Como están de visita Apandadora e unha amiga superviguesa, non teño moito vagar durante o día pra estar pendente dos Xogos, atarefado en facer de chofer e de guía turístico. Pero érgome cedo, antes ca elas, e aproveito ese momento de abrir o día, cando veñen os pardais aos comedoiros do xardín e toda vila-marple permanece en calma. Na pantalla do computador, vexo o bádminton ou o tiro olímpico grazas ao servizo total da BBC. Na tele, ao fondo da sala, os éxitos (e polo de hoxe sobre todo os fracasos) dos deportes británicos, os seus boxeadores morenos tatuados, os seus remeiros loiros licenciados.


Leave a Comment