Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » chapuzas
Un dos aspectos máis desacougantes da cultura británica é a rectitude moral que leva á delación. Así, non deixa de ser arrepiante un programa como Rogue Traders, que busca acabarlle coa vida persoal, social e laboral a fontaneiros, cerralleiros, carpinteiros e electricistas que non traballan ao xeito. Sería un formato así exportable a Galicia?
Sigue lendo este post no Teleclube»

27 Comments to “chapuzas”

  1. cossimo | December 4th, 2008 at 11:04 pm

    E para cándo un programa deste tipo para xornalistas que non traballan a xeito (o 99%? E para primeiros ministros responsabéis de matanzas indiscriminadas?
    Si, unha rectitude moral que te cagas.

  2. cesare | December 4th, 2008 at 11:14 pm

    Proletarios do mundo, estade tranquilos, que xa anda por aquí Cossimo pra protexervos…

    Os primeiros ministros responsábeis de matanzas indiscriminadas están suxeitos ao control das urnas (non en Cuba, China ou Corea do Norte, é verdade). Os xornalistas adoitan ter un xefe, que os controla.

    Pero os autónomos son iso, autónomos. :) Ou sexa, e se me permite esta suxa palabra, empresarios.

  3. cossimo | December 4th, 2008 at 11:58 pm

    E non lle parece que o control das urnas como vostede lle chama é unha pena ben leve. Quero dicir, un primeiro ministro que mente, prevarica, declara unha guerra ilegal e mata a miles de persoas tamén debería ir ao caldeiro, non si? Con máis motivo ca un fontaneiro sen licenza, digo eu, ba.
    Aos da BBC tamén se lle puido ter ocorrido instalar ducias de cámaras ocultas aquel ano nos Açores, non lle parece?

    “Os xornalistas adoitan ter un xefe, que os controla”
    Xa, pero eu quero que vaian investigadores infiltrados deses ás reunións dos equipos de redacción do Channel 4 ou de Telecinco se queren. E logo denuncia nos tribunais, of course.

    E, por certo, a ironía non lle senta nada ben. É vostede demasiado bo rapaz.

    Soalle a expresión “supervivencia aumentada”?

  4. Chimpín | December 5th, 2008 at 12:03 am

    Copio e colo o comentário que deixei no teleclube:
    Este programa é un dos protagonistas do primeiro capítulo da terceira tempada da série The I.T.Crowd que se emite actualmente no Channel 4 por eses lares.

  5. cesare | December 5th, 2008 at 12:26 am

    A cossimo: non non me soa esa expresión… :)

    Que eu saiba a mentira, que foi o único probado, non é delito no seu país (nin no meu). Pero penalízanse igual que se penalizan os cerralleiros: quedan sen traballo e sen a confianza da xente.

    Con respecto á presunta prevaricación, á presunta declaración ilegal de guerra e ao presunto asasinato de milleiros de persoas, debería vostede ir aos tribunais. Por que non o fai?

  6. cossimo | December 5th, 2008 at 12:50 am

    Ui! ten razón. Mentres non haxa cámaras…todos somos PRESUNTOS.

    A mentira provocou a guerra que, a súa vez, provocou o asasinato de miles de persoas. Coa súa PRESUNTA complicidade.

    E marcho a dormir que a súa bonhomía despreocupada resulta un pouco cansativa. Para un comunista intelectualmente anulado polos dogmas, quero dicir.

  7. cesare | December 5th, 2008 at 1:26 am

    Non sei qué pensa un comunista sobre as leis físicas, a verdade, pero a mentira non provocou a guerra. A guerra provocouna unha decisión política, non unha mentira. E se hai guerra non hai asasinato de milleiros de persoas. Hai guerra.

  8. Bradomin | December 5th, 2008 at 11:12 am

    Guerras e comunistas cansados aparte, e moi bo progama, se temos en conta a cantidade de fontaneiros e electrecistas chapuceiros que hai polas illas britanicas (e se cadra tamen ala). Se lle axuda a unha vellina espabilarse no intre de contratar a un albanil etc, pois pena pagouna. Ou non?

  9. Dacosta | December 5th, 2008 at 12:49 pm

    Exportable? Haha. Creo que non. Os británicos somos así.

