Ter que renovar o pasaporte tróuxome a lembranza de por que existe este blog. Hai cinco anos, un mes antes do seu nacemento, eu estaba perfectamente conectado nun cíber dunha rúa de dakar, probablemente canso e acalorado. Foi daquela cando sentín que non necesitaba realmente dicir nada, senón buscar a saída correcta da cidade. E nesas andamos.


algunha haberá que non corten os operarios do asfalto
cinco anos?! que blog tan lonxevo!
vello, quererá dicir…
As miñas felicitacións polos anos cumpridos pero tamén por ser un dos mellores blogs que se poden atopar polo blogomundoadiante.
Parabéns polos anos cumpridos e xa falaremos de almofadas.
Por outro lado, grazas polo de Monte Lourido e a miña entrada a este mundo.
En Monte Lourido descubríchesme o mundo dos blogs e animáchesme a abrir o meu. Xa non te lembras?
Felicidades por todo este tempo, polas historias e por compartilas con nós.
Que siga igual de prolífico en todo