Hai uns días, antes destas latosas polémicas, cavilaba a necesidade dun tag:nurse xa!. A qué se debe a elevada proporción de enfermeiros homosexuais na miña vida, non o sei. Pode ser que aos gais nos mole vestir de bata. Ou que o mercado laboral, onde se potencian as actitudes masculinas de forza e energumenismo, nos acabe botando a facerlle as curas ás velliñas. Tamén pode ser que nos guste traballar con mulleres, ou ben porque son máis intelixentes e eficientes ou ben porque non están todo o día a mirar quen ten a pirola máis grande (física ou metafórica). Ou é que a min me pon a xente que coida dos demais, supoñendo que os gais, os enfermeiros, ou ambos, son persoas máis preparadas pra coidar dos demais.
Porque iso dende logo non caracterizaba a Steve, a pesar de ser enfermeiro e gai (unha vez máis). Steve é máis ben un brutallán desta vila, brusco nos movementos, algo robusto nas formas, e tirando a animal na forma de foder, de zugala, de darlle ao veo. Tanto que á cuarta e última azouta tiven que dicirlle:hey, mate, I’m not a horse!.

E un gai qué vén sendo?
Un tipo particular de enfermeiro.
E hai enfermeiras gais?
Non, claro.
Ah! Dígame unha cousa (se quere, claro): cándo descubriu que o mercado laboral potencia as actitudes masculinas e de energumenismo? Qué raio anda a ler?
E quén lle dixo que as mulleres son máis intelixentes? Está vostede certo que as mulleres e eses tipos particulares de enfermeiros non comparan todo o día as súas pirolas?
Cánto tempo hai que non vai a un bar de enfermeiros?
E se resulta que os tipos particulares de enfermeiros son o último bastión da masculinidade?
Persoalmente creo que os tíos que foden con tías son todos uns paneleiros. Os homes de verdade non andan con mariconadas: zúgana mutuamente.
¿”á cuarta e última azouta”?
Home, eu conto cos dedos da man os ferretes maricóns, pero catro a min paréceme moi pouco de Dios. A ver se non lle fun a entender ben.
Catro azoutas pouco? A min pareceume ben abondo… Vese que a vostede lle mola o rollito…
Cossimo, é vostede moi simpático
cando sae de 1917.
E vostede moi líquido.
“A vida nunha sociedade moderna líquida non pode deterse. Hai que modernizarse- léase: desprenderse, día si, día tamén, de atributos que xa sobrepasaron a súa data de caducidade e despezar as identidades actualmente ensambladas (ou das que estamos revestidos)- ou morrer. Azuzada polo terror á caducidade, a vida nunha socieddade moderna líquida xa non necesita- para saír impulsada cara adiante- do tirón que exercían aquelas marabillas imaxinadas que nos agardaban no final lonxano dos esforzos modernizadores. O que se precisa agora é correr con todas as forzas para mantérmonos no mesmo lugar, pero alonxados do caldeiro do lixo ao que os do furgón de cola están condeados.”
É que a min cústame moito chegar. Tanto no sexo como na vida.
Cossimo, vexo que empezamos a entendernos.
M., gústame moito que veña por aquí.
Vexo que frecuenta vostede a fronteira sur da noite. Non é mal lugar. Cando chego aí, abro as fiestras que dan á praza na que vivo, poño a Wagner e, espido como estou, boto o peito cara adiante e estiro os brazos deixando que entre o vento e a choiva. Ás seis e media espertan as veciñas que teño en fronte. Se por riba hai raios, asegúrolle que non ten prezo.
I’am a nurse
(ozú, lo leido antes)