Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56
As túas balas » Blog Archive » couces

Teño dous bos amigos traballando na Voz de Galicia. Dúas persoas que admiro, que sigo, e polas que ademais teño un deses cariños que fai que broten as súas lembranzas mercando no súper ou paseando por cidades estrañas.
Iso non me impide dicir que a empresa prá que traballan é do peor que existe en Galicia. No delito de hoxe acusan de prevaricación non só a consellería de Industria, senón tamén a construtora que promove un xornal que lles quere facer a competencia. Pra esa acusación tan importante baséanse en “fuentes próximas a las negociaciones que San José mantiene con los bancos” (e por máis que busco nos manuais de xornalismo non atopo esas “fontes próximas sen identificar” entre as fiábeis pra facer unha acusación tan seria). E con isto non defendo nin o concurso eólico nin moito menos o novo xornal: nestas guerras ficticias non todos somos soldados.
O comportamento siciliano da Voz con persoas, empresas e, en particular, coa administración pública (con todos nós, xa que logo), é tan repulsivo que só pode esvaecer ao lado dos delirios de grandeza do seu editor. Grazas á chantaxe sistemática á administración (da cor que sexa) chegouse a un ecosistema de ruindade e manipulación entre o goberno e os medios de comunicación que coloca ese país no límite do que o mundo civilizado entende como réxime democrático.
Hai moito que o borrei da lista frecuente de xornais, e só entro nel moi esporadicamente e por razóns profesionais. Hai infinitas razóns pra non facelo nunca.


29 Comments to “couces”

  1. W. Sobchak | December 6th, 2008 at 2:08 pm

    eu tamén hai tempo que borrei da lista de marcadores a lavoz. E como non tenho obrigas profesionais, pois como que non existe para min.

    Por certo, algunha vez escoitei por accidente algumha tertulia en Radio VOz… mi madrinha que cousa mais pretenciosa e provinciana!

  2. cossimo | December 6th, 2008 at 2:37 pm

    Ten vostede probas do comportamento siciliano da Voz? E da suposta chantaxe sistemática á administración? Se supón que a mentira, tanto no caso dos cerralleiros como no dos xornalistas, penalízase coa perda da confianza da xente e do posto de traballo; por qué entón a Voz segue a ser o xornal máis lido? Dadas as súas graves acusacións debería vostede denunciar a Voz perante os tribunais; por qué non o fai? Sabe vostede que calumniar sen probas é delito?

  3. cesare | December 6th, 2008 at 2:48 pm

    Estou, por unha vez, completamente de acordo con vostede.

    1. Do comportamento siciliano que menciono hoxe, as probas están á vista (quero dicir, ligadas).
    2. Do sistematismo deses comportamentos teño unhas probas relativas. Pero publicacións como Tempos Novos fartáronse a publicar probas deses comportamentos. Non falo de nada que non fose xa publicado aí, por exemplo (non accesible en internet, ou non atopado por min). Con todo, quen debería acudir á xustiza son as vítimas desas prácticas, non eu.
    3. A Voz segue a ser o xornal máis lido porque, ou ben os seus lectores non son conscientes desas prácticas, ou ben non consideran que esas prácticas sexan suficientes como pra retirarlle a confianza.

  4. cossimo | December 6th, 2008 at 3:00 pm

    1. Como moito nas ligazóns hai un suposto delito de calumnias, non un comportamento mafioso. Xa sabe, non é o mesmo unha execución ilegal ca un asasinato.

    2. O que necesitamos é unha proba fehaciente (conversación gravada ou algo así) na que quede patente que o editor da Voz suborna ou chantaxea o conselleiro.Teño que recoñecer que me sorprende que asuma os cargos contra o tal Santiago Rey como realidades, aínda antes de seren feitos probados polos tribunais.

    3.Quere dicir do mesmo xeito que vostede non é consciente de que Blair é o responsábel da morte de milleiros de inocentes?

  5. cesare | December 6th, 2008 at 3:31 pm

    Pero mira que terxiversa… Eu non acusei o editor máis ca de “delirios de grandeza”.

    Eu son consciente de que Blair tivo unha política exterior arrepiante e de que, se puidese votar nunhas eleccións a Westminster, non o faría por el.

    By the way, discutir por discutir está ben, pero que quere conseguir vostede con isto?

  6. orsinia | December 6th, 2008 at 3:43 pm

    Delirios de grandeza dun editor? Darlle un cobadazo ao contrincante canto está a piques de saír? Iso pasa nas mellores familias e nos países máis civilizados do mundo, e de momento non está tipificado no código penal. :D Farao Gómez e farano todos os que poidan, en canto lles apareza a mínima “fonte próxima ás negociacións”. E os acusados, que se defendan.

    O suposto comportamento mafioso é algo das altas instancias que só se pode facer cando tes poder e vendes moitos xornais. E para vender moitos xornais hai que saber facer moitas cousas que non teñen nada que ver cos intereses das altas instancias. Efectivamente, aos lectores da Voz tanto lles dá que o editor malle en San José ou na Cidade da Cultura. Bueno, haberá moitos que tamén o aprecen. Pero en xeral a xente que merca ou le a Voz faino por outros motivos. Esperemos que o novo xornal sexa capaz tamén de gañar a atención do público, porque se non os xardíns nos que -seguro- se vai querer meter hanlle valer de ben pouco (acórdese dos ridículos intentos por afundir o Banco Pastor en Xornal.com).

  7. cesare | December 6th, 2008 at 3:50 pm

    Completamente de acordo, orsinia. O triste é que ese post podería titularse de moitos outros xeitos, e que cando baixamos no número de lectores a sensación de ridículo aumenta.

  8. cossimo | December 6th, 2008 at 5:20 pm

    Mira que é trapalleiro! Vostede acusa a Voz de mafiosa e de chantaxista. Quén é entón o “voceiro da Voz” que leva a cabo tales prácticas? O director? Un redactor? Quen queira que sexa, o importante aquí é que vostede demostre o suborno e a chantaxe.

    O que intento demostrar é que vostede non ten nin idea do que fala. Nin siquera é quen de percatarse nas contradiccións nas que incorre constantemente. Vostede surfea a realidade porque carece, en absoluto, das ferramentas necesarias para analizala. É o que pasa cando un vive na pura anécdota. O que ninguén pode negar é que vostede é un home moi do seu tempo.
    E non se preocupe que co seu permiso vou ocupar o resto da tarde en ver cousas coma ésta.

  9. cesare | December 6th, 2008 at 5:23 pm

    lol lol lol lol… :)

  10. cossimo | December 6th, 2008 at 5:37 pm

    punch, punch, punch…

  11. cesare | December 6th, 2008 at 5:49 pm

    Non, cossimo, :) Surfeo a realidade porque a realidade pasa tan rápido que se me parase a analizala coas súas ferramentas, cando chegase ao fondo o mundo xa estaría en 2117.
    Que é o que lle pasa a vostede, :)

    As probas deses comportamentos xa foron avanzadas e publicadas (e cito), co cal non estou dicindo nada novo, nada que non practiquen os demais medios, e nada que non sexa sabido e admitido polo propio DOG. O único novo é o “cobadazo” no estómago, como o define Orsinia, que foi o de hoxe. Algo que, por outra parte, ben á vista está.

    Pero se vostede quere facer punch, punch, punch, adiante… que teño bo lombo pra levalas.

  12. cossimo | December 6th, 2008 at 5:59 pm

    Non teño máis nada que engadir. Para vostede non hai que estudar a Aristóteles porque o tipiño ía demasiado ao fondo do asunto. E non, non me estou comparando con Aristóteles. Lembre que aquí o demagogo son eu.
    En fin, vanitas, vanitatis.

    E o punch, punch, punch non tiña nada que ver con mallar en vostede. Era unha réplica inane as súas inanes ocorrencias.

  13. Martiño | December 7th, 2008 at 2:19 am

    Ondia¡¡¡¡ Cossimo, excítame máis vostede que as fotos da bitácora de Verbas.

    Césare: punch, punch, punch… JAJJAJAJJAJJAJJAJJAJAJJAJA.
    Muaccc, non se ofenda

    Martiño

  14. Martiño | December 7th, 2008 at 2:24 am

    “Ese inofensivo punto canalla garantiríalle mogollón de leitores petit bourgeoise”

    lol,lol,lol……..

    Non podo máis, ainssss… vou o retrete a “darme un gustazo”, non levo enriba panos de papel

  15. bouzafria | December 7th, 2008 at 2:31 am

    A Voz de Galicia hai tempo que perdeu a sutileza nos ataques e nas defensas: na hemeroteca podemos comprobar o cambio de rumbo no asunto do Prestige, a defensa escandalosa pro Ventura Pérez Mariño ou o ataque feroz (non sen motivos)a Abel Caballero. Máis exemplos do maniqueismo: Cidade da Cultura, Lendoiro…
    Nótase flagrantemente que son campañas premeditadas. O resultado: pérdese a credibilidade, aínda que nalgún caso ( só nalgún) no fondo teñan bastante razón.

  16. arume dos piñeiros | December 7th, 2008 at 1:48 pm

    De todas maneiras, se hai xente que avala os seus créditos sobre as concesións futuras da eólica é problema dos bancos aceptarlle os avais. Ou é que queren insinuar (he, he) que San José xa as ten apalabradas ou aseguradas.
    Que interese ten a voz no porto exterior da coru, a escandalosa obra da que ninguén fala?

  17. willy | December 7th, 2008 at 1:51 pm

    o que está claro é que se o novo xornal está á altura da lamentable campaña publicitaria que desenvolveron estes días entón imos apañados…

  18. cesare | December 7th, 2008 at 2:56 pm

    lol lol lol willy…
    vostede que xornais merca? que xornais le?

  19. Calidonia | December 7th, 2008 at 3:14 pm

    Subscribo todas as acusacións veladas ou transparentes que Cesare fai contra La Voz de Galicia e o seu Presidente.

    Me la sudan as probas, cossimo, eu xa as vivín en primeira persoa. Agora ben, se pensa que por iso vou denunciar a un medio de comunicación como La Voz en Galicia, ou denunciar a un Deputado que acusa con falsidades en sede parlamentaria, ou denunciar a un blogueiro anónimo (sé donde vives muchacho ;-) ) por defender a La Voz vai Vostede de cu, costa arriba e contra o vento.

    É o que di orsinia, a acusación infundada forma parte desta civilización.

    Así nos vai.

  20. Calidonia | December 7th, 2008 at 3:18 pm

    Arume, detrás do Porto exterior da Coruña (top #1 de corrupción en Galicia, onde o top #2 é Reganosa eo #3 o sector louseiro) están ademais de La Voz, o PP, Pérez Varela y sus compinches: http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2639_2_158815__A_Coruna_/_Metro-relaciones-publicas-puerto

    Willy, coincido en que a campaña de Xornal de Galicia é unha boa idea (non moi boa) que plasmaron mal (non moi mal).

  21. cossimo | December 7th, 2008 at 5:27 pm

    Ai de verdade, Calidonia, pero vostedes qué nota sacaron no comentario de texto da selectividade?
    Faga o favor de ler o post chapuzas e deixarlle a cesare un comentario similar. Se quere ser coherente, claro.

  22. Cora García | December 7th, 2008 at 9:28 pm

    A voz de Galicia é o mellor xornal do país. O único que artella informativamente Galicia, e dá cancha á súa cultura e a súa economía desde unha perspectiva dun país moderno respectuoso coa súa identidade.
    Non son santos, calro que non, como tampouco o son en Vieiros, na Nosa Terra e no futuro xornal que nace á caloriña do ladrillo, dos eólicos e do BNG. A costa do que sexa o bloque emperréchase por sacar un xornal diario. Xa mataron A Nosa Terra diaria. Tódolos días pechan xornais en Galicia, pero Quin quere te-lo seu público e o seu país. Supoño que o celebrará cun pasodobre cunha vella. A ver que coño merca ese xornal e canto tarda en desaparecer.

  23. cesare | December 7th, 2008 at 10:22 pm

    lol, lol, lol, Cora… Se pechasen todos os días xornais en Galicia mellor nos iría. Pero o malo é que non pechan. :)

    En todo caso, insisto: este non era un posicionamento en contra da Coz e a favor doutro medio calquera. Non me malinterprete. :)

  24. desorde | December 9th, 2008 at 10:56 am

    dacordo con cesare. incluso defendo que el correo gallego é moito mellor xornal que la voz.

  25. cesare | December 9th, 2008 at 11:24 am

    El Correo Gallego aínda está na miña lista de bookmarks. Fai uns obituarios deliciosos.

    Porén, non escapa das acusacións que fai Orsinia. E como dixo Manuel Rivas o ouro día (agochando os nomes) aínda hai xornais que vetan o nome de Suso de Toro. Cantos menos lectores, máis ridículas son estas prácticas. E non por iso mellores.

  26. Anonymous | December 9th, 2008 at 12:24 pm

    lavoz veta os nomes de detoro e de rivas. ou acaso veu por algures nas infos do culturgal a presentación do rivas? (o escritor galego + coñecido e q + vende aquí e no estranxeiro)

  27. Anonymous | December 9th, 2008 at 3:38 pm

    “nestas guerras ficticias non todos somos soldados.” Carallo, menos mal.
    É que non se decatan de que lle están a facer o xogo a uns empresarios cuns intereses que non son os seus e que non teñen nada que ver coa transparencia e coa información?

  28. cesare | December 9th, 2008 at 3:51 pm

    Empresarios? facer o xogo?
    De que está vostede falando?

    (menos mal que sinalei que non son soldado, pero nin con esas…)

  29. Johnny | December 14th, 2008 at 5:02 am

    XD a iste rapaz vaille moito a retranca (ou deixou de ser galego, todo pode ser). Se queres contestarme, contesta. Non che vexo a gana de facelo, alí tan lonxe.

    Firma
    Un Amigo Cabreado

Leave a Comment