Érgome pouco despois do mencer. A casa, aberta en balcóns sobre a rambla do Raval, está invadida por un ruído que non cesou en toda a noite: berros, palmas, coches, discusións, rodas de skate con mozos enriba, bebedeiras, monos, motos, papagaios… A cea, tomada en horario hispánico un pouco antes de deitármonos, aínda segue aí, pelexando.
Entre uns e outros conseguiron que todas as maléficas criaturas nacesen na miña mente: aquel asunto que deixei inacabado, aquela persoa que levo demasiado tempo sen chamar, aquel erro cometido, os problemas actuais… todos construídos en corpo e soño nunha noite calorosa de verán.


Leave a Comment