1. luanda
A pailaroca que nos presenta o filme, como é tan pailaroca como francesa, transmítenos a súa preocupación. A ela gustaríalle que un filme sobre angola fose máis cru, que reflectise dun xeito máis realista a pobreza, a falla de garantías democráticas, a dor da posguerra e a corrupción. Se eses son os africanistas, temos un grave problema. Porque O heroe, de José Gamboa, non é só un filme cru, que fala da pobreza, da desigualdade e da carencia democrática. Tamén fala de amor, e é tenro e fermoso como as vistas aéreas sobre luanda ou a música de tito paris. E implícito sen ser oculto, cru sen ser desagradábel.

2.  pais
A estación seca e O pai son case o mesmo filme, partes complementarias da mesma historia. O pai é anterior, pero está mellor acabada, cun preciosista coidado da beleza. Nótase que neste caso o chadiano Mahamat-Saleh Haroun tivo máis prata. Pero os dous contan a mesma historia da busca dun pai e dunha familia en destrución. N’A estación seca faino a través da vinganza. N’O pai, mediante o abandono. E este Pai, aínda que desfiaña un pouco contra o final, non é só un filme recomendábel. É máis ben un filme imprescindíbel.

3. medos
E despois dun par de documentais non demasiado interesantes nin demasiado ben feitos sobre os bosquimanos, pasei a unha proxección digna de estar na historia do cinema friki. Dust Devil (1993), que poderiamos traducir por remuíño no deserto ou por diaño de pó, segundo vaiamos a un lado ou a outro da escada máxica, foi o segundo filme de Richard Stanley, un sudafricano branco con look sepultura, fillo dunha antropóloga. O resultado é unha road-movie de terror polo deserto de Namibia, con reflexión sobre o desexo de morrer incluída. Francamente divertida, ofrece unhas imaxes dunha sala de cine invadida de area do Kalahari que moitos cinéfilos non poderán borrar endexamais. Dende aquela Stanley non fixo máis películas.


3 Comments to “heroes”

  1. Martin Pawley | November 9th, 2008 at 11:38 pm

    Fágame sitio, que o ano que vén vou para alá: o festival Africa in Motion ten unha pinta estupenda. Non lle vin a Mahamet Saleh-Haroun máis filmes que “Daratt”, que inexplicabelmente non tivo distribución en España malia o seu premio en Venecia (sospeito que a de Haile Gerima que gañou este ano tampouco chegará ás salas peninsulares). Non terá vostede man para pedir uns DVDs? ;-)

  2. cesare | November 9th, 2008 at 11:41 pm

    Ben, algo xa fixen, :)

  3. ifrit | November 25th, 2008 at 1:02 pm

    Eu a todas non me apunto, mais esa de Dust Devil… :D ;)

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| Cialis name cheap Gemeric cialis viragra viagra pfizer status 365 pills viagra professional Buy levitra soft best price for viagra Buing levitra cheapest viagra canada viagra paypal levitra erection penis viagra prices walmart levitra supplied as Cialis perscriptions levitra de Canada cialis onlineBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans