Onte fun atacado por primeira vez dende que vivo nesta illa. Os suxeitos eran como unha ducia e o máis vello tería trece anos, era loiro e polo que podo lembrar tiña uns bonitos ollos azuis. Eu non actuei ben: pasei do seu primeiro acoso verbal, e volvín cara ao meu coche pouco e pouco, sen facerlles fronte. Así que empurrados polo meu medo forónse organizando atrás miña, mentres me perseguían e me insultaban. Pedinlle axuda a un velliño e logo a un señor maior, pero os dous asubiaron e miraron literalmente cara outro lado, probablemente porque eles coñecían os pais dos túzaros. Ou os propios túzaros.
Ao que cheguei á esquina da rúa botei a correr cara ao coche. E eles tamén. Metinme todo o rápido que puiden, arrinquei, e acelerei mentres golpeaban o coche de alugueiro con todas as súas forzas de nenos de dez anos.
Andei en primeira unhas 300 iardas, ata que puiden respirar. Pero o susto duroume ata ben entrada a noite.


12 Comments to “infancia”

  1. W.sobchak | November 3rd, 2008 at 3:58 pm

    Vaia, sinto moito o mal trago!
    Debe de ser un mal das illa. COnhezo a un tipo que o ano pasado recibiu umha paliza de umha banda de pre-adolescentes para quitarlle o seu i-pod
    Moito ánimo
    Saudinhos!

  2. peke | November 3rd, 2008 at 5:37 pm

    Síntocho ben. Eu non sei o que faría nesas circunstancias.

  3. peke | November 3rd, 2008 at 6:09 pm

    Por certo, tes un meme no meu blog.

  4. alema | November 3rd, 2008 at 6:58 pm

    que mal rollo! :-S
    e por que querían facerche mal? porque si? que idiotas! ánimo!

  5. cesare | November 3rd, 2008 at 7:39 pm

    Pego aquí os consellos dun de Coia, que mos deixou no correo:

      • Nunca te enfrontes a máis de tres persoas.
      • Nunca te enfrontes a menos de tres persoas se consideras que non podes desfacerte dun deles mediante unha rotunda patada nos collóns.
      • Nunca confíes en que se hai balbordo os viandantes van botar unha man.
      • Nunca corras menos que eles. Se te persiguen desfaite de tres ou catro libras que leves no peto… sempre distrae e a fuga sairache ben barata.
      • Se a malleira é inevitable, non fagas tentativa ningunha de permanecer en pé, o máis mortal é unha caída, túmbate e protexe a cabeza, a fin de contas vives diso.
      • Nunca esquezas unha cara dos que te agreden, sempre haberá ocasión de volver encontrarse con el e devolverlle o tratamento.
      • Se sabes usala minimamente leva unha navalla [...] sempre contigo, unha navalla ou un cutter, non vas matar a ninguén con iso, pero márcalle a cara a primeiro dos agresores que poidas, o sangue amedentra moito e, sobre todo, un pavo cun tallo na cara é ben fácil de identificar nunha rolda policial.
      • Como sempre cargas con mochila, podes substituír a navalla por outro artefacto caseiro, lixeiro e contudente. Instrucións: Colle un xornal (a poder ser peninsular, os tabloides británicos son excesivamente grandes). Abre o xornal polas páxinas centrais. Enrólao en diagonal, é dicir da esquina inferior esquerda á esquina superior dereita. Xa está? Dobra un extremo sobre o outro. Dálle un par de voltas con fixo ou cinta aislante. O resultado debería ser unha maza de papel, suficientemente longa para partirlle os buzos a un mocoso a un metro de distancia. O suficientemente lixeira para repetir o golpe numerosas veces sen cansar.

    Estou anodado polo consello de papiroflexia bélica, que conste.

  6. alema | November 3rd, 2008 at 8:22 pm

    fucking violent world! :-S

  7. ferre | November 3rd, 2008 at 9:53 pm

    Mi madriña… non sei se será máis perigoso Escocia ou Coia.
    Coidate moito.

  8. kaplan | November 3rd, 2008 at 11:12 pm

    uff
    eu esquecería os consellos do de coia:dan máis medo que o post. alégrome de que estea ben

  9. Martiño | November 4th, 2008 at 12:06 am

    Pois eu ainda quedei coa gaña de velos pasos a seguir do origami en fotos, “pasiño a pasiño”.

    Só por curiosidade¡, non vaia vostede creer…. ;-)

  10. bouzafria | November 4th, 2008 at 6:59 pm

    Se non fora polo da navalla, o resto dos consellos do de
    Coia parecen interesantes. Pero non contesta a pregunta de qué facer se veñen doce mocosos.

  11. cesare | November 4th, 2008 at 7:04 pm

    Bouzafría, agora xa sabe por que o de Coia chegou onde chegou…

  12. opaco | November 4th, 2008 at 7:30 pm

    ei, síntocho ben, e tomo nota dos bos consellos do de Coia.
    agardo que xa che pasase o susto :/

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans