De todas as probas atléticas, aquela que acumula unha maior beleza é, xa case sen dúbida, a pértega. Ás primeiras horas da mañá, mentres vixío que non pisen raia os participantes nunhas interminábeis series de 400 m, coincídeme ver dende o pé da colchoneta o quecemento e o inicio da proba da pértega. Todos cooperan co mesmo obxectivo: empurrar a fermosura ata niveis de perfección, mesmo aqueles que teñen os rexistros máis discretos. Primeiro corren con potencia e con precisión e coa vara ergueita, e diríase deles, como se dixo de Bubca, que podería gañar o ouro olímpico dos 50 m lisos, se tal houbera. Despois encóllense e estíranse, dóbranse no seu sentido oposto, empúrranse robustos por riba dos tres metros, dos catro, dos catro trinta, ata debuxarse contra o teito desta nave de 1927 onde se abeira da choiva a pista de atletismo. Alí permanecen o seu tempo, ás veces só unhas centésimas de segundo, outras algunhas horas e tardes enteiras, tratando tanto de afastar a pértega de si como de evitar o lestón, antes de caer lixeiramente como se as macizas traccións non lles pesasen ren.
Ao erguérense da colchoneta teñen na mente repetir esa secuencia ata a inevitábel frustración; eu, que os vexo, o único que teño na cabeza é premialos co único do que dispoño, aquilo que levo escrito na miña esencia.


5 Comments to “pértega”

  1. alema | January 20th, 2009 at 10:35 pm

    sempre soñei que era capaz de dar saltos mortais coma os que fan os ximnastas sobre o chan.

    eu colocábame no recuncho, empezaba a dar alancadas fortes e zas! comezaba a dar reviravoltas ata quedar cravado no chan.

    soño iso máis que voar.

    e morrerei sen ser capaz de facelo. :(

    polo menos os soños serven de algo :)

  2. cesare | January 20th, 2009 at 11:27 pm

    Por que di iso? Nunca é tarde para facer deporte…

  3. alema | January 20th, 2009 at 11:35 pm

    :D :D

    por moito adestramento que fixese creo que na vida sería capaz de dar eses chimpos

    hahahaha :D

  4. cesare | January 20th, 2009 at 11:39 pm

    e ese pensamento negativo?
    é moito máis difícil o do “bueno”…

  5. alema | January 21st, 2009 at 12:16 am

    :D :D

    o do ‘bueno’ é moito máis fácil :D :D :D :D

    se sacamos adiante o do ‘bueno’, podía intentalo :D

Leave a Comment

1|2|3|4|5|6|7|8|9|10|11|12|13|14|15|16|17|18|19|20|21|22|23|24|25|26|27|28|29|30|31|32|33|34|35|36|37|38|39|40|41|42|43|44|45|46|47|48|49|50|51|52|53|54|55|56|57|58|59|60|61|62|63|64|65|66|67|68|69|70|71|72|73|74|75|76|77|78|79|80|81|82|83|84|85|86|87|88|89|90|91|92|93|94|95|96|97|98|99|100|101| levitra made in canada viagra oklahoma city cialis vs viagra vs kamagra Cialis withdrawl levitra tadalfil Fda approved cialis buying viagra with next day shipping levitra rebates Bontril levitra free no prescription generic cialis altace erectile dysfunction Chinese cialis Buy levitra soft Airfox cialis Buy levitra reBuy Generic Dapoxetine Online Canada paydayavailable.info Viagra Online no checking account payday loans magnum cash Quick Approval Payday loans faxless payday loans Buy Cheap Viagra Online Vardenafil Super Viagra Cialis Online Canada Viagra Online without Prescription Buy Levitra Online.Vardenafil Cialis Online without Prescription Cheap Cialis Viagra Coupon Cialis Coupon Viagra with dapoxetine Cialis Black Viagra Online Canadian Pharmacy Viagra Super Force Cheap Cialis Online Cialis Online Canada Cheap Levitra Without Prescription Buy Generic Cialis Online Buy Cheap Cialis Super Active Buy Viagra With Dapoxetine Online Cash Advances Payday Loans