Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » reputación

Non contaba eu con aparecer tan axiña nun xornal escocés. E menos aínda que fose por mal.
O caso: estaba eu o sábado superfeliz, facendo de oficial de pista nos campionatos escoceses de atletismo. Era no ruinoso estadio de meadowbank, en embiburgo, ao que máis tarde ou máis cedo lle terei que dedicar un post, e tiña na cabeza todas as regras ben aprendidiñas: peso e altura dos valados, centros de gravidade das xabalinas, colocación dos atletas nas series de 800, etc. De feito, estaba acabando de colocar as barreiras e os conos que conducen á poza no 2.000 obstáculos, algo complexo porque esa vella pista de meadowbank ten a poza no exterior da pista e non no interior como adoita ser habitual, cando nesas estoura a revolución: pero que fas, animal? Que así non é!, e veña a berrárenme cousas así e peores os escasos espectadores, adestradores e parentes das atletas que estaban na zona. Quedaban segundos prá saída, e decidín mudar de opinión: quitei a primeira barreira, movín os conos, e as atletas desputaron o novo percorrido.
A inseguridade de non coñecer ben un idioma, de ignorar as imperceptíbeis regras que rexen un mundo, pode conducir ás decisións máis estúpidas. Se na ghalleira un adestrador me dixese que movese un obstáculo mandaríao a paseo da forma máis túzara posíbel. Pero aquí calei, baixei as orellas e mudei (erroneamente, claro) a miña decisión. Os libros anotaron prá historia o nome da campioa, pero a marca non ten validez, pois eses 2.000 foron en realidade 1.920 metros con dous obstáculos menos. Esa tarde e ao día seguinte non se falou nas pistas doutra cousa: “disque saíu nos xornais”, rosmaba a vella e adorábel Pat… Velaí toda a miña reputación, polo chan.


15 Comments to “reputación”

  1. cossimo | May 12th, 2008 at 10:42 pm

    Ve cómo o deporte pode traerlle a ruina a unha persoa.

  2. cesare | May 12th, 2008 at 10:49 pm

    Ruína non… que non tiven aínda poñer cartos

  3. cossimo | May 12th, 2008 at 10:54 pm

    Perdeu a honra que é moito peor. Segundo dicía aquel.

  4. cesare | May 12th, 2008 at 11:00 pm

    bah, a miña honra non vale moito… Eu son de tipo palleiro.

  5. cossimo | May 12th, 2008 at 11:19 pm

    Diga que si. Ademais hoxe, que non sae nos papeis non existe.
    Espero que non lle amargue o comentario, pero non cre que se precipitou ao aceitar o cargo? Polo menos coñecerá ben o sistema anglosaxón de medidas, non?

  6. cesare | May 12th, 2008 at 11:25 pm

    hahaha, non, non creo que me precipitase. Creo que estaba ben preparado tecnicamente; o caso é que o 2.000 é unha proba moi pouco frecuente, e a pista esa en concreto ten peculiaridades difíciles de manexar.

    En todo caso, todas as medidas empregan o sistema métrico decimal, agás a milla (que xa non se corre) e o anemómetro, que se sitúa a 1.22 m, que vén sendo 4 pés do chao. Pero incluso eles din que se sitúa a 1.22, e non a catro pés.

  7. cossimo | May 12th, 2008 at 11:32 pm

    Xa verá como acaban conducindo pola dereita. E o que é peor: co euro!!!. Maldito continentalismo!

  8. cossimo | May 12th, 2008 at 11:38 pm

    O caso é que nun sistema verdadeiramente meritocrático-tatcheriano vostede estaría durmindo na rúa. Xa sabe: para os perdedores non hai unha segunda oportunidade.

  9. X | May 13th, 2008 at 12:34 am

    Síntoo por vostede, como diría miña nai, menuda voladura!
    a min aínda me quitou o riso.
    Boa noite.

  10. Cesare | May 13th, 2008 at 1:21 am

    cossimo, vostede está fatal…

  11. cossimo | May 13th, 2008 at 7:17 am

    Mire, por unha vez ten razón. Segundo o meu terapeuta, claro.

  12. indómita | May 13th, 2008 at 2:39 pm

    Menos mal que me fas lembrar por que non volvín á illa. A túa bitácora é das poucas cousas que me sacan un sorriso… debo precisar tamén un terapeuta.
    Ánimo, que o importante é que falen dun, aínda que sexa mal.

  13. cesare | May 13th, 2008 at 3:39 pm

    Ai, Indómita, non lle hai ningunha razón pra non volver á illa… :) Penso moitas veces en vostede, por certo. Moitas.

  14. indómita | May 14th, 2008 at 6:56 pm

    O do pensamento é mutuo, tamén eu me acordo de vostede. Como a vida non me tratou moi ben ultimamente estou pensando en mudar de póla e nunca se sabe, a illa non é mal destino…

  15. digo eu | May 22nd, 2008 at 4:32 pm

    e o link do jornal no que saiche?

Leave a Comment