Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » ferretobaras

De sempre pensei que iso de foder ben ou mal non existía, e que en realidade os ferretes tiñan máis que ver coa sintonía e coa lonxitude de onda que coa habelencia técnica. Pero despois do enésimo ferrete estraño (por non dicir horrible) que boto cun británico, empezo a pensar que existe algo xenético ou climático que fixo que se concentrasen nesta illa todos os malos fodedores.
E iso que o escocés Chris, un noviño profe de lingua que vive na aba dun outeiro próximo, é bastante espilido e compensa o zoupón dos seus movementos coa imitación dos meus e, sobre todo, con toneladas de cariño, directamente proporcionais ao tempo que vai dende que outro home entrou neste piso, ciscado de dvds de batman, cables de playstation e obras completas de shakespeare.
E todo vai case normal ata que nos achegamos ao remate. De súpeto entra en convulsión, e mira pra min, saca os ollos das órbitas e pon esas caras que poñen os británicos cando queren dicirche que estás facendo algo terriblemente erróneo pero a súa educación non lles permite reprobarcho. Eu dubido se quizais lla estou apertando demasiado, ou se ao mellor o estou triscando cun cóbado ou co xeonllo… pero non: cando é demasiado tarde descubro que lle ten un pánico total á visión do seme. Destraga todo cos seus movementos, cae a rolos sobre min e logo, na súa quenda, cubre a piroliña coa man pra que ninguén vexa o único que hai que ver. Fugazmente, sen tempo de resposta, mete un chimpo, desaparece e aparece cunha toalla. Hixieniza todo con velocidade e xa, aparentemente pulcro, déitase ao meu carón. Apértame, e eu síntolle a calor e confórtame a presenza de obxectos, libros e carteis por riba da súa liña de ombros. Pero o pracer, aquilo que realmente viña buscando, non podo lembralo.


13 Comments to “ferretobaras”

  1. telenemo | August 6th, 2008 at 2:16 pm

    Nas cousas do pracer o amor propio é fundamental.

  2. cossimo | August 6th, 2008 at 5:00 pm

    Xa sei que vai escachar coa risa pero eu creo que o problema non está na britanidade. A maior parte da xente non fode. Utiliza aos demais para facerse unha palla. O sexo é fundamentalmente, socioloxía.

  3. cesare | August 6th, 2008 at 5:05 pm

    Moi boa definición, cossimo. Por unha vez estou de acordo con vostede. Pero cando menos nos meus antigos caladoiros os peixes facían un comaquén, e aquí nin iso. E non sei a que se debe.

  4. cossimo | August 6th, 2008 at 7:07 pm

    Non sei, se cadra, ese onanismo por persoa interposta non é senón a manifestación maís acabada do que poderiamos chamar un outro onanismo “nacional”.
    Logo está tamén o tema da insularidade. Ou é que vostede nunca fodeu cun cubano? Unha experiencia terríbelmente desoladora.
    E non quero ofendelo pero deberiamos ter en conta tamén que obviamente, os que foden mal sempre son os outros.

  5. cesare | August 6th, 2008 at 7:11 pm

    Non me ofende. Por iso sempre pensei que era un problema de lonxitude de onda, pra repartir as culpas (e os acertos).

    Pero, non, nunca fodín pra Cuba. Vostede si? Non fodín nin prá illa de Arousa, nin pra Madagascar, nin pra Sicilia, e só nunha ocasión breve nos baños dun aeroporto, pra Canarias. Que eu lembre, poucas illas. A ver se vai estar aí o truco…

    Prégase confirmación ou rexeite!

  6. cossimo | August 6th, 2008 at 7:34 pm

    Non, nunca fodín en Cuba (entre outras cousas porque nunca collín un avión). Pero en cidade-Citroen con cubanos si. Por moi incríbel que pareza, son os reis do sexo ártico. Claro que éstes eran gusaneros…
    E teño entendido que os da illa de Arousa non foden nunca con peninsulares.

  7. O Paneleiro... | August 7th, 2008 at 3:18 am

    Também há que ter má sorte: ser home gay e estarrecer com a visom do sémen.

  8. Spav | August 7th, 2008 at 12:08 pm

    Non sei vostede, pero eu creo que ter noxo dun fluido propio é de remilgados, e ese creo que é o problema british básicamente.

    Super a favor de telenemo, por certo.

  9. cesare | August 7th, 2008 at 12:14 pm

    telenemo?

  10. Spav | August 7th, 2008 at 2:01 pm

    A primeira fala deste post é dun tal telenemo.

  11. cesare | August 7th, 2008 at 2:31 pm

    ah, boh, estaba na verza… Superafavor, claro.

  12. telenemo | August 8th, 2008 at 8:18 am

    servidor

  13. ascárida | August 9th, 2008 at 6:29 pm

    Rexeite!

Leave a Comment