Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 0

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:18) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas » Blog Archive » colateral

En agosto de 2007, o exército de Birmania reprimiu con dureza as manifestacións pacíficas dos monxes que só desexaban a democracia. Houbo máis de 100 mortos, aínda que a cifra exacta non se pode saber, dado que nin os medios de comunicación internacional nin a ONU ten acceso á zona.
En marzo de 2008, o exército e a policía chinesa reprimiu con dureza as manifestacións pacíficas dos tibetanos que reclamaban dereitos nacionais e democracia. Houbo máis de 100 mortos, aínda que a cifra exacta non se pode saber, dado que nin os medios de comunicación internacional nin a ONU ten acceso á zona.
Entre decembro de 2008 e xaneiro de 2009, o exército israelí reprimiu con dureza a poboación, pacífica e non pacífica, de Gaza, que como medida de presión pra rematar co bloqueo económico do seu territorio fustigaban, con toda a minguada capacidade que tiñan, o territorio israelí. Houbo máis de 1300 mortos, segundo cifras da ONU, que si ten acceso á zona.
Durante estes días non dixen nada. Non é que non pensara nada. De feito fixen pequenos comentarios aquí e acolá onde fun cualificado de axente sionista. É difícil non erguerse e non dicirlle ao goberno israelí: paren iso xa, o seu sangue é o meu sangue. Tan difícil como non erguerse en Birmania ou no Tíbet.
Tan difícil como non erguerse agora que calaron as armas e esixirlles aos dous bandos, coa mesma carraxe e a mesma indignación: vamos, constrúan a paz, o seu sangue é o meu sangue.


48 Comments to “colateral”

  1. tdk lim | January 23rd, 2009 at 3:48 am

    Era fácil erguerse cando se iniciou o brutal ataque no canto de meses antes cando se iniciou o bloqueo. É difícil non comprender ao pobo palestino, que democráticamente elixiu aos que reclamaban correxir a inxustiza histórica que se cometeu coa creación do Estado de Israel. E difícil non comprender a situación dese Estado, cun 20 por cento de palestinos e cunha maioría do 80 por cento restante que xa naceu nesa nova situación e, polo tanto non responsables da terrible inxustiza histórica, aínda que quizáis si de apoiar o asoballamento posterior do pobo e do territorio palestino. É difícil dixerir que se confunda un exterminio racial cun conflito territorial-estratéxico. É difícil pensar que calquera palestino de Gaza vaia hoxe optar pola paz e non pola venganza.

  2. O Paneleiro etc. | January 23rd, 2009 at 4:30 am

    Recomendo-lhe que pratique o seu italiano lendo sobre o tema do post:
    http://www.corriere.it/esteri/09_gennaio_21/denuncia_hamas_cremonesi_ac41c6f4-e802-11dd-833f-00144f02aabc.shtml

    Eternos malvados sionistas, n’é? Onte a sacrificar e comer meninos cristáns, hoje a fazer o mesmo com os palestinianos /mode sarcasmo off

  3. cesare | January 23rd, 2009 at 9:30 am

    #tdk lim. Inxustiza histórica? Estame falar vostede de antes de nacer miña mai? Elixir democraticamente aos que queren destruír outra forma de vida é algo que xa ten sucedido máis veces ao longo da historia. Sen ir máis lonxe, nos Estados Unidos en 2000 e 2004. Iso só permite comprender o grao de ignominia deses pobos.

    Polo demais, sobre o que opten os palestinos eu teño pouca marxe. Podo decidir e actuar sobre o que eu fago, sobre por que me manifesto, en contra de que e a prol de que. E espero volver a tomar las calles nuevamente, de lo que fue Santiago ensangrentada, e todo aquilo.

    #Paneleiro. Moitas grazas polo artigo. A “típica propaganda sionista” que se diría. :)

  4. tdk lim | January 23rd, 2009 at 12:55 pm

    Non sei cando naceu súa nai pero a creación do Estado de Israel é vivida como inxustiza histórica polos palestinos e son recoñecidas as atrocidades vinculadas a elas cada vez por máis israelíes. Martín Buber xustificouna dicindo que se solucionaba unha gran inxustiza (o asunto alemán) cunha pequena inxustiza (a creación do Estado de Israel). E cada vez aparecen máis voces de xudeus, os representantes da nova historia, que rexeitan a visión oficial israelí (Ilan Pappe, etc). A min impórtame un corno pero o que digo é que de facto configura o horizonte do problema e das súas políticas. Non sei se vostede está en contra ou a favor de que a ONU sancione a Israel por incumplir as resolución ou se cre que iso é demasiado intervencionismo.

  5. cesare | January 23rd, 2009 at 12:59 pm

    Meu deus, non sei por quen me toma. Puideron cometerse moitas atrocidades no pasado, e de feito cometéronse. O que quería dicir é que, tantas décadas despois iso é un feito e non ten volta atrás. É dicir, nunca máis vai marchar Israel de onde está, e hai que vivir nos mundos de yuppi pra crelo así.

    Condenas da ONU… e máis! Como isto.

  6. soraya | January 23rd, 2009 at 1:14 pm

    A creación do Estado de Israel ten a mesma volta atrás que, ao longo do pasado século, tivo a Unión Soviética ou a Xugoslavia ou a morea de demarcacións territoriais e administrativas que apareceron e desapareceron na historia. E a única solución, no meu ver, reside na disolución de Israel e a constitución dun estado laico e non racial. Pero en fin.

  7. tdk lim | January 23rd, 2009 at 1:20 pm

    Pero en base a qué ten dereito nin os Estados Unidos nin ninguén a dicirlle a Israel o que ha de facer? Non sería mellor non meternos nas súas políticas? Moi listos somos nós para considerar que o noso modo de vida é o que por narices ha de compartir todo o mundo?

  8. cesare | January 23rd, 2009 at 1:29 pm

    #soraya estado laico???? Pode vostede dicirme algún exemplo de estado máis laico ca Israel entre Chipre e, poñamos, Birmania?

    #tdk lim o dereito internacional é unha práctica común na sociedade humana dende hai moitos séculos. A paz e os dereitos humanos son cousas que molan, tamén.

  9. soraya | January 23rd, 2009 at 1:45 pm

    ten razón, Cesare, estaba Iraq e foi tomar polo cu

  10. cesare | January 23rd, 2009 at 1:48 pm

    efectivamente.

  11. O Paneleiro etc. | January 23rd, 2009 at 4:55 pm

    Isso do estado laico lembra-me que no Oriente Médio umha das poucas organizaçons de mulheres lesbianas é “Aswat”, que é umha organizaçom palestiniana furiosamente anti-israeli, como é lógico, e que tem a sua sede em Haifa (Israel), como também é lógico :D

  12. cossimo | January 23rd, 2009 at 5:30 pm

    Un paneleiro falando de laicismo e dando creto a un xornal homófobo e ultracatólico! Vivir para ver!

  13. cesare | January 23rd, 2009 at 5:35 pm

    LOL LOL LOL
    Unha vez máis, o que diga Il Corriere queda invalidado porque si. Leremos unicamente Rebelión, que eses si que explican ben o mundo.

  14. cossimo | January 23rd, 2009 at 5:55 pm

    The Guardian, the world´s leading liberal voice. Eses si que contan a verdade.

    O seu cinismo cómplice ao igual có inveterado racismo do Corriere resultan noxentos, by the way.

  15. cesare | January 23rd, 2009 at 5:57 pm

    O que estes contan tamén serve pra coñecer a verdade, claro

  16. Paulino | January 23rd, 2009 at 6:58 pm

    E Cesare, cando vaia a La Habana á conta da Bugallo vai dicir que Fidel é moi malo?

  17. cesare | January 23rd, 2009 at 7:44 pm

    Paulino, creo que vostede está confundido. En todo caso, Fidel é moi malo xa agora.

  18. Paulino | January 23rd, 2009 at 7:54 pm

    http://cabaretvoltaire.canalblog.com/archives/2009/01/14/12090905.html#comments

  19. cesare | January 23rd, 2009 at 7:58 pm

    Eu non vexo ningún Cesare falando aí. Insisto en que se confunde, fágame caso. E insisto tamén en que Fidel é moi malo.

  20. tdkl lim | January 23rd, 2009 at 10:29 pm

    Aínda que Fidel fose moi bo, que non o dubido, creo que non foi democraticamente elexido.
    …pero se os dereitos humanos molan, onde está o límite da intervencion estatal ou interestal para defendelos?

  21. cesare | January 23rd, 2009 at 11:10 pm

    Xa lle digo que non son un experto niso, pero creo que o dereito internacional é preciso nesa cuestión.

  22. O Paneleiro etc. | January 23rd, 2009 at 11:11 pm

    Um paneleiro dá crédito a um jornal que estivo contra a guerra de Iraq e que em 2006 apoiou nas eleiçons L’Unione e nom o bloco berlusconiano, cousa que teria feito se for um jornal “ultracatólico”. E como um é paneleiro nom deixa de lembrar que nel Corriere escrevia o insigne paneleiro P. P. Passolini, do que um nom deixou de ser um afervoado admirador.

    Considerem-se beijados.

  23. cesare | January 23rd, 2009 at 11:20 pm

    Quizais todo o que non L’Unitá é ultracatólico pró señor Cossimo… ás veces parece saído dunha peli de Don Camilo…

  24. tdkl lim | January 23rd, 2009 at 11:20 pm

    …preciso?? que cachondo!

  25. cesare | January 23rd, 2009 at 11:25 pm

    :D :D :D

    se me pregunta a miña opinión, creo que a liberdade do individuo prevalece ante a “liberdade” dos estados, se que ese concepto existe.

  26. tdkl lim | January 23rd, 2009 at 11:51 pm

    Si, e a liberdade de cada un acaba xusto, ou debería acabar, onde comeza a dos outros. O que a min me mata a cabeza é se a miña liberdade está invadindo nalgún sentido a liberdade do (probablemente) rapaz de Taiwan que fixo as miñas zapatillas. Ou dito doutro xeito, se as cinco persoas que según algunhas institucións morreron de fame mentres eu escribía este comentario fosen de Neptuno,ou dunha tribo non descuberta do Amazonas e que non se ve afectada pola deforestación, poderíame compadecer delas e punto, pero na medida en que pertencen ao mundo globalizado, son eu nalgún sentido responsable? Invado coa miña sagrada liberdade a súa sagrada liberdade?

  27. cesare | January 23rd, 2009 at 11:56 pm

    Ai, demonio, vostede estame loqueando de post…
    En Taiwán, ata onde eu sei, o mozo en idade legal de traballar é libre de facer zapatillas pra vostede, pra el, de traballar no campo, de delinquir, de montar unha empresa e de escoller nas eleccións un partido comunista que nos borre de pronto. E escolle zapatillas.

  28. cossimo | January 24th, 2009 at 12:16 am

    Si, bueno, tamén Ferrín escribe no Faro, Mendicutti en El Mundo (outro xornal que merece moito creto porque se opuxo á guerra en Irak)e un gran paneleiro, Jesús Mariñas, colabora coa Razón.

    Ten razón, il Corriere non é ultracatólico. É o típico xornal de centro que len os fachas ma non troppo.

    Por outra banda, señor cesare, a la mierda coa súa puta liberdade do individuo. Como se vostede soubese o que é o individuo ou a sociedade ou a liberdade.
    Non se sente agora mellor persoa sabéndose libre dos arrebatos totalitarios dos filocomunistas de salón?

  29. cesare | January 24th, 2009 at 12:19 am

    por que deduce que eu non sei o que é o individuo?

    e, pliz, non é necesario soltar fuckings, que isto pode lelo un neno… :D :D :D

  30. cossimo | January 24th, 2009 at 12:30 am

    Ui, desculpe, deixeime levar pola carraxe. Claro que sabe o que é un indivuduo. Cómo non o vai saber o rei do opinionismo pangalaico? Para vostede un individuo é digamos, ese habitante da favela que en lugar de crer en si mesmo e chegar a ser un gay universitario enrollado e trotamundos, decide converterse nun sicario desalmado que acaba aburatado nunha beiravía do Rio.
    En lugar de ferretes escolleu ferrotes.
    Anyway, fuck the fucking liberals!

  31. Johnny sofist-icado | January 24th, 2009 at 2:33 am

    Polas horas dos comentarios semella que parou a treboada. A min falar do individuo lémbrame a eses “clásicos” da “filosofía” coma o pinchewei Hobbes. Curioso ise home, que mistura acertos emocionantes con erros xenocidas. O Leviathan é ise libro que de certo esconden os liberais dentro das tapas dunha biblia. Xa os estou vendo repetir os seus mantras coma os nenos nunha madrassa, e non sei se partirme o peito ou procurar un tomahawk.