  10. Bradomin | December 5th, 2008 at 1:37 pm

    Peores programas hai. Estilo “Operacion Triunfo” que gostan dunhas linas telefonicas que cobran unha ostia por poder votar que “si” polo parvo do momento. Baratos de producir, super rentabeis, e sen ningun sentido educativo nin minimamente valoroso. Amais, mandan os programas de calidade a merda (os documentais, o drama). Creo que hai chapuceiros por todos lados, ata na Galizia, e por eso si que se poderia exportar, se as loiras de bote da tele da mana ala deixan algo de sitio… :)

  11. cossimo | December 5th, 2008 at 5:12 pm

    cesare, a súa retórica tamén é unha chapuza. A decisión política como vostede lle chama basesouse nunha grannnnnnnnnnn mentira previa. E a guerra foi unha decisión unilateral, ou sexa, unha invasión homicida.

    Centrándonos no tema: cómo é posíbel que alguén defenda o linchamento mediático dos individuos (e dame igual que sexan electricistas, pedófilos ou terroristas? Onde están os dereitos democráticos que vostede tanto defende de boquilla? Qué merda de comunidade se pode construir coa “espectacularización” de todos os aspectos da convivencia? Cómo é posíbel que a cadea pública supostamente máis respetábel do mundo se preste a semellante aberración? E de onde sacarían os seus salarios millonarios os presentadores do enxendro se non houbese delincuentes a quen cazar?

    Estea alerta! Vostede pode ser o próximo.

  12. cesare | December 5th, 2008 at 5:37 pm

    1. O da guerra. A decisión política non se baseou nunha mentira. Tanto se esas persoas que tomaron esa decisión crían que había armas de destrución masiva (daquela non mentiron, só se trabucaron) como se sabían que non as había (daquela mentiron), a mentira non baseou nada. Foi posterior á decisión de invadir un país.

    Por outra parte, debería repasar os seus apuntamentos de dereito internacional: hai moitas cousas legalmente reprobábeis na actuación, pero non confundamos guerra con asasinato, porque non o é. Aínda que despois, no transcurso da guerra se producisen asasinatos, execucións sumarias, vítimas civís, etc. Pero cadaquén que cargue coa súa culpa, que xa bastante grande é, sen ter que levar enriba dos ombros a dos demais.

    2. O linchamento. Parece que vostede non leu o meu post. Cualifico a delación de arrepiante. E desacougante. Pero tamén é verdade que os acusados sempre teñen ocasión de defendérense e de explicárense diante das cámaras. E nos episodios que vin non o fan porque… porque non hai como explicalo.

    3. Que manía teñen vostedes, os conservadores de esquerda, coa pasta. Se non existisen delincuentes aos que cazar, os presentadores dedicaríanse a outra cousa porque na televisión pública británica non hai funcionarios.

  13. cossimo | December 5th, 2008 at 6:06 pm

    What the fuck are you talking about?

    1. Os seus intentos de xustificar o inxustificábel prodúcenme un noxo infinito.

    2. As persoas, nun estado democrático, non se teñen que defender diante das cámaras. Repase a Constitución, se é que algunha vez a leu.

    3. Que teima teñen vostedes, os liberais iletrados, cos funcionarios. Se non existisen postos a perpetuidade nos que vivir do conto, os empregados públicos adicarianse a outra cousa como,…tertulianos ou leitores en universidades estranxeiras.
    E, por certo, Gayoso tampouco é funcionario.

  14. cesare | December 5th, 2008 at 6:26 pm

    1. Non se confunda. Non xustifico nada. Pero enzafarallando, mesturando, atrapallando e mentindo non se gaña nada. É moi probable que houbese delitos naquelas actuacións, e espero ter ollos pra ver a xustiza actuar se fose así. Pero tentar confundir a nosa moral coa xustiza é perigoso; é máis, perdemos o punto.

    2. Aghasús: vostede defende a Constitución… Efectivamente é certo. Non teñen por que. Tampouco teñen por que pedir depósitos por pezas que non van cambiar, nin estripar instalacións de gas sen ter a licenza (e nos casos que vin, o coñecemento) de facelo. Máis sen estar obrigados fano.

    3. Oh, créame que é algo máis ca unha teima. Non son capaz de verlle a rendibilidade social ao funcionariado: por que é positivo que haxa persoas que cobran a perpetuidade tanto se pegan pancada como se non? Quizais o feito de que Gayoso non sexa funcionario é o que o fai tan rematadamente bo no seu: que ten que mellorar, que ten que superarse.

  15. cossimo | December 5th, 2008 at 6:40 pm

    1. Eu mato o meu veciño. Vostede, que é tan mesurado, dille á xente: Coidado! Non lle chamades asasino! É probábel que haxa delito na actuación de cossimo e se así for, espero ter ollos pra ver a xustiza actuar. Mentres tanto, non confundades a vosa moral coa xustiza. É moi perigoso!
    2. É vostede o que perde o punto. Lea “A sociedade do espectáculo” de Guy Debord.
    3.Whatever!

  16. cesare | December 5th, 2008 at 6:45 pm

    1. Ah, entón estabamos falando de persoas distintas, claro. Eu non sei vostede matou un veciño, porque non o vin, pero vostede di que si, así que teño razóns pra crelo. Pero sabe vostede se esas persoas das que falamos mataron alguén? ten probas? Sabe vostede que calumniar sen probas é delito?

  17. cossimo | December 5th, 2008 at 7:00 pm

    Por se lle interesa, Milosevic nunca disparou a ninguén.
    Supoño que antes de que o xulgasen na Haia, era un presunto homicida. Pois iso.

  18. cossimo | December 5th, 2008 at 7:02 pm

    Ah, que me esquecía! Hai que estar moi fumado para dicir que Gayoso se supera, innova. Pero se leva 20 anos facendo o mesmo, homededios!

  19. cesare | December 5th, 2008 at 7:06 pm

    Creo que vostede veu pouco Luar. :) Gustaríame que me trouxese as esmorrentes cifras de audiencia. :)

    Milosevic estaba na Haia pra ser xulgado por cometer un crime de guerra (é dicir, non respectar as leis internacionais de guerra), non por ser un asasino. Se os tribunais entenden que algún dos dirixentes occidentais violaron o código bélico internacional, espero que actúen. E rápido.

  20. cossimo | December 5th, 2008 at 7:20 pm

    Ou sexa, Milosevic non era un asasino. Era un qué? Un simple infractor das normas da “”"”"”"”"”"”ética bélica”"”"”"”"”?

    Está claro que ninguén ten o talento de Gayoso. E logo esa vida! Tres esforzadas horas á semana para arrincar… cánto do erario público? 1.500 euros ao mes. Pobre home! Qué culpa terá el de gustarlle á xente!

  21. cossimo | December 5th, 2008 at 7:21 pm

    E Gayoso si que é un funcionario. Sen toma de posesión iso si. Pero o choio teno asegurado de por vida. Mire na hora na que llo digo.

  22. cesare | December 5th, 2008 at 7:32 pm

    Pero mire que é liante, por non chamalo terxiversador. Non dixen que non fose un asasino. O que dixen é que non o acusaban de asasinato.

    Tres horas á semana??? Lol lol lol lol… :)

  23. cossimo | December 5th, 2008 at 7:37 pm

    Pero qué coño di? Para vostede a vida das persoas redúcese a unha simple cuestión semántica ou qué?

    - Acusación actual. La presente acta de acusación responsabiliza directamente a Milosevic de la ejecución de 340 albanokosovares, de edades comprendidas entre 2 y 95 años, así como de instigar y planear la limpieza étnica en Kosovo y provocar la deportación de 740.000 albanokosovares a lo largo de 1999.
    - Acusación futura. Al ex dictador serbio no se le imputan aún delitos de genocidio, pero la fiscal dejó ver ayer que su intención es trabajar para que así sea. Dijo que hay en curso una investigación sobre nuevas atrocidades en Kosovo y la intención de ampliar el sumario a impunidades cometidas en Croacia y Bosnia.
    http://www.elpais.com/articulo/internacional/Milosevic/sera/juzgado/crimenes/guerra/Kosovo/Bosnia/Croacia/elpepiint/20010630elpepiint_2/Tes

  24. cossimo | December 5th, 2008 at 7:41 pm

    E Pinochet, por qué debeu ser xulgado Pinochet? Por infrinxir as normas do estado democrático?

  25. cesare | December 5th, 2008 at 7:49 pm

    Teño que recoñecer que me sorprende que asuma os cargos contra Milosevic como realidades, aínda antes de seren feitos probados, :) Onde o leva a súa capacidade dialéctica! Se está entretido pode ler toda a actividade xudicial aquí: http://www.un.org/icty/cases-e/index-e.htm

    Execución ilegal con todo, segue sendo distinta de asasinato. Vostede cre que Aznar ordenou executar civís? Ten probas que o demostren?

  26. orsinia | December 5th, 2008 at 11:41 pm

    Un estupendo artigo sobre os funcionarios. Non aparece Gayoso: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Nadie/quiere/funcionarios/elpepuespgal/20081202elpgal_12/Tes

  27. cesare | December 6th, 2008 at 12:38 am

    Bravo por Antón Losada, orsinia… !! Aínda que eu estea en contra do funcionariado, o artigo moluna 1000

Leave a Comment