Dixen no post anterior que na guerra dos medios non todos somos soldados. Non todos, pero algúns si: a guerra aberta na Voz contra as consellerías bloqueiras, con razón ou sen ela, é máis ca evidente. Se o motivo fose aprofondar na democracia, levantar corrupcións e actuar de supercidadáns, sería estupendo. Mentres, ao outro lado, o subconsciente da maquetación xoga malas pasadas.


Jajaja! Qué buena su caza, Cesare: el fuego amigo, ya se sabe.
un consello: pásallo ao WTF dos microsiervos
Saqueille o mesmo shot e tíñao nun borrador para publicar
Estamos feitos o un pró outro Spav: que fai o 21 de decembro á tarde?
Se non sei inda que vou facer este fin de semana…
Apúntoo na axenda de posibles plans logo
Caneiro enrólase coma soldado nesta guerra e métese ben fondo na gabia:
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2008/12/10/0003_7383097.htm
Sempre hai un, folerpa, que é o máis listo da clase.
Durante aqueles meses nos que LaVoz non deixaba de sobrevalorar o BNG -lembren o inicio da lexislatura- e menosprezar ao PSOE, ninguén abría a boca. E os métodos eran exactamente os memos: mafia pura e dura. O que non sei é se o Xornal escapara dun modus operandi que o seu director practicou afanoso adoito.
Este non é un blog de denuncia de comportamentos mafiosos dos xornais, Soraya. Este é un blog doutras cousas, e un día, unha vez, fálase disto.
Agora foi nun sentido, pero e aí está o problema, mañá será no outro. Se este xornal fose nacionalista español e odiase todo o que ten que ver co galego, co BNG ou coa caldeirada de peixe, sería un posicionamento ideolóxico loable. Pero as críticas non parten dun posicionamento ideolóxico. Non hai ningún xornal en Galicia de esquerdas, pero tampouco os hai de dereitas. E tampouco os hai liberais, nin tampouco conservadores. E aí está parte do problema.
Si que parten dun posicionamento ideolóxico, non se trabuque: facer cartos.
Iso non é un posicionamento ideolóxico. E todos os xornais do mundo están aí pra faceren cartos. Todos.
Perdoen a digresión: A conversa de Cesare e Spav foi coma a dunha guapa rapaza con Bogart en Casablanca:
- Onde estiveches esta mañá?
- Non lembro, hai moito tempo.
- Qué farás esta noite?
- Nunca fago plans con tanta antelación.
En canto aos erros de maquetación lembro un erro meu tomando apuntamentos de dereito penal: diferenzas entre delicto e falta: “falta = pena leve” e eu puxen (decateime pola tarde repasando o escrito) “falta = pene breve”.
Por outra banda, a Voz ten hoxe moitas guerras abertas: e non son para aprofondar na democracia, levantar corrupcións e actuar de supercidadáns. Repito o dito no post anterior: en cada guerra desángrase a credibilidade, agora xa moi minguada. E non estou de acordo para nada coa señorita Cora (recendo de Cortázar): o explicalo eiquí sería longo demáis, pero a miña idea é que non por tela máis grande funcionas mellor.
A suma do segundo parágrafo e do terceiro é moi significativa, prezado bouzafría.
Vaia bouzafría, un pouco disparatado compararme con Rick, non cre?
Entonces en qué quedamos Cesare, en que Bogart era un “faltón” ?
Prefire vostede ser Yvonne?
Non, pero a sombra de Bogart é moi alongada…
Ademáis, non teño tal gusto polo whisky.
Ogh, menos 50 puntos!
Non todos os xornais do mundo están aí para facer cartos.
Bueno, o que o mundo coñece como xornais si. O pasquín de 4º da ESO das Irmás Casalancias —e equivalentes— non.
É vostede ben simpático, Cesare.
Si, xa sei. Pero para ser perfecta (perdón pola inmodestia) tiña que ter posto unha gralla: “…tela máis glande…”
Spav: comparo os diálogos, non as persoas. Seguro que vostede non deixaría marchar a Ilsa Lund Laszlo (eu non o faría).
Sobre o whisky, probe o Laghavulin, a xente que sabe desas cousas di que está mellor que o licor café.
Dígollo co corazón na man, en serio…
Eu sigo prefirindo un Springbank ou o “inaccesible” Port Ellen. Claro que che teñen que sobra-los cartos (e a xente morrendo de fame por aí):
(hicks)