Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » palabriña

De todas as palabras dadas, houbo unha moi especial. Unha moi pequena e ao mesmo tempo moi importante. Como unha onda de felicidade sobre unha marea de felicidade.

[...] É a resposta que deron mozos e vellos, ricos e pobres, demócratas e republicanos, negros, brancos, hispanos, asiáticos, nativos americanos, gais, heteros, discapacitados e non discapacitados… Estadounidenses que lle mandaron unha mensaxe ao mundo: nunca serían só unha recua de individuos ou unha recua de estados vermellos e estados azuis… somos e sempre seremos os Estados Unidos de América [...]


10 Comments to “palabriña”

  1. Mario | November 6th, 2008 at 3:22 am

    Confórmase vostede con ben pouco. Como Obama faga tanto caso desa palabra pequena como leva facendo das outras do discurso vainos ir ben.

    Iso sen entrar no precario que resulta o que di do punto de vista da sexualidade e da consciencia racial (polo menos). Discurso politicamente correcto para progres do século XXI. Na dereita europea facíanlle un oco (se a esquerda non o estivese aclamando).

  2. cesare | November 6th, 2008 at 3:39 am

    Prezado Mario, quen se conforma con pouco, coa vella admonición de que contra Bush viviamos mellor, é (intúo) vostede.

    Hai tres formas de facer política: unha é a que consiste en levantar faisquiñas de positividade, de liberdade, de igualdade, nos corazóns de grandes volumes de persoas. Outra consiste en construír un parque prós nenos, en meter un carril bici, en resolver un problema social de integración nunha comunidade concreta. Calquera destas dúas me gusta. E por elas voto.

    E despois está unha terceira forma, que consiste basicamente en non practicar a segunda mentres agardamos que suceda a primeira, pero non a escala de faisquiña, senón de trebón galáctico. E esa non me gusta porque dela nunca vin saír nada.

  3. Mario | November 6th, 2008 at 4:08 am

    Nin contra Bush, nin contra ningún asasino en potencia se vive mellor, iso por diante. Se cadra a diferenza é que vostede está completamente seguro de que non estamos ante un, e eu preciso dalgunha proba máis.

    Tamén daría o meu apoio a eses dous xeitos de facer política e asegúrolle que creo moito menos nos trebóns galácticos do que me atribúe. O caso é que se aspiramos a conseguir os cambios efectivos, aínda dun xeito progresivo, é fundamental non pasar nunca pola compracencia ou o conformismo. As pequenas palabras afástannos das grandes. As boas intencións engaiólannos para que non esixamos as intencións xustas. Podería citar, sen pensar moito, a tres colectivos que faltan dese discurso, e que son tan importantes numérica e simbolicamente como os outros (algúns mesmo máis). Poderiamos pensar se algúns dos citados van ter sequera garantidos os seus dereitos civís básicos. Mesmo poderiamos pensar por que non se menciona ás víctimas da política estadounidense no Oriente, que son as que máis esperanza poñen en Obama, porque lles vai a vida (literalmente) niso.

    Nin son tan humilde, nin ningunha desas comunidades merece tanta humildade como para alegrarse por isto.

    Insisto: coñezo a decenas de políticos da dereita europea que se apropiarían dese discurso sen o menor problema.

    En calquera caso non o culpo por ilusionarse polo cambio. Quen fose capaz.

  4. cesare | November 6th, 2008 at 4:21 am

    Dende logo hai palabras que a min me faltan.

    Por se lle queda algunha dúbida do meu nivel de autocompracencia, recoméndolle a lectura deste artigo:

    “Se me preguntades se abondará con isto pra superar todos os obstáculos aos que agora se enfronta o país, con toda honestidade e imparcialidade teño que admitir que o dubido moito. Pero podemos ter espranza, e debemos tela”.

  5. cesare | November 6th, 2008 at 4:24 am

    Ah, e con respecto ao dos asasinos en potencia… remítome á frase común: a ocasión fai ao ladrón.

    Nas mans de quen poría vostede con tranquilidade o joystick do botón vermello?

  6. Mario | November 6th, 2008 at 4:47 am

    Sen dúbida nas maos de alguén que crea que ninguén debe ter un botón vermello.

    Non quero extenderme explicando o irreal e desfasado que me parece o de post-étnico, non sexa que nos enleemos no conto de non acabar da vixencia da posmodernidade. En canto ao resto, pois vaia, eu pensei que vendía polo menos un proxecto básico. Resulta que só vendía esperanza, se cadra a máis perigosa das mercadorías.

    De todos xeitos é inútil discutir, o tempo dirá. (E nós que o vexamos).
    Sempre é un pracer levarlle a contraria.

  7. cesare | November 6th, 2008 at 4:49 am

    Neste caso nin a contraria nos levamos, creo… :) Un pracer, sen dúbida.

  8. cossimo | November 6th, 2008 at 5:25 pm

    “Somos una unidad de destino en lo universal”.

    E por certo, dende cándo Obama é negro?

  9. cesare | November 6th, 2008 at 5:28 pm

    Dende que os demócratas brancos de Alabama prefiren votar a McCain antes que a un negro…

  10. cossimo | November 6th, 2008 at 5:59 pm

    Ten razón. Mesmo haberá xente que teña votado a Obama por socialdemócrata.

Leave a Comment