Falando cun rapaz que agardo que apareza axiña por aquí, soltoume esa frase tan estraña e desacougante de “o sexo, sen algo máis, non vale de nada”. O que me aqueloutra é saber a qué se referirán con ese “algo mais”, de qué se trata exactamente, e sobre todo qué lles impide atopalo na fodaina, por moi aleatoria que esta sexa.
Remoendo nesas collo o coche e vou ata embiburgo pra ver a Wiesbaden, un rapaz alemán que traballa de enfermeiro (tag:nurse xa!) e que estuda psicoloxía clínica. Non foi de chegar e encher: falamos un bo pedazo, xogamos co gato Fido, bebemos un viño rosado… Deulle tempo a despregar todo o abano de tópicos: é imposible que sexas gai e non che guste madonna, os gais non deberiamos adoptar porque somos un pésimo modelo de comportamento, ou non sei por que hai que estar orgulloso de ser gai. Resultaba tan cansino que me entraban ganas de arrincar. Pero era miralo ben, mirar prá barra de facer bíceps que tiña chantada no marco da porta e virme a sensatez: este chaval loiro, moldeado milimetricamente, preciso en todos os seus tecidos, estaba moi por riba das miñas posibilidades. Así que despois de contarme a historia do seu avó polaco no campo de concentración, de poñerme cancións de la oreja de van gogh porque son españois e de dicirme que hitler foi malinterpretado polos seus seareiros e que el non quería realmente matar na xente, puxémonos a foder.
E mentres me chovían un par de galóns de proteínas, seguía a remoer nese “algo máis”: hai milleiros de motivos pra liscar do choio coa pirola na boca, pero non se me ocorre ningún pra dicir que foder é un acto baldeiro.

estou de acordo co rapaz que cita… foder por foder is not cool. chámeme aburrido, clásico e antigo…
Xesuscristo Alema, cantas veces vostede fodeu por foder? Eu fálteme noso señor se houbo unha vez soa na miña vida que fodese por foder.
Que é iso que esperan atopar e non atopan? Que é iso que buscan? Como se chama?
Baldeiro non, que lle choveron un par de galóns de proteinas enrriba…
Súmome: foder por foder is not cool.
Poden definir, por favor, “foder por foder”?
Foder por foder: Bótelle unha ollada ós zapatos de agulla e a esas luvas da imaxe da blogue de Verbas. Só invitan a foder por foder… máis se houbera “algo máis” eu chamaríalle ¡matrimonio xa¡¡
Daquela, pra que foder sexa cool ten que haber antes ou no horizonte un matrimonio??
Ainssss¡¡¡ Topei con un muro¡¡¡
Non precisamente un matrimonio, ainda que eu penso que só a palabra FODER xa lle da sentido o que vostede expresa. A miña cadela FODE canto pode e cando a natureza lle “obriga”, as vacas da miña aldea non saben porque pero montan unha enriba doutra porque algo “de dentro” lle incita a facelo, FODE como un tolo e iso sí, cando pode, o meu gato…. máis eu FODO tamén se me deixan (cousa difícil non vaia vostede creer, e coido que non é porque a “mercadoría” que ofrezo para FODER non mereza a pena… pero …… tal vez EU e o MEU PARECER a das luvas, sen chegar o matrimonio, faríalle ou mellor FARÍAMONOS O AMOR <;-)
ÑASLDJFWIERksdfpligasljfalñsjf….agggggggggggggg. Xa non sei o que digo pero sí o que sinto
o das Verbas e eu sempre fodemos
O.O,, mecacho¡¡¡¡ e eu con tantos remilgos……. cagondiola¡¡¡¡
enfermeira, tampouco ten por que vir por aquí pra darme envexa…
:)
Nunha cita atribuída a Woody: “Sex without love is a meaningless experience, but as far as meaningless experiences go, it’s pretty damn good.”
Ahí queda
E antes de que xurda calquera acusación de blandurrio, responderei con outra cita do mesmo autor:
“Is sex dirty? Only if it’s done right.”
foder por foder = foder “sen sentimento, só por atracción sexual”, para entendérmonos.
[cesare, por certo, onde hai un feed dos comentarios en astuasbalas.com?; i don't find it
]
[de todos os comentarios, i mean]
perdón
Sen sentimento? E por que non lle pon vostede sentimento?
E grazas, Spav: “Is sex dirty? Only if it’s done right.”
eu só viña a deixar o rss dos comentarios: http://astuasbalas.com/comments/feed/
non salpiquen, grazas
lol lol, opaco…
thank you
non se lle pode dar sentimento a quen non se coñece
that’s what i think
Ben, eu tiven unha boa educación cristiá e aprendín que había que darlle amor a todo o mundo.
Abandonado xa o cristianismo, sigo pensando que estamos aquí pra facer o ben, e que nese sentimento de bondade, de ‘caritas’, está nos postos máis altos zugala como cómpre.
[...] Leia mais direto na fonte: astuasbalas.com [...]