A raíz dun desgrazado percance de saúde, a última vez que estiven na ghalleira tiven que ir ao médico. Fun ao da pública, fíxome unha prospección ocular da zona, ditaminou o que era e recomendoume un antibiótico xenérico (por outra parte, errado) que abonei integramente.
Unhas semanas despois, recibo unha carta do Sergas dicíndome que lles debo 218,79 €. O diñeiro é o de menos, porque podo exhibir a miña tarxeta de asistencia europea, pero empezo a pensar se a consulta recibida valeu en realidade 218,79 €. Canto me custarían na privada eses tres minutos (ou menos) de consulta, sen análises, cunha diagnose correcta, pero cun vademecum ancorado hai corenta anos, cando eses antibióticos xenéricos deixaron de ter efecto pleno sobre a enfermidade?

un caso real e moi semellante noutro país, EEUU.
antigo xogador de baloncesto cunha vella lesión de ombreiro. o seu seguro -nunha empresa normal- cúbrelle todo agás ese ombreiro. así q cando se lle descompón -cousa frecuente- colócao el mesmo na casa. unha noite logo de tentalo varias veces non ten + remedio q ir ao hospital.
chega alí, póñenlle un calmante e en dous minutos colócaselle só o ombreiro. non interviu nin un só médico.
factura: 900 dólares
agora vive feliz na ghalleira casado cunha galega, entre outras cousas porque ían ter un fillo, e iso nos EEUU son 15 días de descanso. aquí case 4 meses.
Tiveches mala sorte. Dígocho eu que estou todo o día nos médicos. Digo ben todos os días da SS deste país.
ergo, bombardeemos Iraq
Non, non tiven excesiva mala sorte, sun iou miou. Non me queixo da atención pública, pero me sorprende o custo. Gustaríame saber qué gastos repercuten pra que tres minutos de consulta saian a 218 €.
Alá, non lle entendo nada. É vostede spam?
Nom o tome como nada pessoal, som tarifas fixadas por decreto. E se tem curiosidade, a próxima vez vaia à privada, vaia.
Prezado Post, non teño por costume ir á medicina privada. Pero por referencias propias (oftalmoloxía) e por referencias alleas, creo que a consulta da privada non custa 218 €.
Tampouco entendo o das tarifas fixadas por decreto. Estanme cobrando un servizo ou un imposto revolucionario?
Ademais, o meu non foi unha urxencia!! Brrrrrr!! Ladróns!!