Jay é certamente tan feuchiño como calado. Vive nunha vila próxima e chega nun plisplás aproveitando o día que lle conceden libre no corteinglés local. Ten a pel grimenta, como de batracio, e moi estirada pola súa extrema delgadez. É alto, pero tan lixeiro que se diría que o único que evita que o leve o aire son as tres ou catro tatuaxes discretas que ten ciscadas polo corpo e os pirsins da orella e da lingua. Ten os dentes, ademais, distribuídos na boca como quen bota barro á parede, aquí uns e acolá outros, os máis deles retraídos ou revirados, e os xestos da cara é como se en vez de falar roese limóns.
Pero nada máis pechar a porta da casa xa o teño enriba, e non me dá tempo de paralo. Tampouco quero. Porque ao que se pon move as mans con bastante precisión, non lle fai noxos a nada, e emprega o pirsin con calidade e contundencia cando ma zuga como ningún outro escocés fixo antes. Ao rematar, quedamos por uns segundos deitados sobre a cama, coa cabeza caendo polos pés, rindo. Pero iso dura só un intre, porque axiña se está vestindo coa súa roupa do corteinglés local e liscando, sen apenas dicir nada que desvele o misterio da súa fealdade, da súa habilidade.

…como quen bota barro a parede……
Unha boa descripción que nunca atopei nos meus libros. Agora a etapa estudiantil queda lonxe (grazas a D.) pero daquela non me houbese vido mal.
;-)))
vaia, ho, pode vostede falar de dentes ben feitos…
Cando escribín o dos dentes pensei en vostede… sabería que tería algo máis que dicir…
Estou con ro, ho.
¿precisa unha cita?
Profesional me refiro ,-)
perdón?
Dentes, a cousa non ía de dentes?
Ah, lol… Non, non…
Pero hoxe souben canto cobran os dentistas británicos por facer limpezas: 13€ !!