É sorprendente, moi sorprendente, o libro de conversas entre Anxo Quintana e Xosé Luís Barreiro Rivas. Dende logo non é frecuente que un político en activo recoñeza máis veces os seus erros do que chufa dos seus acertos, pero sobre todo chamoume a atención descubrir facetas do seu pensamento político que permanecen ocultas polo declaracionismo da prensa diaria: a súa defensa da institución familiar é moi interesante, e así tamén a fondura das súas formulacións sobre outros aspectos da estrutura democrática e do funcionamento da sociedade.
Pero quizais o máis salientable é a visión liberal das políticas económicas, dos servizos, da xestión e da administración pública ou do idioma; un liberalismo de raíz individualista, co que simpatizo inmediatamente. Claro, cada vez que pronuncia a palabra liberal (neoliberal, ultraliberal e demais variantes demoníacas) empeza a virarlle a cabeza como á nena do exorcista, sen decatarse de que en moitos casos, como cando llo aplica á política pesqueira europea, está a cualificar de liberal un modelo case stalinista da intervención económica. Perdóollo: moitos pratos de raxo e de carne ao caldeiro terá tomado con eses sectores conservadores do nacionalismo galego.
Así que despois da lectura do libro —dificultada por unha edición confusa e tirando a cutreira— teño máis claro aínda o meu voto o 1 de marzo: que mágoa, iso si, que non sexan eleccións presidenciais e teña que apoiar tamén o seu partido.


5 Comments to “quintanismo”

  1. soraya | January 3rd, 2009 at 8:25 pm

    Será a visión liberal, porque o que é a práctica ten máis que ver co liberal-caciquismo de raíz cuiñista (nai e señora: a familia). O do libro este de Barreiro e Quintana, foron dar dous bos, resulta esperpéntico. O pensamento de Quintana? Por favor.

  2. cesare | January 5th, 2009 at 7:28 pm

    soraya… pode construír unha forma de pensamento máis elaborado? ou só quere esbardallar?

  3. câosemdono | January 8th, 2009 at 12:38 am

    Eso, eso… sobre todo a Barreiro, nunca ben ponderado prócer… nen mo toque!

  4. Reflexións post-electorais « verbas | March 4th, 2009 at 2:23 am

    [...] agora tíranse ó lixo e desvótanse como antigas?. E poñendo nomes, ¿por qué hai xente con fé cega en Quintana e no que podía lograr e despois dunhas eleccións bótao ós leons e dinamita as súas ideas como [...]

  5. en güzel oyunlar | January 22nd, 2010 at 8:51 pm

    Eso, eso… sobre todo a Barreiro

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| cialis without prescription is a prescription needed to buy cialis in canada? cheap viagra Cialis sweet Generic cialis online pharmacy status 365 pills Cialis patent search Chemical structure levitra generic cialis with dapoxetine 80mg Cialis and multiple erections one pill super active cialis with no prescription viagra online nz ebay cialis Enhanced levitraBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans