A nostalxia é unha substancia velenosa e paralizante, como a trabadela de moitas arañas. Así que cunha certa obriga, pero tamén con moita prevención, merquei Das novas cousas de Ramón Lamote. Por suposto, na miña memoria acuática non gardo lembranzas exactas das primeiras Cousas, pero si unha imborrábel sensación de pracer, de divertimento. As novas cousas son 100% Lamote. Tamén, en particular nas primeiras páxinas, 100% anos oitenta, cunha forma de narrar e sobre todo, cuns problemas que pertencen a un mundo que xa non recoñezo. Un mundo rematado, que máis có riso aberto, provoca un estraño fruncido de dor, como de proído máis ben. Pero contra a metade do libro, Lamote solta a melena dos pelos que lle quedan, recoñece que usa correo electrónico e debuxa unha cidade utópica que, sen deixar de ser lamotiana, é puramente moderna e contemporánea. E éntralle a un o gusto, vendo o cadáver da nostalxia aos pés da cama.


3 Comments to “nostalxia”

  1. orsinia | June 1st, 2008 at 10:46 pm

    Pídome a camiseta!!

  2. cesare | June 1st, 2008 at 11:24 pm

    Pois… o caso é que estaba eu co recorta, pinta e colorea do photoshop, e pensei: e logo non se lle ocorrerá á editorial que pode facer unhas camisetas chulas e vendelas coa cara do Reparante? Cantos lectores tivo Ramón Lamote?

    Pero xa despois apaguei o porro.

  3. bouzafria | June 2nd, 2008 at 1:06 am

    Eu non son capaz de romper a parálise: estou pensando pór no meu vindeiro post unha foto de hai 83 anos: a única proba que teño que acredita que meu pai tivo pelo algunha vez.
    En canto a crítica literaria: teño que mercar o último de Bieito Iglesias, pero tamén vou con prevención.

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| Cialis name cheap Gemeric cialis viragra viagra pfizer status 365 pills viagra professional Buy levitra soft best price for viagra Buing levitra cheapest viagra canada viagra paypal levitra erection penis viagra prices walmart levitra supplied as Cialis perscriptions levitra de Canada cialis onlineBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans