Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » equipo A

Envexa, dicía magago. Tristura, engado, ao contemplar os anos luz que nos separan, en todos os sentidos. Vía Ronsel vexo un especial fotográfico sobre o equipo do Presidente. É flipante a serie de retratos, pero esquezámonos agora de imaxes vas: nestes momentos de subhasta da ilusión, é posible confiar nun equipo onde a xente se apelida Mastromonaco, Solís, Shinseki, Pfeiffer, Chu, Strautmanis, McCaskill, Orszag? É posible confiar nun equipo onde tres dos conselleiros persoais do Presidente teñen 24, 26 e 27 anos?

Ou mellor, pódese confiar nun equipo que non os teña?


21 Comments to “equipo A”

  1. arume dos piñeiros | January 21st, 2009 at 3:18 pm

    Ten 27, pero sabe de retórica antiga. Cicerón mallado.
    http://www.guardian.co.uk/world/2009/jan/20/barack-obama-inauguration-us-speech

  2. Un que pasa | January 21st, 2009 at 5:37 pm

    Pois nese equipo haille de todo. A Sra Mastromonaco por exemplo non ten a priori un CV tan extraordinario. En todo o caso os apelidos son o de menos, o importante é saber rodearse de xente competente e criar unha equipa capaz de liderar o cambio nun país das dimensións dos EUA. Diso sinto envexa, dos apelidos non porque para min non é mellor un Chu que un Fernandez ou un Orszag que un García. Outra cousa diferente é envexar o multiculturalismo que subxace ahí, pero a historia é a que é, para ben e para mal.

  3. cesare | January 21st, 2009 at 5:44 pm

    Home, na lista tamén hai un Muñoz e un Salazar, se é que lle molan os apelidos que levan z.

    Pero o multiculturalismo non é un azar, como se parece desprender das súas palabras. O multiculturalismo constrúese e trabállase. Un dos moitos beneficios dos liberalismo.

  4. Un que pasa | January 21st, 2009 at 6:11 pm

    A min as Zetas tanto me dan, de feito cada vez téñolles máis xenreira. Eu sinto envexa dun sistema que da oportunidades á xente de todo o tipo, era o que quería dicir, independentemente de que se apelide Chang de Detroit ou McAlister de Boston. O da idade tamén parece bastante irrelevante per se. O que admiro é o sistema mesmo que permite que un rapaz de 24 anos teña a oportunidade de ser asesor presidencial, non o feito de que Obama teña ao lado un rapaz de 24 anos, podería estar asesorado por un de 50 co mesmo resultado.
    Este sistema contrasta co desolador panorama galego con tres actores nada liberais: un PP claramente conservador e bastante intervencionista ao seu xeito no económico e no social, un PSOE nada liberal no económico e un BNG con propostas como: nacionalizar a AP9, criar un Instituto Galego de Crédito, intervención do sector financeiro a través da Lei de Caixas, etc.
    Resultados duns e doutros están á vista.

  5. cesare | January 21st, 2009 at 6:16 pm

    Pois eu creo que non ve igual un de 24 ca un de 50. Pero polo demais superdeacordo, agás no da AP9. :)

  6. soraya | January 21st, 2009 at 8:19 pm

    un que pasa: esta de coña, non?

  7. soraya | January 21st, 2009 at 8:20 pm

    está de coña, non?

  8. Un que pasa | January 21st, 2009 at 9:38 pm

    Soraya, eu falaba a serio, por?

  9. cossimo | January 21st, 2009 at 11:02 pm

    Onde vostedes ven multiculturalismo eu só vexo 3 pijos con diferentes trazos físicos. E logo ese rollo de América como terra de oportunidades e todas esas gilipolleces. O 30% ou algo así dos afroamericanos nados en 1981 deben estar nestes momentos en chirona. As vantaxes do liberalismo.
    E estou por apostar que o tipiño ese que lle escribe os discursos a Obama non sabe onde fica Edimburgo. Si, xa sei, xa sei,… nin falta que lle fai.

  10. cesare | January 21st, 2009 at 11:10 pm

    Oooooh, Cossimo!! Canto o achei de menos!! :) Acaba vostede de alegrarme a noite!! :D

    O racismo, que non ten nada que ver co liberalismo pois afecta tanto a Rusia soviética como á China postpseudocomunista, é un problema, claro. E aquí xa temos falado del.

