Hai tres razóns polas que non vou colocar o baneriño ese de “blogues pola lingua“.

  • A primeira, porque entre as cen primeiras actuacións que cada un de nós podemos facer para mellorar a situación do galego nas novas tecnoloxías non está a de poñer báneres en nós mesmos para que os vexamos nós mesmos. Estou superencontra dos cartaces e dos autocolantes, aínda que sexa en versión web. Ou como dicían nos vellos tempos: menos palabras vas. E ese manifesto está inzado de circunloquios e de palabras vas.
  • A segunda, que o único que non son circunloquios é crispación: quen ataca o galego? Quen pon enriba da mesa confrontacións, quen prohibe buses, quen se contramanifesta e quen, en definitiva, lle dá xogo a quen non o ten.
  • A terceira, obviamente, é a icona.

17 Comments to “campañas”

  1. Kandpalleiro | May 16th, 2008 at 4:33 pm

    Pois certamente eu puxen o ditoso banner mais non suscribín o manifesto xustamente polo que vostede pon no segundo punto i é que eu coido que non fai falla levar o tema linguistico ó campo do conflicto. Os de galicia biligüe fáltalles un detalliño; aceptar que o que din combatir é xustamente o que ata fai ben pouco se nos facía ós galego falantes sin que eles deran un chio pola nosa liberdade como eu si dou pola súa.

  2. ascárida | May 16th, 2008 at 6:09 pm

    É que blogues… se ainda fose Facebook ou Twitter…

  3. Mario | May 16th, 2008 at 6:20 pm

    Pois eu estou encantado con Galicia Bilingüe e xente do estilo. Déronlle á loita pola lingua a noción do perigo real. Unha cousa é que catro profes de universidade digan todos os anos que a lingua desaparece e outra ver en persoa a catro pelagatos manifestándose para recortar os teus dereitos. Iso asusta e, aínda mellor, moviliza. Creo que non me trabucarei moito se digo que a manifestación das Letras deste ano vai ter unha subida considerábel de público.

    Por certo, eu non diría “ata hai pouco”, a situación lingüística mudou pouco ou nada dende o goberno do PP, nen sequera houbo mudanzas lexistlativas de entidade. O que os move e o que lles proe non é unha presunta falta de dereitos senón a falta de poder político.

  4. dagolada | May 16th, 2008 at 6:53 pm

    Acabo de coñecet o teu blog, gústame, é moi interesante. Eu creo que si que o vou poñer, douche a razón en todo, é unha estupidez que o galego non precisa, a icona e horrorosa, pero polo menos é un símbolo de que estás comprometido co galego, en fin, diferentes puntos de vista. Un saúdo.

  5. calidonia | May 16th, 2008 at 10:35 pm

    Se lle digo a verdade eu pensei en non aderir ao manifesto, sobretodo coñecendo como coñece moita xente (sobre todo en Chuza!) a algún dos seus promotores.

    Non me inquietaba tanto a mensaxe do manifesto (foron moito peores algunhas mensaxes que nos madaron unha vez apuntados :-D e ás que xa dei cumprida resposta na lista de correo interna).

    En calquera caso, ollando o suceso das adesións, que foron alén do habitual círculo reducido ao que fai mención Vostede, decidín darlle unha oportunidade.

    Porque nestas cousas sempre hai quen se suma de boa fé (aínda que moitas veces acaban botándose de fóra escaldados, non llo vou negar).

  6. Roi | May 17th, 2008 at 12:04 am

    1.- Non se trata de poñer banners de nós mesmos: cada un de nós actúa co seu blogue nun ámbito, o meu o educativo, e ese simple banner (pésimo, é verdade) chega a máis xente e non a un círculo endogámico: de feito eu nin coñecía nin visito o 90% dos blogues xa adheridos. E moitos/as que me visitan a min non veñen dos “de sempre”.
    2. Palabras vas? é unha opinión. O manifesto vai na liña do da Mesa e sen dicir ningunha novidade tampouco di ningunha mentira nin ningunha barbaridade.
    3. Crispación? Haina e non pola xente do galego que levaba anos durmida. Como di Mario, a aparición dos defensores da segregación lingüística no ensino están a provocar unha maior mobilización. A recuperación desa tensión é boa en si mesma; do contrario: quen defendería o galego? Que Galicia Bilingüe non merecen tanta atención? Se cadra, os seus argumentos son acientíficos e ideoloxismos pero non dan tanto medo por si mesmos como pola proxección pública que teñen: permetiríanse os medios e certos sectores socioeconómicos e políticos darlle tanta cabida a movementos baseados en falsidades, simplismos e xenobobia? Non, estaban a esperar por GB.
    4. Repito, a icona é moi mellorábel… por ser suave.

  7. cesare | May 17th, 2008 at 1:00 am

    Roi, non sei se que vostede comente no meu blog é un éxito ou un fracaso, pero supoño que nin vostede nin eu, que non nos coñeciamos de antes, mudamos a nosa opinión polos “blogues pola lingua”: a iso me refería co de embiguismo, porque vai aos que xa opinan dun xeito, e aos que non opinan dese xeito, non lles di nada.
    O manifesto, é verdade, vai na liña do da Mesa. Pero se os problemas da lingua nese país son os que se reflecten no manifesto da Mesa, é pra flipar. Ou pra non pisar rúa. Creo que, xa de facer algo, estaría ben facer algo con sentido, algo que puidese mobilizar un amplo espectro de persoas e algo que tivese un fin pra máis có de sacar peito e de poder mandarlle a ese grupo de catro amigos en tres taxis unha cifra de convocatoria.
    De que vale a mobilización? A quen lle importa que vostede se mobilice? Coa súa mobilización conseguiu algún falante máis? Evitou que se rompese a cadea xeracional nalgures? Mudou unha opinión tépeda sobre a lingua por unha más “comprometida”? Témome que nada, nada diso.

  8. cesare | May 17th, 2008 at 1:03 am

    De feito, vou dicir máis: gran parte da culpa de que exista Galicia Bilingüe témola A Mesa e outros que, como A Mesa, nos dedicamos a facer unha política de crispación cando non tiña ningún sentido facela. De alí non sacamos ningún rédito, pero é que ademais agora, dez anos despois, vemos as consecuencias.

  9. Roi | May 17th, 2008 at 11:38 am

    Césare, o teu blogue e algúns outros de referencia no blogmillo si que os coñezo e os sigo esporadicamente porque penso que podo aprender moitas cousas. De feito, estas dúas últimas reflexións túas son moi valiosas porque sumadas a outras que se fixeron ultimamente (como as reflectidas por determinados especialistas e opinadores de relevancia no ámbito da cultura galega en El País, ANT…) demostran que algo se está a mover e que temos que atopar novas estratexias e discursos. Até aquí, estou moi de acordo en xerar estes debates, moi necesarios. Eu non tacho a ninguén de nada por non compartir as miñas ideas, ao contrario valóroas por provocar unha reflexión e deixarme ver as cousas dende outro punto de vista. O mesmo pasa na política galega e, máis en concreto, no nacionalismo: hai quen crucifica a xentes como Beramendi ou Barreiro Rivas mentres que eu aplaudo que haxa xente que me faga recapacitar. Parece que estou a divagar mais creo necesario aclarar que debater é bo e nisto da lingua tamén sen que ninguén que vaia á contra sexa tachado de nada (rancio, españolista…).

    Fóra disto imos ao allo. fas unha serie de preguntas ao final e eu creo que a mobilización si que vale polo que dixen: para tensionar a xente comprometida porque é a que pod efacer presión social. Eu creo que si lle importa a alguén a mobilización. No meu caso, á parte das explicacións sobre sociolingüística que poida dar nas aulas, cun par de actos simbólicos realcionados con esta campaña os meus rapaces e rapazas enchéronse de orgullo, de enerxía, de que ademais de seren galegofalantes teñen que desterrar prexuízos sobre si mesmos e tomar actitudes reflexivas e firmes na reclamación dos seus dereitos. Un paso pois: esperar que quen o fale non mude de lingua. É posíbel que non conseguise un falante máis aínda estes días peor grazas a esta campaña logrei que vaian á mani familiares meus cos seus nenos que son moi favorábeis ao galego pero que por unha razón ou outra non se lanzan. A semente está na súa conciencia. E, ademais, sabelo ben, estas concentracións reforzan actitudes, reforzan saberse que tes máis xente ao lado no que defendes. Iso é bo. Polo tanto, non recuperei/recuperamos a transmisión interxeracional, pero si se estimula certo comprmiso, facer ver que as cousas dependen tamén dun mesmo neses casos que che falo. GB non nace pola existencia da Mesa, rexorde (porque nos 80 tamén existiron grupos semellantes) cando advirten que do papel mollado da lei comezan a aplicarse pequenos avances. E sobre a Mesa habería moito que falar pero hoxe vou destacar certos elementos que me parecen positivos: o meu banco cambiou para o galego, se eu son discriminado por razóns de lingua sei que podo recorrer a eles, sei que os recibos ou a documentación ou o Estado mudan a súa política respecto á comunicación cos clientes, os administrados ou os topónimos. Son avances, é unha voz que está aí. Imaxinamos a Carlos Paulo, o anterior director xeral de PL,ou a Marisol xestinando a PL sen oposición de ningún tipo?
    Outro día podemos falar de aspectos negativos.

    Saúdos, Césare, encantado.

  10. anónimo | May 19th, 2008 at 5:07 pm

    o nivel intelectual de Cesare medra imparábel. iso, polo menos, está claro.

  11. cesare | May 19th, 2008 at 5:11 pm

    Valórase a ironía, ;)

  12. sun iou miou | May 20th, 2008 at 3:49 pm

    Este blog está en galego ou que?

  13. siloam | May 21st, 2008 at 11:14 pm

    Non estou demasiada enterada, pero
    pasei o 17 no meu pobo, a beira do sil; todos falan galego e resulta tenro velos intentar castelán cos turistas.
    estas cousas, con boa intención, pero teñen algo de endogámico, de elite.
    a miña nai obrigábame a falar castelán (mestra), pero eu vivía inmersa en galego. Falo cos pacientes, cousas así. Se o medallas de Ferrol non poido con el, non poderán, iso si, entre a manipulación mediática e certas persoas que falan do tema como de oredena e manda, o mundo fóra das burbullas culturetas estase a montar unha lea na cabeza; que se como en cataluña, que se os meus fillos a terán lea nos miolos de maiores. Sen querer, os envares culturais, afastan da rúa (Santiago non é exemplo).
    Con moito cariño, se á fin quen sabe dúas linguas dende neno, ten a mente máis aberta a todo.bla, bla (vaia rolo dunha bilungüe:)
    abrazos.

  14. siloam | May 21st, 2008 at 11:30 pm

    ah, o baner fíxome gracia: botar a lingua a pacer?, ca bandeira no foi acertado, pra min.

  15. kaplan | May 26th, 2008 at 8:13 pm

    perdón pola inmodestia, pero acabo de concederlle un premio. tería a bondade de vilo recoller?
    thanks

  16. hormiga | May 26th, 2008 at 11:25 pm

    Paréceme moi ben. Cada un que faga o que lle pete.

  17. Borralleira | May 28th, 2008 at 6:12 pm

    Ola! Só quería darlle as grazas por contribuír á miña adicción ao mentol!

Leave a Comment