O plan era ir ver Huntly. Eu tiña que facer un traballiño aló, e podiamos aproveitar o sábado pra pasear e ver mundo. Cando chegamos á vila logo de máis de tres horas de condución, descubrimos que en Huntly xa estiveramos e non o lembrabamos, e tamén que todo estaba perfectamente nevado como agoiraran as predicións. As dúas ducias de casas de Huntly, as dúas rúas, a praciña onde cruzan e o camiño que baixa cara ao castelo, estaban correctamente nevados. Sen estridencias nin disrupcións. Só cunha lambida de frío. Fixen o que tiña que faguer e Barataria e mais eu puxemos proa cara á casa. Xa non quedaba moito prá noite, e había que ir bulindo.
Como o camiño de volta pola estrada principal, que caía ata aberdeen e logo seguía pola costa, xa o coñeciamos da ida, optamos por coller unha comarcal entre as montañas: era menos distancia e íanos meter por paisaxes verdadeiramente nevadas, que nese momento da tarde brillaban ao sol e ao relente. Así guiamos unhas dez millas, por unha estrada cómoda e retorcida, escoltada de murallas de neve nas gabias. Pero nunha revolta do camiño todo mudou: a neve cubría xa todo o firme, as rodas comezaban a esvarar, e no horizonte, aló por onde tería que coarse a nosa estradiña entre as montañas, había un gran folerpón que se estendía dende o ceo ata o chan, sen fronteiras, sen fendas, sen visibilidade. A mellor opción era sen dúbida dar volta, pero virar na entrada costenta dun camiño foi sen dúbida a peor. O cochiño entrar entrou, pero non quería saír. Había unha cuarta de neve e lama, e esvaraba marcha atrás. Comecei a viralo pouco e pouco, pra tentar saír de fronte, e supoño que nunha desas manobras empezamos a berrar. O coche non saía, a noite achegábase, cada vez nevaba máis e había moito que non pasaba ningún vehículo pola estrada. Máis aceleróns, máis primeira, pero o coche esvaraba e esvaraba sen control. Dinlle ferro a fondo e puiden achegalo, pero aínda quedaba un metro, o máis costento e enlamado, que non dabamos resolto. Mans á neve, comezamos a escavar unhas rodeiras. Tiñamos o tempo en contra porque a neve caía case tan rápido como nós a sacala, pero ao final, pisándolle a tope, o coche choutou de novo ao asfalto.
De camiño, mentres descorriamos as dez millas ata huntly e mentres tentaba manter o coche polo medio da estrada e non envorcalo nunha gabia, tentaba lembrar unha cousa desas fundamentais da vida: nestes casos é mellor arrincar en segunda, verdade? Prégase confirmación ou rexeite.


4 Comments to “atrapados”

  1. opaco | November 23rd, 2008 at 11:06 pm

    pois si, a falta de cadeas ou rodas de inverno (M+S) ou 4×4, mellor en segunda;

    en neve ou xelo, coa marcha máis larga posible e moita suavidade; desde parado e en primeira é moita potencia a transmitir a unhas rodas con pouca adherencia

    isto deberiamos telo aprendido todos nunhas desexables clases de educación vial na escola :)

  2. cesare | November 23rd, 2008 at 11:12 pm

    Incluso cando sacamos o carné… :) Pola contra, aínda hoxe sei canto é o largo máximo (en cm) dun vehículo de transporte de presos por territorio nacional. :)

  3. peke | November 24th, 2008 at 6:58 pm

    Poiss infórmome agora, meus. Menos mal que por estes lares non hai moita neve. ;)

  4. HARPOMEIRA | November 25th, 2008 at 2:18 pm

    din que si que é mellor arrincar en segunda. Pero qué envexa de situación! Qué bonita a neve, os lugares, incluso quedar atascado nas cunetas estranxeiras!! qué guay. A neve é máxica.

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans