Sentado na súa cadeira reservada, o pai de Barataria remata de contar a historia do parrandilla. Parrandilla era un neno da súa aldea que medía coma o alto dunha mesa e que non medraba máis. A cada pouco, a súa nai insistía en alongarlle os pantalóns e ía onde a tía Teodora. E a tía Teodora, a costureira, dicía: pero se o Parrandilla non medra, como llos vou baixar?
Enfronte está madre Barataria, dándolle a comida á neta, e non escoita o remate dunha historia que xa coñece porque leva dez días sen pilas nos audífonos. Logo compartimos un arroz con tajás mentres padre Barataria me explica como se lle cambia o aceite a un coche ou dubida que eu sexa capaz de distinguir unha retama. Eu míroos e tento imaxinar toda unha colección de escenas e pasados. Barataria agarda apurado a que acabe todo canto antes. Eles ignoran que eu debería ser importante nas súas vidas e que a miña foto debería estar nesa mesma parede onde están a das vodas de marijose, marival e amparo.


11 Comments to “parrandilla”

  1. kaplan | June 14th, 2008 at 11:40 pm

    créame, un día estará
    (ese final, sublime)

  2. cossimo | June 15th, 2008 at 1:56 pm

    Non era vostede o que dicía que non lle merecían o máis mínimo creto os políticos armarizados? What about bloggers?

  3. cesare | June 15th, 2008 at 4:24 pm

    Barataria non é un bloguer, e eu en todo caso nunca votaría por el pra un cargo público. Se lle serve de consolo, tampouco votaría por vostede. :)

  4. cossimo | June 15th, 2008 at 5:55 pm

    Non se escaquee! Falo completamente en serio. Nunca tivese imaxinado que vostede se fixese pasar por un amigo de.

  5. cesare | June 15th, 2008 at 8:20 pm

    Non, non me escaqueo. Eu non me fixen pasar por un “amigo de”. Nin sequera fun presentado como “amigo de”. Fun presentado como Cesare e actuei como Cesare. Sen subtítulos.

  6. cossimo | June 15th, 2008 at 11:21 pm

    En todo caso, non me parece propio de vostede. Porque vostede para Barataria é algo máis ca Cesare sen subtítulos, non si? E que conste que non estou en posición de recriminarlle nada pero é que entón a pesar de tanto ferrete, a cousa segue estando chunga.

  7. claudia yolanda | June 19th, 2008 at 2:25 am

    concepto de la bala de ducacion fisica

  8. cesare | June 19th, 2008 at 9:48 am

    Acabo de outorgarlle o premio ao comentario chanante 2008 a este de Claudia Yolanda

  9. X | June 22nd, 2008 at 1:30 am

    O final tremendo, triste, moi triste.

  10. X | June 22nd, 2008 at 1:34 am

    Ah, outra cousa, que me esquecía, creo que os lectores debemos/podemos opinar pero paréceme excesivo xulgar en alto o que alguén fai no ámbito privado por moi público que o faga no seu blog. Saúdos.

  11. cossimo | June 22nd, 2008 at 12:55 pm

    Non sei X. Está segura? Imaxine que un blogger fai público que acaba de estrangular a sogra no salón. Tamén nese caso lle parecería excesivo o xulgamento?

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans