Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » comunismo

Pídenme que me encargue de cortarlle o céspede a unha casa deshabitada das aforas de vila-marple: debería ir cada quince días e pasar a cortadora emprestada por un veciño. O veciño está de acordo, pero advirte de que o céspede está tan alto que vou necesitar antes pasarlle unha rozadora. E rozadora non temos.
Ábrenseme tres posibilidades:

  1. mercar eu mesmo a rozadora, pra usala unha única vez. Miro algúns modelos de ata 50 libras, pero só valen pra darlle retoques ás esquinas: unha rozadora minimamente competente triplicaría ese prezo.
  2. alugar unha rozadora, ila buscar sabe deus onde, levala a esa casa das aforas non sei ben como, e volvela ao seu sitio.
  3. mercar un fouciño.

Destas tres posibilidades, a máis complexa resulta ser a terceira. Logo de nove ferraxerías e centros de xardiñería tratando de explicarlles a persoas de menos de corenta anos o que é ese obxecto descoñecido chamado fouciño, ríndome. Non só non teñen, senón que non están dispostos a pedir semellante old-fashioned ferramenta ao único provedor que os subministra. É imposíbel cortar a herba nesta illa sen consumir gasoil ou enerxía eléctrica.
Xa non existen os fouciños. Ata tal punto está acabado o comunismo.


30 Comments to “comunismo”

  1. HARPOMEIRA | July 22nd, 2008 at 11:33 am

    Boísimo. Son HarpoMeira. Un fiel lector en silencio, o que viviu con kate e que ti mesmo bautizaches…Este post paréceme boísimo. Alégrome de que che vaia ben por eses lugares sen fouciño. Probaches coa gadaña?? é mellor co fouciño para iso.

  2. cesare | July 22nd, 2008 at 11:37 am

    Gadaña? hahahahahahaahahaaha
    A extensión é moi pequena prá gadaña, pero tampouco existen gadañas, evidentemente. :) Quizais se busco nas tendas de atrezzo para halloween…

  3. cesare | July 22nd, 2008 at 11:38 am

    E que gusto velo por aquí, Harpomeira, :)

  4. Calidonia | July 22nd, 2008 at 12:12 pm

    Grande!

  5. cristo | July 22nd, 2008 at 12:59 pm

    e aínda digo máis: enorme, enormísimo, xigante!

  6. kaplan | July 22nd, 2008 at 1:14 pm

    home, é que vde. tamén é todo un clásico :-D

  7. ghanito | July 22nd, 2008 at 9:12 pm

    Non coñece a niguén que teña ovellas ou cabras por aí?
    Son desbrozadoras natas :D

  8. cesare | July 22nd, 2008 at 9:18 pm

    Tamén valorei esa posibilidade. Non coñezo, pero estou buscando. Tamén me dixeron que mellor as cabras cás ovellas, que estas non comen a herba tan alta, que son algo máis finas.
    O que non sei é cantos acres de herba come unha cabra ao día e cantos días necesito ir alí a coidar da cabra.

  9. peke | July 23rd, 2008 at 11:08 am

    Non sei que é mellor, se o posto ou os comentarios. :)

  10. peke | July 23rd, 2008 at 11:08 am

    Quixen dicir o post, claro.

  11. folerpa | July 23rd, 2008 at 12:15 pm

    Xenial, e iso pasa no país onde os druídas celtas ián colleitar as súas herbas coas fouces de ouro…

  12. cesare | July 23rd, 2008 at 12:19 pm

    O tempora, o mores, prezado folerpa…

  13. sun iou miou | July 24th, 2008 at 1:33 am

    Eu deixábache a miña (váleme para rozar comodamente un eido de 2500 metros, penso que che ía dar xeito) pero igual che vai algo mal vir por ela. De todas maneiras, aquí a está á túa disposición. Máis non me pidas.

  14. Anonymous | July 28th, 2008 at 7:06 pm

    Mira que non existir xa fouciños, martelos ainda lles quedarán, pobre comunismo.
    Moi bó, un saúdo.

  15. Carlos Sousa | July 28th, 2008 at 7:09 pm

    O anterior comentario é meu, sou un pouco patoso,jeje.

  16. alema | July 30th, 2008 at 9:45 pm

    aquí estamos con polémica porque seica obrigan aos rapaces a estudar (agárrate)… AS PARTES DUN CARRO! (para que quererán iso?)

  17. xabier | July 30th, 2008 at 10:43 pm

    Pois non creo que o tema sexa así. Máis efectivo que a gadaña, gabillo ou fouciño ou fouce, utilizar un herbicida.
    “Ramdon tapa roja” infalibel contra as malas herbas. En calquer establecemento especiualizado podes atopalo.
    Para que vexas que o comunismo e o “rojerío” está máis forte que nunca.
    De paso deixarás coa boca aberta a eses desertores do arado que aínda gastán maquinaria baseada na gasofina para rematar coas malas herbas.

  18. cesare | July 30th, 2008 at 10:48 pm

    prezado xabier, non se trata de acabar coas malas herbas; só que a herba está moi medrada. Pero o obxectivo final é manter un céspede ben cortado e axeitado. O emprego de herbicidas non é a solución máis ecolóxica, nin a máis produtiva.

  19. doceasubio | July 30th, 2008 at 10:52 pm

    oe rapazolo..pero ti a que tendas vas …ao brincoenquin ou ao carrotu …hai que ir a feira e mercar aos compatriotas

  20. cesare | July 30th, 2008 at 10:57 pm

    O da feira quédame a trasmán, lixeiramente.

  21. marinela | July 31st, 2008 at 9:18 am

    concho, pois eu téñoche un fouciño
    ta un pouco aquelado, xa ten ata dentes o pobre, q leva uns cuantos anos comigo…pero segue furrulando, e sen jasoil!!!

    pero igual tamén che queda un pouco a trasmán vir buscalo prestado… :-)

    estupendo post, siseñó

  22. insomniorizar | July 31st, 2008 at 9:28 am

    si, si, eu estou con aljén por ahí co das ovellas!

    Consegue unha ovella ou unha cabra!
    e polo demías , teñen razón tamén os que comentan que este post é GRANDE DE CARALLO!
    UN SAÚDO!

  23. berto | July 31st, 2008 at 10:24 am

    debe estar tan en desuso o fouciño nesa illa que ata lle puxeron o seu nome a moeda do universo de Harry Potter

    segundo a en.wp un fouciño (sickle) ven valendo (o cambio varia) uns 30 pennies que son 38 céntimos de euro

  24. xabier | July 31st, 2008 at 4:13 pm

    Dixeralo antes. Se o que queres é tratar o “cespede” o mellor que podes facer é arrincalo e non volver a sementalo. Será o máis ecolóxico que poidas facer.
    Por outro lado, eu non poñería a pastar unha ovella ou unha cabra tamaño vexetal. Máis que nada para evitarlles indixestións.
    Por outro lado, se queres promocionar o uso da fouciña recomendoche utilizar algunha técnica de enxeñería social:
    O “cortacesped”:
    -Presenta varios inconvintes, como *o ruido: busca información sobre a contaminación acustica e resalta en calquera conversa o contradictorio que resulta a vida no campo con este problema, e como un veciño ou veciña che pode dar o día cando caorta o “cespede”.
    -Contaminan o chan: incluso as cortadoras de última xeración contaminan os chans e máis nomeadamente o “cespede”; e se tes crianzas na casa, peor. Que pasará o día que traguen esa herba xogando???.
    Por outro lado, o sistema de corta é demasiado traumático, e a manipilación dos restos pola máquina xera un compost de moi mala calidade.
    *Unha solución son os cortadores autopropulsados, máis teñen problemas: pouco argonómicos, tes que adaptarte ti a eles e non eles a ti, ao tempo de que son ineficientes e o seu uso cansa en exceso.
    A solución que ti elixes é pois utilizar aparatos sinxelos pero de altas prestacións, como o gabillo, o fouciño ou a gadaña, xa que evitas todos os anteriores problemas.
    Recomendoche ademais utilizar roupa “sport” nas labores de desbroce, ao tempo que manter unha actitude de felicidade, que se note que eres unha persoa feliz cando usas estes “aparatos”.
    Nuns meses teres ao vecindario tentando aprender a utilizar estes aparello.
    Ao fin ti eres unhan persoa que coñeces moitisimo este sector e implicada co medio ambiente e a saúde.

    Saúdos

  25. xabier | July 31st, 2008 at 4:20 pm

    deixoche unha directriz europea sobre contaminación acústica onde se fala dos “cortacespedes”: http://www.europarl.europa.eu/factsheets/4_9_5_pt.htm

  26. cesare | July 31st, 2008 at 4:25 pm

    Agradézolle moito a directiva. Non sei como quedará o céspede cortado co fouciño, pero pode ser moi interesante… Hei de seguir os seus consellos…

  27. forever young | July 31st, 2008 at 5:13 pm

    En Riotorto facemos fouciños artesanais a miles. Poderíamos abastecer o mercado da antiga URSS sen nengún problema. Visitade os nosos ferreiros ho!

    http://www.ferreirosderiotorto.com

  28. Calidonia » O mellor (e o peor) de 2008 | December 29th, 2008 at 8:26 pm

    [...] o peor) de 2008 Arquivado en: blogMillo, blogoESfera, blogorrolo, media, rede | Mellor anotación: Comunismo, de [...]

  29. O meu espazo » Blog Archive » O fouciño | December 30th, 2008 at 7:14 pm

    [...] Calidonia no seu blog o que el considera a mellor anotación do “universo” galego de blogs dentro dos premios que el otorga ao mellor e peor da rede [...]

  30. Pilotinho | March 18th, 2009 at 12:02 pm

    Vaia coincidencia, precisamente estaba pensando eso mesmo o outro día.Temos que cortar a herba dun cachiño que temos diante de casa e non temos cortacespede(acabamos de chegar a esta nova casa,en Bergondo)e dicíalle á miña muller, que posto que andamos mal de cartos podiamos comprar un fouciño para aforrar luz, gasolina e facer un pouco de deporte…pero visto isto xa estou temendo que en Tocho en Betanzos non teñan fouciños

Leave a Comment