  32. O Paneleiro etc. | January 24th, 2009 at 4:19 am

    Cossimo, tolero muitas cousas mas que compare Passolini com Jesus Marinhas, nom. Rotundamente, nom!
    Marinhas talvez for paneleiro, mas nom ***insigne*** paneleiro como o Passolini.

  33. cesare | January 24th, 2009 at 7:50 am

    Cossimo, :), eu non sei quen vivirá máis feliz, se ese neno das favelas que se levanta e ve o ceo azul, ou eu, que ando “facendo o mariquita” de arriba pra baixo. Pero o de que non me cabe dúbida é de que vostede é o máis triste e amargado dos tres.

    Sen acritude.

  34. cossimo | January 24th, 2009 at 12:57 pm

    Paneleiro, vostede ***entende***, non si?

    Cesare, obrigado pola súa compaixón. Adoro a elegancia coa que asesta as puñaladas traperas. Eu sonlle máis latin king. Unha das cousas que máis me amarga é comprobar que en pleno século XXI, individuos con estudos universitarios poidan facer comentarios como o último seu, sen percatarse do profundo conservadurismo que encerran esas palabras.

  35. cesare | January 25th, 2009 at 11:50 am

    “individuos con estudos universitarios”??? lololololol

    vostede é a persoa máis clasista que pasa por este blog by far, pero tampouco me parece mal.

  36. cossimo | January 25th, 2009 at 2:02 pm

    O máis triste, o máis amargado, o máis clasista… Soy lo más.
    De calquera xeito, gustaríame que me dixera en qué sentido invalidan todos eses meus inmensos defectos a pertinencia das miñas críticas.
    Espero que un hombre del pueblo sinxelo e feliz como vostede será quen de desenmascarar os meus prexuizos sen recorrer aos argumentos ad hominem. Iso é máis propio de xente amargada.

  37. cesare | January 25th, 2009 at 4:24 pm

    Non, non son argumentos ad hominem sobre as súas supostas críticas. Son argumentos ad hominem sobre vostede. Non teño nin idea a esta altura de cales son as súas críticas, sinceramente.

  38. cossimo | January 25th, 2009 at 4:31 pm

    “Son argumentos ad hominem sobre vostede.”
    Como diría vostede:loooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooool

  39. Galeguzo | January 27th, 2009 at 8:33 pm

    Durante estes días non dixen nada. Non é que non pensara nada. De feito fixen pequenos comentarios aquí e acolá onde fun cualificado de axente sionista. É difícil non erguerse e non dicirlle ao goberno israelí: paren iso xa, o seu sangue é o meu sangue. [...]
    Tan difícil como non erguerse agora que calaron as armas e esixirlles aos dous bandos, coa mesma carraxe e a mesma indignación: vamos, constrúan a paz, o seu sangue é o meu sangue.

    A situação em Oriente Próximo é lamentável, mas é a primeira notícia que tenho de que há dous bandos enfrentados… o que há é um povo (o palestiniano) ao qual lhe roubaram a terra os britânicos (colonialismo, chama-se). Após a II GM, em parte dessa terra roubada criou-se o Estado de Israel. Os palestinianos não aceitaram e ameaçaram bom botá-los ao mar… reacção bastante entendível, e cousas piores fariam os galegos se lhes roubassem as terras para criar outro país nelas (pense só na que se armou com a concentração parcelária…).

    De daquela merda vêm os problemas de hoje. E os britânicos, calando como galinhas.

  40. cesare | January 27th, 2009 at 8:36 pm

    De feito eu creo que deberiamos remontarnos á invasión romana e a anexión imperial. E Berlusconi, en Roma, calado coma un peto.

  41. Galeguzo | January 28th, 2009 at 7:59 pm

    Cesare, se queres utilizar a demagogia, és livre. Mas estirando-a tanto o que cais é no auto-ridículo ;)

  42. cesare | January 28th, 2009 at 9:38 pm

    Xa coñezo a súa habilidade pra dicir canto tempo é o correcto pra tomar decisións históricas: se nos remontamos 800 anos é a mesma lingua, se nos remontamos 1200 non. Se nos remontamos 70 anos é unha inxustiza histórica, se nos remontamos 200 non.

    Cantos anos terá que existir o estado de israel pra que se asuma que iso xa non ten marcha atrás?

  43. Galeguzo | January 28th, 2009 at 9:49 pm

    Cesare, duvido que quede vivo algum mandatário do Império Romano, mas cuido que do Reino Unido continua estando por aí “sugraciosamajestad” :D

    Cantos anos terá que existir o estado de israel pra que se asuma que iso xa non ten marcha atrás?

    Quantos anos terão de passar para que se reconheçam os direitos de um povo ao qual roubaram as terras impunemente em pleno século XX?

  44. cesare | January 28th, 2009 at 10:31 pm

    Como ben saberá, a súa graciosa maxestade é xefa de estado dun goberno democrático, e non ten ningún tipo de poder político. Por se fose pouco, subiu ao trono en 1952, catro anos despois da independencia de Israel.

    A última pregunta… estase vostede referindo a Polonia?

  45. cãosemdono | January 30th, 2009 at 2:52 am

    Vou terciar neste interesante choque de trens coa malsá intención de enlear máis o asunto. Ata onde lembro agora mesmo, creo que a cousa está en que o sionismo existe alomenos dende o comezo da diáspora xudea, aló polo 70 d.C., e intensificóuse considerablemente a partires dos progromos da Europa oriental e o antisemitismo rampante, a partires da segunda metade do XIX. Non ouso dicir canto pode haber de ilexítimo nunha ensoñación colectiva como a do retorno á terra prometida: máis que nada porque eu tamén son medio emigrante e non me costa demasiado empatizar con ese tipo de sentementos. Memoria histórica en sentido puro. Convenientemente entreverada de misticismo relixioso con ínfulas de pobo escolleito: iso tamén.

    Por outra banda, a mín paréceme obvio que o papel histórico dos británicos en todo este asunto é simplemente deleznable. Un dos episodios máis patéticos do derrube do seu imperio. Lawrence de Arabia comprendeuno á perfección, porque o protagonizou. (Premede na wikipedia as entradas correspondentes á declaración Balfour ou ós acordos Sykes-Picott). Tampouco foi algo excepcional: o patrón da desfeita repetíuse coa partición da India, marchando eles ás carreiras e deixando en herdanza envelenada ás sucesivas xeracións. Así foi o triste fin do imperio británico. E o conflicto ficou servido.

  46. cesare | January 30th, 2009 at 3:06 pm

    Home, cãosemdono, é ben difícil xustificar ou respaldar a actuación internacional do estado onde pago os meus impostos, pero iso non quita que, setenta anos despois da creación do estado de Israel, teimar na negación dese feito histórico é risible e, porén, tráxico.

  47. cãosemdono | January 30th, 2009 at 8:37 pm

    Por suposto. A estas alturas, ¿quén pode falar seriamente da disolución ou aniquilación do estado de Israel, agás Hamas ou Irán?. O carallo non é ese, senón que en moitas ocasións os israelíes empregan métodos terroristas raianos no xenocidio, cando non plenamente incursos nel. Por outra banda, o feito de que unha forza estremista como Hamas domine o panorama político palestino trala desaparición práctica de Al Fatah (a súa vez organización comesta pola corrupción) actualmente axuda pouco a resolver unha situacion que ten visos de se prolongar alomenos unhas cantas xeracións máis. E mentres nós practicamos o onanismo mental ó servizo no noso propio ego, os meniños palestinos seguen a morrer.

    Eu, alomenos, non teño nen puta idea do que vai pasar a curto e medio prazo. Iso non quere dicir que non saiba quén é quén en todo este asunto. O cal, por suposto, tamén inclúe ós británicos.

  48. Migraine Man | January 31st, 2009 at 2:55 am

    E, a todo isto, sendo países tan pequenos ¿de onde demo sacan tanta arma? Seica llas pediron a Bruce Willis, porque ò ritmo que gastan munición os israelitas, israelies ou israelaos ou coma lle chamen, deberían ter fábricas tan grandes destas que se poderían ver dende a lúa ¿Ònde lles ía quedar espacio para os seus prestixiosos eidos? Non me saen as contas…

    Por certo que xa vos vale de pelexar. Non hai xeito de ter á razón, principalmente porque esta non pode ser posuida.

    E se non vale iste consello, xa sabedes: KLAATU BARADA NIKTO

Leave a Comment