenda no rural, sobre todo agora que xa non hai calefacción vacuna, esa que queda durante séculos a bloque ou a tixolo. É o seu país o que ten un problema. O que pasa é que quizais no seu país non reconten a xente que morre de enfermidades relacionadas co frío porque aínda non chegaron a ese nivel de civilización.

    Pero se lle fai superfeliz repetir o tópico de que contra Thatcher viviamos mellor, adiante. Penso darlle máis pots pra que o faga.

  23. bouzafria | April 29th, 2008 at 2:00 am

    Aínda non teño claro, despois da tan interesante debate, que é o que ten que ver o liberalismo (verba que vale tanto para a dereita coma para a esquerda) coa ximnasia.
    De tódolos xeitos concordo plenamente co post de Cesare.
    Outra cousa, supoño que será ironía do Sr. Cossimo iso de equiparar valores positivos co fascismo: unha persoa con esa capacidade dialéctica non pode caer nun topicazo tan infantilmente pseudoprogresista. Realmente, eu discrepo totalmente coa primeira resposta de Cossimo; mesmo no das duchas: cando facía eu deporte (hai sete ou oito anos) e xogabamos ao futbito mozos e mozas, só utilizabamos un vestiario e unhas únicas duchas para todos. A min realmente, dábame igoal, porque adoito ducharme sen gafas, polo que a miña mirada ( ou a falta dela)non mancillou honra de señorita algunha.
    Dito o cal, o que a min me importa é a dúbida causada polo último parágrafo: sobriños? En plural?

  24. cesare | April 29th, 2008 at 2:09 am

    Hahahaha, hahaha… Menos mal que entra alguén con sentido pra poñer remate a semellantes declaracións absurdas dun e doutro lado. :)

    De alá do sur só vén un sobriño, por iso non se inquiete: pero pola parte de ribadumia está pra saírme outro…

  25. cesare | April 29th, 2008 at 9:33 am

    Por certo, prezado cossimo, bótelle un ollo a isto: http://news.bbc.co.uk/1/hi/scotland/glasgow_and_west/7371691.stm

  26. Vendell | April 29th, 2008 at 9:55 am

    - Pero é na educación física onde aprenden a valorar e medir o seu corpo, a facer exercicio, a traballar en equipo; onde aprenden valores como a superación e a cooperación, onde crean a súa autoestima, onde se educan na igualdade e na saúde…

    - en fin, non mo leve a mal, pero podería ter sido extraido dun manual de pedagoxía fascista.

    Se cadra, hai valores do fascismo que aínda teñen un pase ;-)

  27. Blanca | April 29th, 2008 at 11:54 am

    Pues digo yo que si quitan horas de la asignatura de gimnasia lo podrían compensar poniendo ‘precios populares’ y facilidades de pago para Wii Sports y Wii Fit. Así todos podrían hacer deporte de forma divertida en solitario, en familia o con amigos.

    Además, hay que tener en cuenta no sólo los beneficios físicos del deporte (ya citados: aprenden a valorar e medir o seu corpo, a facer exercicio, a traballar en equipo…) sinó también otro tipo de beneficio inmediato: mientras se practica Wii, no se está por ahí -sea por casa, por la calle o por internet- incordiando al prójimo.

  28. nadadora | April 29th, 2008 at 12:57 pm

    Nun país cunha política deportiva decente, todos os deportes terían que practicarse nas escolas e insitutos. Deporte escolar para quen o queira, eso é o que hai que conseguir. Dúas horas semanais de pinchacarneiros e trote polo patio nin desfán nenos obesos nin nada de nada. O dos valores, permítame, nin que fora vostede cura, todo o mundo sabe que o primeiro que se fai na clase de ximnasia é humillar (os profesores tamén) aos menos capaces.

  29. cesare | April 29th, 2008 at 2:13 pm

    Oh, nadadora, sinto moito que a súa experiencia sexa tan negativa… Quizais eu tiven sorte hai xa unha cantidade de anos perigosa.

    Non creo que falar de valores sexa relixioso. Máis ben todo o contrario. Obviamente o profesorado non pode facer marabillas, pero si pode causar grandes desastres. E, en todo caso, os profesores que humillan os seus alumnos por non faceren unha rondada (eu era deses), por non poñeren correctamente os acentos ou por non saberen cal é símbolo do helio, son igual de malos nesta especialidade e nas outras todas.

  30. nadadora | April 29th, 2008 at 2:57 pm

    Pero que lle parece quitar a Educación Física e a cambio poñer todos os deportes na escola?

  31. cesare | April 29th, 2008 at 3:04 pm

    Uff, o peso curricular das disciplinas deportivas en educación física non sei como está neste momento. Hai teorías pra todos os gustos. Pero unha das conferencias máis interesantes ás que asistín nos últimos anos foi precisamente a dun profesor do INEF que apostaba por aumentar a presenza deportiva, e polo tanto competitiva, dentro do currículo: algo que podería resumirse coa frase “que xogue cos balóns medicinais tu-tía”. Facer unha reflexión fonda sobre ese tema levaríame un pedazo, e debería coñecer mellor a situación sobre o terreo, os plans de estudo, os currículos… O deporte é moi importante, pero hai partes do que eu creo que teñen que estar na educación física que non son unicamente práctica deportiva. Se ben, como ben dicía ese profesor, se conseguimos que os alumnos practiquen un deporte, ademais de todas as vantaxes que representa en por si, estamos dándolles unha ancoraxe para o futuro: se corren polo patio ou fan o pino é pouco probábel que cando remate o bacharelato sigan facendo o pino ou correndo polo patio.

    Se a pregunta non ía polo termo ‘deporte’, senón polo ‘todos’, abofé: biodiversidade sempre. A mazo.

  32. cossimo | April 29th, 2008 at 5:26 pm

    bouzafría, eu non equiparei valores positivos a fascismo. Dixen que o estilo argumentativo do señor Cesare (e a foto que ilustra o post tamén)é prototípico dun manual de pedagoxía fascista. A exaltación do exercicio físico como símbolo de comunión, de vontade de superación, de espírito de sacrificio constitúe un dos estandartes ideolóxicos de calquera moral totalitaria.
    Eu creo que a educación física é unha materia tan necesaria ou tan innecesaria como calquera outra. Pero sinceramente, non vexo o poder salvífico que lle atribúe aquí todo o mundo ao deporte. Se fora como vostedes din, a Alemaña nazi ou a Rusia estalinista terían sido as sociedades máis saudabeis, máis igualitarias e co maior grao de autoestima da historia da humanidade.

    Don Cesare, ao principio de todo están os cuncetos. Neste post, o señor sataniza a socialdemacracia e aos 5 minutos acusa ao goberno galego de non ser suficientemente socialdemócrata. En fin, aínda que insinúa constantemente un rollito melting pot transpartidario, eu creo que no fondo, vostede carece de ideoloxía; actitude que seguramente constitúe a máis perigosa das ideoloxías.
    Pero en fin, supoño que esa é unha das razóns polas que eu e moita máis xente atopamos este blog la mar de divertido.

  33. cesare | April 29th, 2008 at 5:46 pm

    Non sei se poñerme estupendo ou parar. Pero pensar que as vantaxes que a educación física ten na saúde e no comportamento social dos cidadáns (e en concreto o dos cidadáns máis novos) están en relación co totalitarismo é a maior ranciada que dixo nunca ninguén neste blog. Ademais dunha falsidade histórica absoluta, que se percibe con só mirar o uso do deporte e da educación física por parte dos estados do “mundo libre” nos últimos cincuenta anos.

    Pero non vou debater ese punto, porque me amarga o humor: ten vostede unha pequena dificultade para discerner cando falamos do individuo e cando do colectivo que podería chegar a incomodarme; así mestura estalinismo con dopaxe na DDR ou o estadio olímpico de Berlín coa sección feminina nun, este si, melting pot conceptual severo.

    Ora ben, eu non dixen que esta medida concreta, a de reducir as horas de educación física, fose máis ou menos socialdemócrata: dixen que era un despropósito, e que era representativa da política de paus de cego e anquilosamento que caracteriza a democracia touriñesca (e blairita, por demais). Se vostede soubese algo de implementación das políticas deportivas nos últimos trinta anos (recoméndolle vivamente o libro de Houlihan e White) poderiamos debater dunha forma produtiva, pero como non, limitámonos a chamarnos un ao outro “suxo liberal” ou “anacrócano socialdemócrata” sen máis consecuencias. O importante, obviamente, é non mancarse.

    E pra rematar, just for fun, parafrasearei de novo a Marx: “señora, eu son un home con ideoloxía, pero se esa non lle gustan teño outras”.

  34. cossimo | April 29th, 2008 at 11:46 pm

    “Non se me ocorre maior despropósito político cá decisión da consellaría de educación de reducir as horas de “ximnasia” no bacharelato. É máis: é o prototipo de extravagante e trasnoitada decisión que pode tomar esa clase media, mediocre, socialdemócrata, criada e cultivada no pasado.”

    Ten razón: eu non sei nada de implementación de políticas deportivas. Pero terá que recoñecerme que vostede tampouco vai moi sobrado de filosofía social ou de historia do pensamento político.
    E faga o favor de non terxiversar as miñas palabras. Eu non puxen as vantaxes da educación física en relación co totalitarismo. Dixen que determinadas sociedades onde o deporte constituía un elemento basilar na educación do individuo non se caracterizaron precisamente polo seu espírito confraternizador. O que demostra que a gimnasia pode acabar convertida en magnesia.
    E por certo, eu non son socialdemócrata. Son anarco-comunista. Pijo, iso si.

  35. cesare | April 29th, 2008 at 11:52 pm

    anarcocomunista significa que é anarco cando lle convén e comunista cando lle convén? Polo de pijo non se preocupe, que somos moitos…

  36. cossimo | April 30th, 2008 at 12:13 am

    Si, sería algo así como liberal-socialista (as subvencións só para min) pero en versión rancio retroprogresismo.
    E deixe de correr tanto e fume algo máis. Xa verá como entón si se fai mellor persoa.

  37. cesare | April 30th, 2008 at 8:59 am

    oh, come on…

  38. arume dos piñeiros | April 30th, 2008 at 8:35 pm

    Unha hora á semán de educación física (ximnasia, please) xa me parece moito. Para medir o corpo con termos unhas pequenas nocións (o básico: o sistema métrico decimal) de matemáticas, vale. Para o colectivismo, unha partida de mus, unhas cañas ou unha paparota resulta máis edificante. Para superar probas e cooperar, nada como traballar en verán de camareiro no Grobe. E para compartir duchas, non fai falta poñer unha hora de ximnasia: vale con quedar polo messenger.

  39. cesare | May 1st, 2008 at 6:36 am

    Relacionada: El 73% de las jóvenes gallegas no hace nada de ejercicio al día http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idNoticia=294942

  40. cossimo | May 1st, 2008 at 11:08 am

    Uf! Non sabía eu que a ximnasia existía para que a xente compartise duchas. Cría que era xusto ao revés.
    De calquera xeito, ademais de educación física necesitamos tamén algunha que outra hora de cociña de supervivencia, albañilería elemental e fundamentos básicos de xardinería.

  41. cesare | May 3rd, 2008 at 10:50 am

    Unha nova máis relacionada: La obesidad sigue en aumento
    http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idNoticia=295823

  42. arume dos piñeirosos | May 3rd, 2008 at 7:38 pm

    A xente come moito. E en Galicia aínda máis.

  43. arume dos piñeiros | May 6th, 2008 at 3:58 pm

    SARILLE, ECG, 6 de maio de 2008

    Un novo decreto da Xunta de Galicia estipula a reducción do horario en certas materias de bacharelato, entre elas a ximnasia, pomposamente chamada Educación Física desde hai un par de décadas. Voulles describir o funcionamento desta disciplina.

    O calendario dos institutos está pensado para as materias teóricas e por iso cada sesión dura cincuenta minutos. Cando toca Educación Física, nese mesmo tempo o rapaz ten que desprazarse até o ximnasio, espirse, vestirse, quentar, exercitarse, ducharse, vestirse e desprazarse de novo para a aula. Isto, dito en poucas palabras, non serve para nada. Quen teña feito deporte coñece a necesidade de ir con calma, charlar, esforzarse e retornar relaxado. Nas escolas convértese nunha actividade con presión, falta de hixiene e baixo rendemento nas horas posteriores ao esforzo físico. Porque nin os institutos están pensados para iso nin as materias teóricas e o deporte teñen moito que ver entre si. Por iso necesitan espazos temporais completamente distintos.

    Antes, cando o ensino era para poucos, e os colexios parecían castelos chantados no medio das cidades, tal como os describe o historiador Antón Costa, poida que a ximnasia fose un complemento eficiente, porque tamén se practicaba fóra do horario docente no mesmo campo escolar. Facíano sobre todo os que vivían internos.

    Agora o estado de benestar multiplicou as instalacións deportivas, piscinas, ximnasios, nas parroquias e barrios, sen que teñan uso a maior parte do día. A educación física é unha necesidade fundamental na infancia e na adolescencia, e debe regularse axeitadamente, por iso debería saír fóra dos institutos e ser xestionada conxuntamente entre a administración educativa e os concellos. Con notas e obrigatoriedade de asistencia, con profesores dependendo de Educación, mais nas horas libres, polas tardes, con sesións amplas, proxectos de equipo e metas individuais e colectivas.

    Claro que para iso cómpre conciencia de que é necesario, e de momento non a hai, nin na cidadanía nin na administración. Tampouco nos sindicatos, que están máis pendentes dos intereses particulares do profesorado.

  44. cesare | May 6th, 2008 at 4:54 pm

    Moitas grazas, Arume, por engadir o artigo. Lino esta mañá pero esqueceume meterll unha ligazón dende aquí.

    Ao principio gustoume moito, porque vén dicir no fondo algo que ten sentido: hai que reforzar a educación física e hai que reforzala xa. Porén, despois de cavilar un pouco máis, creo que a solución práctica é moi desaxeitada: para que duplicar un sistema de asistencia obrigatoria cando xa temos un? Non debería formar parte a educación física da formación normal, aínda que obviamente con máis peso? Por que sobrecargar as infraestruturas deportivas municipais (aló onde existen) e desaproveitar as infraestruras deportivas escolares?

    Polo demais, concordo completamente co señor sarille, aínda que sexa só por variar.

Leave a Comment