O momento foi algo estúpido. Pero alí estabamos os dous, deitados no medio dun escenario completamente ás escuras, alumeando coa pantalla do móbil na carta dun restaurante. El dedícase a bailar, e ten un corpo compacto e moreno, traballado nos campos de fútbol de italia e en compañías de repertorio de medio mundo. Eu, apampado, algo bochechudo, concentrábame en manter o móbil aceso e en aproveitar esa torrenteira de enerxía circulante mentres el, o único bailarín hetero a este lado do muro de hadrián, cavilaba lixeiramente na escolla dos entrantes.


Leave a Comment