    Pero se en vez de falar dende o seu poleiro pequenoburgués vise o biopic que vin onte na BBC sobre a infancia e formación de Obama desmontábanselle os prexuízos.

    Ora que, claro, viviamos mellor contra Bush.

  11. cossimo | January 21st, 2009 at 11:27 pm

    O que vostede queira.

  12. cesare | January 21st, 2009 at 11:30 pm

    Oh, xa?

  13. Martin Pawley | January 22nd, 2009 at 1:53 am

    Steven Chu si que parece de fiar, si.

  14. cesare | January 22nd, 2009 at 3:33 am

    Un apuntamento máis sobre multiculturalismo, Cossimo, se ten a bondade: A gran oratoria de Obama pode unir o seu país, pero dividir o mundo (Timothy G. Ash)

  15. cossimo | January 22nd, 2009 at 6:10 pm

    O seu problema é que vive vostede moi pegado á realidade; sometido a ela, quero dicir.
    Escribir as mentiras dun inquilino da casablanca; buajjj, hai algo máis abxecto? Bueno, si, escribir as de Ehud Olmert. Se un fillo meu acaba así, morro co disghusto.
    En fin, algún día aparecerá o neno ese que dirá: mamá, mira! o emperador vai espido!

    “En toda convivencia humana bien ordenada y provechosa hay que establecer como fundamento el principio de que todo hombre es persona, esto es, naturaleza dotada de inteligencia y de libre albedrío, y que, por tanto, el hombre tiene por sí mismo derechos y deberes, que dimanan inmediatamente y al mismo tiempo de su propia naturaleza. Estos derechos y deberes son, por ello, universales e inviolables y no pueden renunciarse por ningún concepto.”

    Adivine.

  16. cesare | January 22nd, 2009 at 6:20 pm

    Uis, non me chega a memoria dos servidores de Google pra listar cousas ben máis abxectas. :)

    O de Xoán XXIII é chunguísimo!! A frase está wai, pero como el era unha persoa abxecta, o que diga tamén o será.

  17. folerpa | January 22nd, 2009 at 8:10 pm

    Penso que os apelidos deses novos rapaces que tan alto chegaron é relevante e moitos máis aínda onde estudaron. Agás Kang que o fixo na universidade pública de Michigan (26 no ranking universitario americano) os outros veñen da élite das universidades privadas, Love de DUKE(8ª no ranking) supoño que cunha beca de basket e Favreau do católica Holy Croos (35º no ranking, pero con moito predicamento netres al elites liberais da costa este).
    O probelam é que unha vez rematen eses cen días van ir a por eles, hacieh moita xerontocarcia en WDC cos coiteslo ben afiados.
    Malia todo eu desexolles toda sorte do mundo. Estaba farto de petroleiros, HollyBurtons e Blackwaters

  18. Johnny Guitar | January 23rd, 2009 at 1:39 am

    Veña, todos sabemos que iste Obama está aí para lavarlle a cara o stablish-mente ou como lle queiran chamar. Todo o demáis son rabos de negro no burato errado. Vai que son listo ¿ein? A min non me chames de vostede, sonche tres meses maior ca ti.

  19. cesare | January 23rd, 2009 at 9:36 am

    Johnny Guitar, recoméndolle este post: http://blogs.publico.es/manel/1002/el-tema-obama/

  20. Johnny enterao | January 24th, 2009 at 2:14 am

    Boa recomendación, sí señor. Non pensara eu o dos dous artigos, pero é para pensalo.

    Eu non son un “vostede”, pero xa sei, xa sei, hom, hei conserva-las formas…

  21. cãosemdono | January 25th, 2009 at 10:48 pm

    Estou en parte dacordo con Cossimo. Tamén son bastante escéptico sobre a obamanía, como penso que cómpre fronte calquera fetichismo. Hai quen dí que o escepticismo é unha pose que encubre o cinismo. Pero calquera cousa que se opine sobre Obama e a súa equipa fica empalidecido ante o edificante do vodevil dese outro grupo, este máis castizo, ó servizo dos políticos madrileños. A verdadeira Equipa A (que será A de Aguirre) é a dos espías madrileños, qué dúbida cabe.

Leave a Comment