En realidade, estes últimos posts non debían existir, pois son produto da febre e da incomodidade, e si un sobre danny, ese médico malaisio que me diagnosticou o domingo de mañá.
Fillo de xaponés e de australiana, a súa lingua materna é o inglés, e fálaa cos seus amigos da elite de kuala lumpur aínda que, recoñeceu, sabe o mínimo de malaio por se vai comprar ás tendas ou así. Por iso veu a escocia a estudar medicina, e por iso realiza uns erres escoceses como ningún outro malaio. Ten unha conversa esmagadora, tanto que nos breves respiros en que podo meter baza, xa nin me acorda o idioma e digo torpes palabras de aceptación ou negación ao tema do momento: cómo se certifica unha morte, cantos tipos de sarcomas hai e como afectan a poboación ashkenazi, e tamén, oh premonicións, cales son as enfermidades de transmisión sexual máis comúns nesta illa. Ten un corpo estupendo, pero procede con eses costumes orientais que non consigo aparellar co desexo: os arrotos e comer coa boca completamente aberta. Ademais, está obsesionado coas tetiñas e cos embigos, así que todo o sexo se reduce afortunadamente a iso: lambedelas de embigo ata quedarmos durmidos.
Á mañá xa foi todo así: pánico, suxedade, diagnose, vergoña.


8 Comments to “autopsia”

  1. Manuel Busto | May 5th, 2008 at 12:34 pm

    Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no sigular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
    Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
    Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
    http://blog-xuntanza.blogspot.com

  2. peke | May 5th, 2008 at 4:37 pm

    Cóidate, ho, que me tes algo preocupada. Mira que pillar gonorrea…

  3. cesare | May 5th, 2008 at 4:56 pm

    Bah, é pouco máis ca unha gripe. Algo máis dolorosa, pero…

  4. cossimo | May 5th, 2008 at 5:32 pm

    A pesar de todo, para a saúde sempre é mellor ser un fodedor nato ca un tocapelotas. E dígollo por experiencia propia.
    Que se mellore!

  5. O Paneleiro blah blah blah | May 5th, 2008 at 9:14 pm

    Home, a gonorreia nom é a doença mais chic na que podo pensar. Ainda assim falar de sujidade e vergonha parece um pouco excessivo. Pense-a simplesmente como um accidente laboral ou umha pequena ferida nom muito heroica de combate.

    Com os meus votos de melhora e saúde.

  6. cesare | May 6th, 2008 at 3:47 am

    suxidade e vergoña física, non moral, por suposto. Ter a pirola pingando non é nada limpo, abofé. Pero si, como unha enfermidade laboral a considerei. :) Agradézolle moito os votos.

  7. Vendell | May 7th, 2008 at 12:10 am

    Non hai tanto habíanlle meter un xeringazo de mercurio polo meato urinario, ou no mellor dos casos, unha poción a base de nitrato de plata. Hosana á ciencia pois, e siga disfrutando.

  8. cesare | May 7th, 2008 at 11:43 am

    Si, moitas veces penso que probablemente xa estaría morto hai 200 anos. Ou que, aínda que non o estivese, gran parte do que agora entendo como vida non existía sequera no tempo dos meus avós.
    Benditos sexan os cambios, si.

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans