Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » that’s why tonight belongs to you

Hai meses, bastantes meses, comecei a falar do discurso de Novo Hampshire. Foi por xaneiro cando barack obama encadenou esta serie de palabras, que logo ecoarían de costa a costa, dun mar a outro brillante mar, en forma de youtube, cancións ou o que fixese falta. Esta noite, logo dun día enteiro pechado na casa polo temporal, acabei de traducilo. Son palabras fermosísimas e por veces estarrecedoras, anque en cousa duns meses sexa cinza todo canto temos agora, todo o que se nos tendeu a modo de espranza.

Hai unhas semanas, ninguén imaxinaría que poderiamos facer o que fixemos esta noite aquí, en Novo Hampshire…

En primeiro lugar, gustaríame felicitar a senadora Clinton por esta reñidísima vitoria aquí, en Novo Hampshire. Fixo un excelente traballo. Dádelle un grande aplauso.
Hai unhas semanas ninguén imaxinaría que poderiamos facer o que fixemos esta noite aquí, en Novo Hampshire. Ninguén o imaxinaría. Durante a maior parte desta campaña fomos moi por detrás, e sempre soubemos que a pendente ía ser moi dura. Pero en cantidades nunca vistas viñestes ata acó e pedistes un cambio. E coa voz e cos votos deixastes claro que neste momento, nestas eleccións, algo está a pasar nos Estados Unidos.
Algo está a pasar cando homes e mulleres en Des Moines e en Davenport, en Lebanon e en Concord, saen ás neves de xaneiro pra facer colas de varias mazás de longo, porque cren no que este país pode chegar a ser.
Algo está a pasar… Algo está a pasar cando os mozos estadounidenses, os mozos en idade e os mozos en espírito, e aqueles que nunca antes participaron da política, suman cifras que nunca antes viramos, porque saben no fondo dos seus corazóns que desta volta vai ser diferente.
Algo está a pasar cando a xente vota non só polo seu partido, senón polas esperanzas que teñen en común; e non importa se somos ricos ou pobres, negros ou brancos, latinos ou asiáticos, se somos de Iowa ou de Novo Hampshire, de Nevada ou de Carolina do Sur: estamos preparados pra levar este país nunha dirección completamente distinta. Isto é o que está pasando nos Estados Unidos agora. O que está pasando é o cambio.
Vós, todos os que estades aquí esta noite, todos os que puxestes todo este esforzo e empeño e traballo nesta campaña, podedes ser a nova maioría que saque esta nación dos longos tempos da escuridade política. Demócratas, independentes e republicanos que estades cansos da división e do ruído que anubaron Wáshington, que sabedes que podemos discrepar sen crisparnos, que sabedes que se mobilizamos as nosas voces e desafiamos o diñeiro e os poderes que están chantados no noso camiño, e que se nos propoñemos acadar algo mellor, non haberá problema que non poidamos amañar, non haberá destino que non poidamos cumprir.
A nosa nova maioría de estadounidenses pode rematar coa ultraxe que representa nos nosos tempos unha sanidade cara e inaccesíbel. Podemos xuntar doutores e pacientes, traballadores e empresas, demócratas e republicanos, todos xuntos; e podemos dicirlles ás farmacéuticas e ás aseguradoras que cando sentemos á mesa non van poder comprar todas as cadeiras. Desta vez non. Agora non. A nosa nova maioría pode rematar coas rebaixas de impostos ás empresas que mandan os nosos postos de traballo ao estranxeiro, e pode recurtar os impostos ás clases medias pra que se beneficien os petos dos estadounidenses que traballan e o merecen.
Podemos deixar de mandar os nosos nenos a escolas de corredores ruinosos e empezar a poñelos no camiño do éxito. Podemos deixar de falar do importantes que son os mestres e comezar a recompensalos por esa importancia, pagándolles máis e dándolles máis apoio. Podemos facelo coa nosa nova maioría.
Podemos aproveitar o inxenio dos labregos e dos científicos, dos cidadáns e dos emprendedores, pra liberar a nosa nación da tiranía do petróleo e salvar o planeta deste punto de non retorno. E cando eu sexa presidente dos Estados Unidos, rematarei coa guerra de Iraq e traerei as tropas á casa; remataremos o traballo contra al Qaeda en Afganistán; coidaremos dos nosos veteranos; restauraremos a nosa posición ética no mundo; e nunca máis usaremos o 11-S como un xeito de arrepañar votos, porque non é unha táctica para gañar unhas eleccións, senón un desafío que debería unir os Estados Unidos e o mundo contra as ameazas comúns do século XXI: terrorismo e armas nucleares, cambio climático e pobreza, xenocidio e enfermidade.
Todos os candidatos nesta carreira compartimos os mesmos obxectivos. Todos os candidatos nesta carreira temos boas ideas. E todos somos patriotas que servimos con honra este país.
Pero a razón pola que a nosa campaña sempre foi diferente, a razón pola que comezamos esta difícil travesía hai case un ano, é porque non se trata só do que eu farei cando sexa presidente, senón porque se trata de vós, do que a xente que amades este país, dos cidadáns dos Estados Unidos de América, podedes facer pra cambialo. Isto é do que tratan estas eleccións.
Por iso esta noite é vosa.
É vosa, dos organizadores, e dos voluntarios, e dos traballadores que crestes na nosa difícil travesía e fixestes que outros moitos se unisen a esta causa.
Sabemos que temos por diante unha longa batalla, pero lembrade sempre que non importa qué obstáculos teñamos no camiño, porque ningún deles poderá interpoñerse contra a forza de millóns de persoas que piden un cambio. Un coro de cínicos dixéronnos que non poderiamos facelo, e de aquí adiante, nas vindeiras semanas e meses, berrarán máis e farán aínda máis ruído.
Pedíronnos que parásemos e que puxésemos os pés no chan. Avisáronnos de que non lle podiamos dar á xente deste país falsas espranzas.
Pero na peculiar historia dos Estados Unidos nunca houbo unha espranza falsa. Cando tivemos que enfrontarnos con retos imposibles, cando nos dixeron que non estabamos preparados, ou que non debiamos nin sequera tentalo, ou que non eramos capaces, xeracións de estadounidenses responderon cun berro sinxelo que resume o espírito dun pobo.
Si, podemos.
Si, podemos.
É un berro que está escrito nos documentos fundacionais que sinalaron o destino desta nación.
Si, podemos.
Susurrárono os escravos e os abolicionistas cando abrían un camiño cara á liberdade a través da máis escura das noites.
Si, podemos.
Cantárono os inmigrantes cando partían de portos lonxanos e tamén os pioneiros que turraron cara ao oeste contra unha natureza salvaxe e cruel.
Si, podemos.
Foi o berro dos obreiros pra organizárense, o das mulleres que loitaron polo seu voto, o dun presidente que sinalou que a lúa era a nosa nova fronteira e o dun Rei que nos levou ao cumio da montaña e nos indicou o camiño da Terra Prometida.
Si, podemos conseguir a xustiza e a igualdade. Si, podemos conseguir a oportunidade e a prosperidade. Si, podemos curar esta nación. Si, podemos amañar este mundo. Si, podemos.
E cando mañá levemos esta campaña cara ao sur e cara ao oeste, cando aprendamos que a loita dunha traballadora do téxtil en Spartanburg non é tan distinta dos problemas dun home que lava os pratos nas Vegas, cando vexamos que as espranzas dunha neniña que vai a unha escola que cae a cachos en Dillon son as mesmas cós soños dun neno que aprende nas rúas dos Ánxeles, lembraremos que algo está a pasar nos Estados Unidos, que non estamos tan divididos como din os políticos, que somos un pobo, que somos unha nación, e que xuntos comezaremos o seguinte gran capítulo da historia dos Estados Unidos con tres palabras que se van sentir dunha costa á outra, dun mar a outro brillante mar. Si. Nós. Podemos.


9 Comments to “that’s why tonight belongs to you”

  1. Caimán | October 26th, 2008 at 8:00 am

    grazas

  2. Bradomin | October 26th, 2008 at 1:27 pm

    Because the night belongs to lovers. Lembremos a carta escrita na carcere de Birmingham Jail por MLK.

  3. berto | October 27th, 2008 at 10:26 am

    gracias Cesare, muaccccc

  4. xOsse | October 27th, 2008 at 10:54 am

    Bo traballo!

  5. M. | October 27th, 2008 at 1:07 pm

    “Susurrárono os escravos e os abolicionistas cando abrían un camiño cara á liberdade a través da máis escura das noites”.

    “Mostradme vuestra sangre y vuestro surco,
    decidme: aquí fui castigado,
    porque la joya no brilló o la tierra
    no entregó a tiempo la piedra o el grano:
    señaladme la piedra en que caísteis
    y la madera en que os crucificaron,
    encendedme los viejos pedernales,
    las viejas lámparas, los látigos pegados
    a través de los siglos en las llagas
    y las hachas de brillo ensangrentado.
    Yo vengo a hablar por vuestra boca muerta”.

  6. cesare | October 27th, 2008 at 1:16 pm

    Grazas M. A cita completa, de Neruda.

  7. ghanito | October 27th, 2008 at 7:27 pm

    Cunha ollada cínica cabería dicir que o discurso político non deixa de ser un xénero literario (ou teatral) e este home (ou quen o escribíu) é unha figura, cuns referentes tan ben traidos. Porén lembro unha viñeta de Romeu no Pais hai moitos anos (despois do primeiro Live Aid) que dicia: prefiro a todos os ruins aproveitados coma Bob Geldof e non ós benintencionados coma Reagan.

  8. ‘Paris for president’ [Versión galega - Galician Version] - alema | October 30th, 2008 at 11:39 am

    [...] Aquí está a versión en galego (lembrade de ter os subtítulos activados) da nova canción de Paris Hilton ‘Paris for president‘. Queda constancia de que a excéntrica ex-herdeira multimillonaria ten ideas moi progresistas, algunhas aínda máis á esquerda ca as do propio Barack Obama. [...]

  9. O mundo desde un chimpín » WE WANT CHANGE | May 25th, 2009 at 11:37 pm

    [...] New Hampshire ante a daquela candidata oficial do pertido demócrata Hillary Clinton. Ese discurso (aquí traducido por Cesare) foi o comezo da vitória de Obama nas eleccións a presidente do mundo mundial. E ese discurso [...]

Leave a Comment