Peke pásame o meme dos praceres cotiáns. Trátase de seleccionar seis cousas “que parecen non ter moita importancia pero que fan a vida máis agradable”. E eu penso: seis? Seiscentos haicus hai dispostos ao longo do día. Está o haicu de mirar prá cerdeira, está o haicu de ver comer o ferreiriño, está o haicu de entender o meu veciño cando fala, o haicu de cruzar o río, o haicu de pedalear, o haicu de facer a merenda, o haicu de almorzar salchichas, o haicu da auga quente, o haicu da cama, o haicu da tele, o haicu de tes un correo novo, o haicu de poñer a alarma do móbil e pensar no día que virá, o haicu de peidear, o haicu de fregar os cacharros, o haicu de facer abdominais, o haicu de sacar o lixo, o haicu de asexar o que fai a veciña, o haicu de tender a roupa, o haicu de ver como me medran os grelos no planteiro, o haicu de…

Pola contra, a cousa máis odiosa téñoa clara: quedar sen auga quente e sen calefacción na semana máis fría do outono.


One Comment to “praceres cotiáns”

  1. M. | November 5th, 2008 at 2:07 pm

    Non se esqueza hoxe deste sinxelo pracer:

    http://www.rtve.es/mediateca/videos/20081105/primer-discurso-barack-obama-como-presidente-electo-eeuu/331831.shtml

Leave a Comment