A terceira vez en catro meses que apaño purgacións serviu pra decatarme de que a) a vía de tranmisión foi sempre o mesmo macho asintomático, e b) que os británicos naceron pró sketch cómico.
Neste caso o doutor era un señoriño de bigote delgado, xa próximo á xubilación, cun aspecto pavero e delicado, amabilísimo, como un cruce entre David Niven e René Artois. Ao seu lado estaba unha médica en prácticas, vestida con sari, e de cando en cando entraba e saía da consulta unha enfermeira loira escocesa e rebumbieira. Por exemplo, cando o doutor lle pediu un proctoscopio pra facerme unha exploración anal, que non atopaba. A enfermeira dállo e o doutor sorpréndese polo diámetro.
— Non ten vostede algo máis estreito? Isto non sei se lle entrará…
— Non, doutor, é o que hai.
— Pois este mociño vai ter que relaxarse bastante, témome.
Ho, ho, ho, ho xeral.
Ou cando realiza a prospección visual da zona púbica, estando eu encanastrado na padiola, e descobre supetamente un algo que se move.
— Doutora, que cre vostede que é isto?
— Unha mancha
— Non. Mire outra vez…
— Mmmm… Un piollo pato?
— Efectivamente, unha femia de piollo pato. A pesar de que este rapaciño dixo que había tempo que non pasaba unha femia por aquí.
Ho, ho, ho, ho xeral.
A exploración rematou coa súa ración de antibióticos, análises de sangue e de ouriño e con consellos dados por unha asesora de educación sexual. Hoxe levarei por unha orella ao meu macho asintomático. A ver que chistes lle fan.


5 Comments to “sketch”

  1. ghanito | September 6th, 2008 at 12:57 am

    Lamento rir coa súas desgrazas, pero puxo vostede todo da súa parte co relato.

    Coidese (o mais posíbel)

  2. Anonymous | September 7th, 2008 at 9:16 am

    Ai, como a dor (e o pruído) nos fai grandes!

  3. Sun Iou Miou | September 7th, 2008 at 9:17 am

    Perdón. O anónimo era eu. Foi en querer.

  4. mariademallou | September 8th, 2008 at 1:15 pm

    ai dios…eu tamén lamento rir, como ghanito, pero é que así contado resulta bastante chistoso..
    ;)

    cúidenseme!

  5. iops | September 10th, 2008 at 10:25 am

    a verdade é que unha das máis graciosas que xa lle oín
    ánimo e coidados varios

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans